O último día do ano xuntamonos nas Pistas de Verin para despedir a tempada 2024. Estes actos incluiron unha pequena homenaxe aos atletas destacad@s no que se detallaron os logros da tempada de maneira individual e por equipos. Sempre contamos cun agasallo e unhas fotos para o recordo.
Neste ambiente festivo tamén se premiou polas marcas acadadas aos atletas Mauro Vázquez, Agata Rodríguez e Gema Dacosta.
E para dar remate non podía faltar un recoñecemento aos adestradores que son unha peza importante deste motor que acciona a ENERXIA DE FUTURO.
Feliz ano 2025, que teñades unha tempada chea de saude para poder disfrutar do deporte con enerxia positiva.