TROFEO PEDESTRISMO 2024

Cangas, 1 de decembro de 2024

 

     O primeiro día do mes de decembro coincidiu co primeiro domingo e foia a data elexida para celebrar o XLIX TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. Cunha previsión de choiva intensa foi transcurrindo a xornada e case non nos mollamos, podemos dicir que o tempo portouse. Estas circunstancias axudan para a montaxe do circuito urbano, dous mil metros que atravesan a principal arteria de Cangas.



     As 10 horas deron comezo as carreiras das categorias menores, foron os benxamins quenes inauguraron o Trofeo. O podio da carreria feminina foi totalmente amarelo con Anxela Caballero, 1ª, Claudia Romero, 2ª e Elba Cordeiro, 3ª, acompañadas das suas compañeiras Zeltia Da Cruz, 6ª, Antia Rodríguez, 8ª e Lucia Ruiz 9º. A carreira masculina estivo liderada polo amarelo Xose González, con Iago Pérez, 2º e Izan Turienzo 3º, seguidos de preto polos amarelos Samuel Lorenzo, 4º, Lucas Figueroa, 5º e Adrián Capelo, 9º.



     A seguinte carreira estivo protagonizada polas atletas alevin femininas, onde Nora Parcero e Noa Pedrido encheron de cor amarela ocupando os dous primeiros caixons, acompañounas no terceiro posto Xela Del Rio. De seguido entrou Sofia Capelo, 4º, Mar Fazanes, 6ª, Isis Martínez, 7ª, e Emma Salgado, 11ª. Na proba masculina dous atletas do Vila volveron copar as primeiras posicions, sendo nun igualado final para Alex Carballo e Brais Garciaademáis de Mario Coladas que rematou 3º. A medalla de chocolate foi para Hugo Lorenzo.



     Emma Collazo venceu na categoria infantil, seguida por Anahi Ogando e Vera Boubeta, a seguinte amarela foi Carla Salgado , 6ª, Iria Fernández, 8ª, Noa Lorenzo, 10ª e Marwa Aga, 11ª. Os dous atletas do vila Daniel Cordeiro e Alejandro Fernández encabezaron a carreira masculina acompañados no podio por Martín Cid

     As carreiras cadetes, cunha saida común, tiñan 2000 metros de percorrido para as mulleres con victoria para Antia Baqueiro, seguida de Noah Pinto i Elsa Marcos, 4ª foi Sara Castro. Na salida dos homes houbo unanimidade amarela con Hugo Collazo, 1º , Diego Daporta , 2º, Miguel Fernández, 3º, Brais Paz, 4º e Roi Rivas 5º.



As categorias d@s máis pequen@s estiveron representadas polos PITUFOS e MINIBENXAMINS, sendo as máis numerosas en canto a participación. Na carreira Pitufo feminina as máis rápidas foron Valentina Del Rio, Martina Piñeiro e Xiana Ferral. A canteira do vila estivo representada por Lara Quiñones, 5ª, Lucia Lavariñas ,10ª, Laia Paz, 11ª, Laura Soage, 13ª e Lola Docio,15ª.



Na proba masculina os máis veloces foron Unai Vilariño, Unai Del Rio e Alejandro Garcia, seguidos de preto por Daniel Figueroa, 4º, Brais González, 5º e Roque Antepazo,17º. A carreira de minibenxamin feminina, con saida desde o Concello, rematou con Gala Cancelas coma vencedora, seguida por Valeria Leite e Rosalia Cid.



    Os nenos entraron na seguinte orde, Oscar Izquierdo, 1º, Hugo Menéndez, 2º e Martín Pérez, 3º. No tocante aos amarelos remataron con Pepe Garcia, 7º,  Marco Roma, 8º, Pepe Docio, 9º, Angel Bernárdez, 12º e Gael Lagoa, 14º.


   A proba dos 10 kilometros discorria polo circuito urbano dando cinco voltas ao mesmo. Os gañadores absolutos foron Alvaro Prieto e Sara Castillo, seguidos por Daniel Estevez e Anxo Otero máis por Claudia Rivas e Maria Jose Touron.



 

PLAN DE VIAXE AO PROVINCIAL XOGADE

        Esta competición levarase a cabo o día 14 de decembro de 2024 no Campo da Feira de Zamáns (Vigo).  Poderan participar os equipos clasificados no Campionato Zonal celebrado en Moaña.  Benxamíns (2016-2017), alevíns (2014-2015) infantís (2012-2013) e cadetes (2011-2010), tanto masculino coma feminino acadaron o pase para competir. Para o desplazamento vai sair un autobus da Estación de Cangas as 08:45 h. Para @s que fagades a viaxe por conta propia tedeen conta o HORARIO para estar cunha antelación dunha hora a carreira a disputar. A volta no autobus está prevista para as 12:50 h.




     IMPORTANTE avisar con antelación calquera incidencia ou baixa que afecte a hora de conformar os equipos. Achegamos ubicación do circuito.



 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

Pontevedra, 16 de novembro de 2024

    O estadio do CGTD de Pontevedra acolleu o CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO DE PROMOCION. Nesta esixente disciplina contabamos con duas amarelas que competiron nas categorías SUB 12 e SUB 14.



     Sofia Corrales participou na final B, onde rematou 4ª cun tempo de 14:27.68 o percorrido de 2000 m. a posición final na sua categoria foi o posto 17º.



     Vera Boubeta competia na categoria SUB 14 cun perorrido de 2000 m., rematando na posición 12ª cun tempo de 12:13.98


CROSS ZONAL XOGADE O MORRAZO

Moaña, 20 de outubro de 2024

 

     A contorna do parque de A Xunqueira en Moaña acolleu a primeira carreira do programa XOGADE de Campo a Través. Foi nunha data bastante adiantada e as categorias que competian faciano na correspondente a vindeira tempada 2025. Asi, nos atopamos con moit@s debutantes na categoría benxamín. A orde de entrada na carreira feminina de estas atletas nadas nos anos 2015/16 foi a seguinte: Anxela Caballero 1ª, Elba Cordeiro 6ª, Antia Rodríguez 8ª e Noelia Caamaño 14ª.



A sección masculina estivo encabezada por Laurent Graña 1º, Samuel Lorenzo 2º, Lucas Figueroa 3º, Adrián Capelo 4º e Pepe Garcia 8º. Cos resultados acadados ambos equipos se clasificaron para o Campionato Provincial os homes cun primeiro lugar e as mulleres no segundo posto.

     Na categoria alevin venceu Mar Fazanes a proba feminina, seguida por Claudia Romero 3ª, Sofia Corrales 6ª, Sara Barros 7ª, Emma Salgado 9ª e Lucia Ruiz 15ª. A proba masculina tamén tivo un amplo domiño amarelo da man de Alex Carballo 1º, Adrián Calvar 2º, Hugo Lorenzo 3º, Xose González 6º e Pedro Juncal 7º. Progresaron os dous equipos ao seguinte Campionato tras estas magnificas actuacions.



      A carreira con máis participación amarela foi a que disputaron na categoria infantil feminina, alí, venceu Lena Currás, Emma Collazo 3ª, Nora Parcero 4ª, Elodie Graña 5ª, Vera Boubeta 7ª, Noa Pedrido 9ª, Maria Marcos 11ª, Carla Salgado 12ª, Sofia Capelo 13ª, Iria Fernández 16ª e Noa Caamaño 17ª. Os homes estiveron liderados por Daniel Cordeiro 1º, Brais Garcia 3º, Alejandro Fernández 4º e Angel Vázquez. Pase ao Campionato Provincial acadado polos equipos.



     Ana Oliveira foi 2ª na carreira cadete seguida por Noah Pinto 5ª, Noa Lorenzo 6ª e Sara Castro 7ª. Marcos Rial gañou a proba masculina acompañado no podio por Miguel Fernández 2º e Gabriel Fazanes 3º. Con esta categoría completouse a clasificación de todos os equipos que participaron. Dabamos así remate a unha clásica maña de Cross con tempo otoñal que lle deu máis mérito ao esforzo realizado pol@s atletas. Agora toca chegar o mellor posible ao Campionato Provincial, Parabens para tod@s.



 

PREVIA DO ZONAL DE CROSS XOGADE

     Esta competición levarase a cabo o 20 de outubro de 2024 no Parque da Xunqueira en Moaña na contorna das Pistas de Atletismo.  A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamín (2017-2016), alevín (2015-2014), infantil (2013-2012) e cadete (2011-2010) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categorías e por xénero. 

     Realizarase unha clasificación individual, segundo a orde de entrada en meta, e outra por equipos; para cada unha das categorías. A clasificación por equipos será elaborada só cos atletas (6 máximo) dos equipos que entren na meta co mínimo esixido para clasificar, que é de tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) atletas por entidade. Sumaranse os postos destes tres/catro, resultando vencedor o equipo que menos puntos sume. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual.

       De acordo co HORARIO das probas será preciso estar cunha antelación suficiente a carreira a disputar(UNHA HORA MINIMO)



ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

     Temos a ben informarvos da celebración dunha ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA a celebrar nas Pistas de Atletismo de Cangas o vindeiro venres 04 de outubro. Na mesma poderan participar tod@s @s soci@s que o desexen e se trataran os seguintes temas:

  • ACTUALIZACION CUOTAS DE SOCIO
  • ROGOS E PREGUNTAS

     Os horarios serán as 19:00 h. en primeira convocatoria e 19:30 h. en segunda convocatoria. Pola importancia dos temas a tratar agardamos a vosa participación.



ESCOLA DE VERAN 2024

    Durante os meses de xullo e agosto contamos con un grupo fábuloso de rapaces e rapazas que confiaron en nos para pasar un verán atlético e lúdico. Saltaron, correron e sobre todo xogaron. Agardamos fora para tod@s tan satisfatorio coma foi para os monitores que vos acompañaron durante estes meses de veran. Nos, non paramos vemonos na próxima.



RETOMAMOS A TEMPADA 2024

    Tras o breve pero necesario parón estival retomamos os adestramentos nesta tempada 2024 a partir do 11 de setembro. Os grupos máis xovenes (SUB 8) continuaran coa franxa de 18:00 a 19:30 tanto o luns coma o xoves. O resto de grupos que adestran con Calvar poderan utilizar as franxas que abaixo especificamos. Non hai variación nos grupos especializados de lanzamentos. O grupo de Ramilo atenderá as indicacions recibidas nos seus grupos de comunicación.



 

VOLVE O CROSS DA ROMARIA DE DARBO

     A data para celebrar o CROSS DA ROMARIA DARBO será no domingo 01 de setembro. Dentro das actividades culturais e deportivas que rodean a famosa Romaria está prevista a 4ª edición desta proba popular  . As categorias correran  comezando polos INFANTIS cun percorrido de 1100 m. seguidos por ALEVINS con 900 m., BENXAMINS 500 m. MINIBENXAMINS 300 m. Os máis pequenos estaran repartidos en 3 anos, 70 m., 4 anos 90 m. e 5 anos con 100 m de carreira.  Pechara a competición unah proba POPULAR con participación desde categoria cadete nun percorrido de 1500 m.  Podedes apuntarvos no correo do club at.viladecangas@gmail.com



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Castellón, 27 de xullo de 2024

 

     O Estadio Gaeta Huguet acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 ao AIRE LIBRE.  Derradeira competición a nivel nacional na que contabamos coa presenza de Mauro Vázquez. As expectativas coa tempada do vixente Campión Galego dos 100 m.l. eran altas pero foron superadas na pista castellonense. Na primeira quenda eliminatoria  Mauro rematou nun tempo de 10,69 s, que despois mellorou na rolda de semifinais cunha MMP de 10,65. Isto supoñia ademáis o pase a final, obxectivo máis que superado para este velocista. Na final dos 100 m.l. Mauro Vázquez foi 6º cun tempo de 10,74 s.