Despois do sábado voltamos o domingo a Expourense, ainda tiñamos os asentos quentes e comezabamos outra xornada, a diferenza da anterior esta era «non stop». O peche da tempada indoor prometía entretido no CAMPIONATO GALEGO SUB 14.
Ampla participación amarela con tres atletas na sección masculina e nove mulleres. Nos primeiros destacamos o titulo de CAMPION GALEGO de lanzamento de peso para Alejandro Fernández, con MMP, e tamén un 10 º posto nos 60 m.l. Daniel Cordeiro amosouse moi regular cun 4º posto na lonxitude (MMP) e 5º na carreira de 1000 m.l. Brais Garcia pechou a representación masculina cun 32º posto nos 500 m.l.
Nas mulleres destacou o doblete acadado por Emma Collazo, CAMPIOA GALEGA de 500 m.l. e SUBCAMPIOA en triple salto (MMP). Elodie Graña acadou o BRONCE na final dos 60 m.l. (MMP) e rematou 8ª no concurso de lonxitude (MMP). Sofia Capelo foi 4ª en triple salto (MMP) e 11ª na lonxitude (MMP). Aroa Flogia foi 7ª na final de peso (MMP). Noa Pedrido rematou 15ª en 500 m.l. e 13ª no peso (MMP). Vera Boubeta finalizou 16ª na proba de 2000 m.l. Maria Marcos foi 15ª nos 60 m.l. e 9ª na lonxitude (MMP) Iria Fernández rematou 24ª na lonxitude e 15ª nos 60 m.v. Carla Salgado foi 24ª nos 60 m.l. e 13ª nos 60 m.v.
Tras esta intensa fin de semana temos que decirlle un «ata pronto» a nosa querida pista de Expourense, ainda nos queda contar a competición dos SUB 20 por terras salamantinas