Importante representación de amarel@s no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20. O coche de Ramilo viaxou cargado con tres atletas e todo o necesario para encarar un heptathlon. Para Salamanca marcharon o venres e nesa cidade estreabase Diego Martínez nun Nacional de combinadas, tamén estreamos equipación (xa veredes que fotos máis chulas). A compañia eran Gema Dacosta, que concursaba no lanzamento de peso e Mauro Vázquez, quen lideraba a velocidade en Galicia. Coas sete probas das combinadas máis as probas clasificatorias a saude do adestrador viuse resentida, neste caso o fin xustifica os medios. Este foi o paso de Diegopolo heptathlon, non foi a súa mellor puntuación, pero si unha competición épica onde tivo que loitar cunha contractura na perna e sacou adiante as sete probas. Non imos decir o que puido ser de non estar mancado, agardamos que poida dicilo na pista en vindeiras probas. Sendo obxectivos houbo melloras en varias marcas persoais, agora toca descansar e recuperar ben.
Gema Dacosta colouse na final do lanzamento de peso accedendo aos postos de mellora, as marcas foron discretas pero finalmente arañou un magnifico 7º posto.
Mauro Vazquezmelloraba a marca para ir pasando as semifinais do 60 m.l., por duas veces correu en 6.89. Gracias a iso colouse na final, e vaia final, o primeiro rebaixou o record de España e Mauro mellorou o RECORD GALEGO Sub 20. Rematou 6º cun tempo de 6.82s.
Poideramos tirar de superstición e dicir que as equipacións novas lle deron sorte, pero somos realistas e sabemos todo o traballo que hai detrás.
Para rematar pensamos que non lle deu moito tempo de facer turismo por Salamanca…habera que volver.