PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2025

Cangas, 29 de marzo de 2025

     Tivemos que chegar ata a Primaveira para atopar un día idoneo para facer a PRESENTACION DOS EQUIPOS DA TEMPADA 2025. Neste caso, tamén o calendario nos agasallou cun explendido día solleiro e caluroso. Fomos victimas da pouca eficiencia enerxetica que posue o Concello de Cangas, pero o Atletismo é sufrido, ata para quitar fotos.



     Un ano máis e xá con tres decadas enriba non tiñamos dubida que se trata dun día de xuntanza da familia amarela, son benvidas as verbas que as diferentes Autoridades adican ao Club, aos seus integrantes, poñendo en valor o verdadeiro sentimento do Atletismo, constancia, sacrificio e compañerismo. Contamos coa presenza da Alcaldesa de Cangas, Concelleiro de Deportes, Deputado Provincial e membros da Corporación Municipal.



    Coma invitado gozamos da compañía de Frank Casañas, máximo expoñente do Atletismo Internacional con cinco participacions en Xogos Olimpicos, e agora Responsable de Lanzamentos no CGTD de Pontevedra.  A foto de grupo no exterior do Concello e o intre para romper o xeo, seguidamente no Salon de Plenos foron pasando formalmente os equipos nas suas diferentes categorías.



     Despois de 30 anos de existencia, desfilaban alguns fill@s de atletas que protagonizaron eses anos tempranos, como testemuña quedan Mari e Calvar. Foi  momento para que a Presidenta reivindicase o arranxo das Pistas, urxe decilo para que non caia no olvido.  O Presidente da FGA foi o encargado de presentar a Frank Casañas, poñendo en valor o magnifico traballo no CGTD, despois o protagonismo caeu no invitado que nos deleitou coas aventuras e desventuras dun atleta de elite, cheos de sacrificios para alcanzar esa meta soñada, cheos de atrancos en forma de lesions, tentacions con comida basura na vila olimpica…en fin, foi un debate de alto nivel.



   Decidimos agasallar ao invitado co noso color preferido, vestímolo de amarelo e non lle queda nada mal. Ainda tivemos tempo para departir outros detalles diante dunha mesa chea de comida e bebida aportada pol@s soci@s.



Deja una respuesta