Temos unha cita no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Deixamos atrás a tempada 2024, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 29 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 29 de marzo no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).
O programa do evento estará composto por:
-
– Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
-
– Charla-coloquio cos INVITADOS.
-
– Entrega da revista nº 29 do Club.
-
– PINCHO coas aportacións d@s soci@s*