Villafranca de los Barros, 26 e 27 de xullo de 2025
En terras extremeñas destacou a presenza de tres amarelos para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Acompañados do seu adestradorRamilo tiñan por diante unha intensa fin de semana onde poder amosar a sua valía a nivel nacional. Pois deixaron o listón moi alto voltando coma tres finalistas no Campionato. Diego Martínez rematou 6º no decathlon, Mauro Vázquez chegou a final dos 100 m.l. e acadou o 7º posto. Gema Dacosta colouse na final de lanzamento de peso e rematou 8ª. Pouco máis que engadir sen esquecer os merecidos parabens para atletas e adestradores.