CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

A Coruña, 23 de xullo de 2022

 

    As instalacións universitarias de Elviña foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Alí se deron cita unha boa representación de amarel@s coa misión de dar un digno remate a competición ao aire libre. Ariadna Gil, viña dunha lesión que lle obrigou a parar e non poder competir no Campionato de España Sub 23, neste Campionato quitouse a espiña e proclamouse CAMPIOA GALEGA Absoluta de Triple Salto, xa pode presumir de contar cos tres metales.



     Marta Camaño, foi quen de pasar a final dos 100 m.l., baixando dos 13 s e refrendando na fnal a sua marca, nesta ocasión con vento válido,  acadou o 6º posto nunha carreira repleta de grandes atletas. Agata Rodríguez plantouse na final dos 100 m.v. e unha vez alí acadou a medalla de BRONCE, confirmando unha excelente tempada.



   Na xornada da tarde Helena Bello concursou na final do salto de pértega acadando o 5º posto. Rematou a participación amarela coa final de salto de lonxitude, onde Juan Piñeiro pelexou o posto no podio ata o derradeiro salto, finalmente obtivo unha valiosa medalla de BRONCE. Parabens a atletas e adestradores polo esforzo, traballo e dedicación.



Deja una respuesta