As previsions metereoloxicas fixeron que o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBREtivese que adiar para outra data a xornada de tarde. O motivo non foi outro que unha intensa treboada con imprevisibles consecuencias que fixo elevar as alarmas. Pois o programa da maña deu para abrir boca coa presenza de Alejandro Fernándeznos concursos de peso e disco. Lanzou a bola ata os 11.92 m, acadando unha medalla de BRONCE, tamén mellorou a sus marca no disco e acadou o 4º posto.
Na sección feminina Ana Oliveira e Maria Marcos igualaron a sua marca e posición nas series de 100 m.l., ainda correndo en quendas diferentes foron quen de para o crono en 13.71 ambas ocuparon o posto 19º no global e Maria sumou unha MMP. Vera Boubeta tamén mellorou marca nos 3000 m de marcha. As probas do programa de tarde foron previstas para un mercores 27 de maio e por un cúmulo de circunstancias non acudiu ningún atleta.