XXXI XORNADA ATLETISMO BASE

Cangas, 16 de maio de 2026

 

     No terceiro sábado de maio atopamos un oco para unha proba que promociona a canteira, sen compromiso, sen cartos por medio e sen homologación nas pistas, para darlle uso e non caian no esquecemento.



    Neste ano faciase a XXXI XORNADA ATLETISMO BASE, competición onde as categorias Mini, Benxamín e Alevín son as protagonistas, comezamos polas máis pequenas que encheron o podio da seguinte maneira, coa puntuación máis baixa nas tres probas do colexio Castrillón a Campioa foi Gala Menéndez , do colexio A Rua foi a subcampioa Sarela Bermúdez, 3ª Adriana Soage (Placeres), 4ª Noa Puga (Castrillón) e 5ª Lucia Lavariñas (Castrillón).



    Os minibenxamin  homes estiveron liderados por Roi Vázquez (Castrillón), 2º Daniel Sanmarco (A Pedra), 3º Lucas Carrera (Quintela), 4º Carlos Martínez (E. Pondal) e 5º Raul González (Nazaret) .



 Na categoria benxamin feminina venceu Gala Cancelas (Reibon), 2ª Marta Novas (C.Virgen), 3ª Sofia Villar (S. Roque), 4ª Alicia Núñez (C. María) e 5ª Helena Martínez (E. Pondal).  As probas de benxamin masculino foron gañadas por Manuel Rouco (C. Virgen) 2º Eduardo Pesqueira (La Inmaculada), 3º Enzo M.Torres (Castrillón), Javier Novas (C. Virgen), Nils Fernández (S. Roque).



    Lena Bermúdez (Castrillón) proclamouse Campioa  na categoria alevín feminina, no segundo caixón estivo Claudia Romero (Nazaret), 3ª Sara Camino (La Inmaculada), 4ª Elba Cordeiro (C.Virgen) e 5ª Carmen Juncal (Quintela). Raúl González (La Inmaculada) venceu as probas alevín masculino, 2º Alex Vidal. 3º Laurent Graña (Nazaret), 4º Nico Camino (La Inmaculada) e 5º Xosé González (Nazaret).



    Agradecer as empresas colaboradoras, ao Concello de Cangas, voluntari@s que ano tras ano fan posible a celebración desta Xornada, e xa postos reivindicar o arranxo das pistas para poder recuperar as probas federadas.


Deja una respuesta