CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2018

 

     Comezabamos o sábado a nosa andaina pola cidade das Burgas co CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA. Practicamente sin sair da pista de Expourense, competir, comer e competir, só lle faltaba unha remuneración para ser perfecto. A todo isto tivemos unha colleita maravillosa, non haí nada que botar en cara. Houbo implicación, esforzo, mancados e como recompensa medallas. Na categoria SUB 20 participaron catro atletas, subindo ao podio en todas as probas. Habera valores seguros no IBEX-35, pero coma estes non. Daniel Armada acadou sendos BRONCES, en 60 m.l. e 200 m.l. As duas probas foron precedidas de semifinal. Na segunda proba (200 m.l.) estivo acompañado por Daniel Calvar que rematou SUBCAMPION GALEGO, cun tempo de 23.18. Literalmente a pista tremia ao paso da final.


 


     Saray Amoedo retomou con forza o triple salto, con 11.19 proclamouse CAMPIOA GALEGA. Outro concurso que supuxo a medalla de OURO foi o salto de pertega, onde David Lorenzo chegou os 4.05. Redondeou o Campionato cunha medalla de BRONCE nos 60 m.v.


 


     Na categoria SUB 18 competiron cinco atletas. María Rodríguez foi, sen dubida, a que máis correu. Dous catrocentos e un douscentos de pista cuberta galega, solventando a semifinal de 400 m.l. e acadando o 5º posto na final. No 200 m.l. non progresou a final. Ariadna Gil reencontrouse co salto de lonxitude acadando a medalla de BRONCE,  a mesma medalla que se lle escapou por decimas na final dos 60 m.v. onde foi 4ª.  A medalla de chocolate tamén foi o premio de Juan Piñeiro no triple salto, o podio quedou a dous centimetros. Ainda así marca de 12.17 que melloraba o existente.



     Raúl Barreiro  no último lanzamento aupouse ao podio de peso, os 10.67 foron premiados co BRONCE. Valeria Jalda pechou a xornada acadando o CAMPIONATO GALEGO  de lanzamento de peso, a marca 11.75. Na nosa vindeira saída a bolsa contaremos co respaldo destes 3 OUROS, 1 PRATA e 5 BRONCES.



 RESULTADOS


PREVIA DO CTO. GALEGO MENORES P.C.

     Este vindeiro domingo 25 de febreiro vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE GALICIA SUB 10, 12 e 14 DE PISTA CUBERTA. O Regulamento cita expresamente: Art.4).- Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso deser carreiras só unha poderá ser superior a 50). Dado que non haberá mínimas de participación escolleranse as millores marcas da tempada actual e da tempada anterior ó aire libre (dende o 1 de marzo de 2017) en cada proba (12 en concursos e 18 en carreiras).

  A día de hoxe publicouse na web da FGA  o primeiro adianto dos ADMITIDOS. Ata as 20:00 horas deste mercores 21 de febreiro vanse admitir baixas e reclamacións, polo cal o listado vai sufrir modificacions. De seguro que ao longo do xoves 22 xa será definitivo. O domingo as 20:00 horas partirá un autobus da Estación de Cangas, o cal voltará ao remate da competición.


REGULAMENTO

LISTADO DE ADMITIDOS


CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


PLAN DE VIAXE A POBRA DO CARAMIÑAL. (GALEGO CROSS ESCOLAR)

    O sábado 17 de febreiro vai ter lugar a Fase Final do XOGADE de Campo a Través. As categorías implicadas son SUB 12, 14 E 16. Polo noso Club estan calsificados para o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR os equipos SUB 12 feminino e SUB 14 masculino. De maneira individual acadou praza Lope Quinteiro na categoría SUB 16. Esta previsto a saída do autobús as 09:10 horas da Estación de Cangas

     @s atletas convocad@s para conformar os equipos son:

SUB-12 feminino.- (Lucia Gil -Sara Nerga- Maialen Fernández -Gema Dacosta- Nerea Malvido -Goretti Carballal)

SUB-14 masculino.- (Joel Curro – Miguel Núñez- Carlos López- Carlos Corredoira -Denis Fernández – Yago Juncal)



CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNO

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, foi o esceario elexido para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNOEsta competición abrangue os concursos de martelo, disco e xavelina. Na categoría ABSOLUTA feminina participou Raquel Villaquen rematou 5ª cun mellor lanzamento de 31.28 mts.



     No tocante a sección masculina estivo representada por Manel IglesiasLanzou a xavelina ata os 48.77 mts. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO da  categoría SUB 20, na ABSOLUTA rematou 6º. Salientar que se coloca no Ranking Nacional no posto 7º.



LANZAMENTOS LONGOS E CONTROL DE INVERNO

     Este sábado 10 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, terá lugar o I CTO. GALICIA JUNIOR – VII ABSOLUTO DE LANZAMENTOS LONGOSNo lanzamento de xavelina participara Manel Iglesias e no concurso de disco Raquel Villa


RESULTADOS EN DIRECTO


     No mesmo emplazamento, aproveitando a loxística, vaise celebrar o I CONTROL DE INVERNO S.G. PONTEVEDRA.  Conta co seguinte detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO


 


FIN DE SEMANA DE ENTROIDO ATLETICO.

     As mellores atletas SUB 23 teñen unha cita en Salamanca no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A pista Carlos Gil Pérez albergará o primeiro Campionato Nacional do inverno, entre @s máis de 500 atletas inscrit@s atopase Paula Martínez. Participará nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. 



     No peirado de Aldán disputarase, este domingo 11, o XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  A partir das 11 da maña, competirán as diferentes categorías desde SUB 10 ata MASTER, con percorridos entre 1 e 10 km. No seguinte dossier non falta detalle do Campionato. 


GUIA DO CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

27-28 de xaneiro de 2018

 

     A localidade de Lugo acolleu os días 27 e 28 de xaneiro o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. A cita englobaba desde a categoría SUB 16 ata @s MASTER. O Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera foi o esceario de case todalas probas. David Lorenzo participou no heptathlon SUB 20 e rematou CAMPION GALEGO nesta esixente disciplina. As marcas acadadas nas sete probas sumaron un total de 4078 puntos, a súa mellor marca ata o momento. Rematou os 60 m.l. en 7.58, os 60 m.v. en 9.66 e a carreira de 1000 m.l. en 2:50.04. Nos concursos saltou 5.81 m en lonxitude, chegou aos 4.00 m en pértega, 1.67 m no salto de altura e lanzou o peso ata os 7.49 m. Unha boa mostra da versatibilidade deste atleta, que se viu recompensada coa victoria final.



MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS SUB 16.

A Rua, 28 de xaneiro de 2018

A localidade de A Rua, dispuso a contorna do Aguillon para disputar o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO DE GALICIA DE MENORES, máis o resto de campionatos autonómicos nas correspondentes categorías.

Preto das 10.30 horas da maña, deron comezo as probas coa carreira SUB-10 feminina. O percorrido de 800 mts era unha volta ao circuito pequeno. O noso equipo proclamouse CAMPIOAS GALEGAS, liderado por Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 6ª, Candela Castro 13ª, Alba Del Valle 15ª e Leire Fernández 20ª. Coa suma de 27 puntos acadaron a victoria. No tocante aos homes proseguiron cun SUBCAMPIONATO GALEGO, gracias a Hugo Collazo 2º, Mario Torres 10º, Marcos Rial 18º, Iker Rial 23º, Miguel Fernández 24º e Pedro González 33º.



A seguinte categoría foron as mulleres SUB-12, sobre un percorrido 1500 mts acadaron a medalla de BRONCE, cunha suma de 47 puntos. O equipo estivo composto por Lucia Gil 10ª, Nerea Malvido 17ª, Sara Nerga 18ª, Goretti Carballal 28ª, Gema Dacosta 29ª, Iris Malvido 30, Uxia Gil 43ª e Carmen González 50ª. Os homes non sumaban para formar equipo, salientando de maneira individual a Raul Rial 9º e Hugo Domínguez 17º.



A categoría SUB-14 supuso un 8º posto para as mulleres, encabezadas por Agata Rodríguez 24ª, Uxia Sánchez 30ª, Cristina Taboada 56ª, Carmen Fraga 67ª, Noa Piñeiro 88ª e Sabela Lorenzo 94ª. O equipo masculino, con 79 puntos, rematou preto do podio no 4º posto. Contribuiron Joel Curro 16º, Miguel Núñez 17º, Carlos López 29º, Denis Fernández 35º, Yago Juncal 39º, Carlos Corredoira 40º.

O remate das categorías menores daba paso ao CAMPIONATO GALEGO SUB-16 DE CROSS. Neste caso contamos coa presenza do equipo feminino, que tras o percorrido de 2400 mts. rematou en 14º posto. Participaron Sara Mallo 45ª, Sabela López 46ª, Anais Santamarina 75ª, Nerea Piñeiro 96ª e Colomba Carballal 98ª.



RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 21 de xaneiro de 2018

 

     Voltabamos o Pazo dos Deportes de Riazor para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA, unha categoría Promesa na que contamos con tres representantes, máis un SUB-20 invitado no concurso de pértega. Nas semifinais de 50 m.l. participaron Noelia Cousiño e Paula Martínez,  progresando a segunda a final onde rematou en 6º posto. Repetiu Noelia Cousiño, participando no concurso de pértega e proclamandose CAMPIOA GALEGA. Tamén alcanzou o primeiro escalón Paula Martínez na final dos 50 m.v.

     Tampouco fallou Raquel Villa que acadou o primeiro posto no lanzamento de peso, cunha marca de 11,60. David Lorenzo liderou o concurso de pértega (fora de concurso) rematando cun mellor salto de 3,93.


 RESULTADOS