CAMPIONATO GALEGO SUB 10/12/14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 25 de febreiro de 2018

     Pechabase o círculo da Pista Cuberta para as CATEGORIAS MENORES co CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA para SUB 10, SUB 12 e SUB 14. A competición ocupaba toda a xornada do domingo 25 de febreiro no recinto de Expourense. No computo global das premiacions podemos falar de 6 ouros, 1 prata e 2 bronces, máis dous RECORDS GALEGOS nos 60 m.v.  e Lanzamento de Peso SUB 14. Cun tempo de 10.17 Abril Entenza impusose nos 60 m.v. e actualizou a mellor marca galega, igual que Erea Bastón que lanzou o peso ata 11,14 acadando un merecido ouro. Preto andivo de mellorar a marca galega tamen Sabela Casteloque foi CAMPIOA GALEGA de 1000 m.l. SUB 10 con 3:37.84.



     Destacar tamén o doblete acadado por Hugo Collazoque foi CAMPION GALEGO en salto de lonxitude e SUBCAMPION nos 500 m.l. na categoría SUB 10. Noa Quinteiro gañou o concurso de peso e estivo acompañada no podio por Leire Fernández, que acadou o BRONCE. No concurso de peso da categoría SUB 12,  Gema Dacosta foi CAMPIOA GALEGA e Noa Nerga achegouse o BRONCE. Significativo que as tres Campioas de lanzamento de peso feminino foran do noso Club.



 

SUB 10

  • SABELA DOMINGUEZ, 9ª altura                                             
  • ALBA DEL VALLE, 4ª altura e 13ª 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 4ª semifinal 60 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, 1ª peso
  • LEIRE FERNANDEZ, 3ª peso
  • CANDELA CASTRO, 5ª 1000 m.l. e 11ª lonxitude
  • LEIRE BRUN, 7ª lonxitude e 7ª 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 15º 1000 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 1º lonxitude e 2º 500 m.l.


 

SUB 12

  • LUCIA GIL,  6ª semifinal 60 m.l. e 11ª 1000 m.l.
  • CLAUDIA CARCER,  5ª 60 m.l. e 7ª peso
  • NOA NERGA, 3ª peso e 11ª altura
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso
  • HUGO DOMINGUEZ, 12º 500 m.l.
  • RAUL RIAL, 11º 1000 m.l


SUB 14

  • EREA BASTON, 1ª peso
  • NURIA ARGIBAY, 5ª peso
  • CARMEN CASTRO, 7ª peso
  • ROCIO NOVAS, 9ª peso
  • ABRIL ENTENZA, 1ª 60 m.v. e 4ª 60 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ, 5ª semifinal 60 m.v. e 17ª 500 m.l.
  • ELOY DOMINGUEZ, 9º peso e 11º altura
  • MIGUEL NUÑEZ,  4º 60 m.v. e 5º semifinal 60 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 6º altura
  • MANUEL LEMOS, 6º pértega
  • RUBEN LEMOS, 10º pértega

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2018

 

     Comezabamos o sábado a nosa andaina pola cidade das Burgas co CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA. Practicamente sin sair da pista de Expourense, competir, comer e competir, só lle faltaba unha remuneración para ser perfecto. A todo isto tivemos unha colleita maravillosa, non haí nada que botar en cara. Houbo implicación, esforzo, mancados e como recompensa medallas. Na categoria SUB 20 participaron catro atletas, subindo ao podio en todas as probas. Habera valores seguros no IBEX-35, pero coma estes non. Daniel Armada acadou sendos BRONCES, en 60 m.l. e 200 m.l. As duas probas foron precedidas de semifinal. Na segunda proba (200 m.l.) estivo acompañado por Daniel Calvar que rematou SUBCAMPION GALEGO, cun tempo de 23.18. Literalmente a pista tremia ao paso da final.


 


     Saray Amoedo retomou con forza o triple salto, con 11.19 proclamouse CAMPIOA GALEGA. Outro concurso que supuxo a medalla de OURO foi o salto de pertega, onde David Lorenzo chegou os 4.05. Redondeou o Campionato cunha medalla de BRONCE nos 60 m.v.


 


     Na categoria SUB 18 competiron cinco atletas. María Rodríguez foi, sen dubida, a que máis correu. Dous catrocentos e un douscentos de pista cuberta galega, solventando a semifinal de 400 m.l. e acadando o 5º posto na final. No 200 m.l. non progresou a final. Ariadna Gil reencontrouse co salto de lonxitude acadando a medalla de BRONCE,  a mesma medalla que se lle escapou por decimas na final dos 60 m.v. onde foi 4ª.  A medalla de chocolate tamén foi o premio de Juan Piñeiro no triple salto, o podio quedou a dous centimetros. Ainda así marca de 12.17 que melloraba o existente.



     Raúl Barreiro  no último lanzamento aupouse ao podio de peso, os 10.67 foron premiados co BRONCE. Valeria Jalda pechou a xornada acadando o CAMPIONATO GALEGO  de lanzamento de peso, a marca 11.75. Na nosa vindeira saída a bolsa contaremos co respaldo destes 3 OUROS, 1 PRATA e 5 BRONCES.



 RESULTADOS


PREVIA DO CTO. GALEGO MENORES P.C.

     Este vindeiro domingo 25 de febreiro vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE GALICIA SUB 10, 12 e 14 DE PISTA CUBERTA. O Regulamento cita expresamente: Art.4).- Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso deser carreiras só unha poderá ser superior a 50). Dado que non haberá mínimas de participación escolleranse as millores marcas da tempada actual e da tempada anterior ó aire libre (dende o 1 de marzo de 2017) en cada proba (12 en concursos e 18 en carreiras).

  A día de hoxe publicouse na web da FGA  o primeiro adianto dos ADMITIDOS. Ata as 20:00 horas deste mercores 21 de febreiro vanse admitir baixas e reclamacións, polo cal o listado vai sufrir modificacions. De seguro que ao longo do xoves 22 xa será definitivo. O domingo as 20:00 horas partirá un autobus da Estación de Cangas, o cal voltará ao remate da competición.


REGULAMENTO

LISTADO DE ADMITIDOS


CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


PLAN DE VIAXE A POBRA DO CARAMIÑAL. (GALEGO CROSS ESCOLAR)

    O sábado 17 de febreiro vai ter lugar a Fase Final do XOGADE de Campo a Través. As categorías implicadas son SUB 12, 14 E 16. Polo noso Club estan calsificados para o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR os equipos SUB 12 feminino e SUB 14 masculino. De maneira individual acadou praza Lope Quinteiro na categoría SUB 16. Esta previsto a saída do autobús as 09:10 horas da Estación de Cangas

     @s atletas convocad@s para conformar os equipos son:

SUB-12 feminino.- (Lucia Gil -Sara Nerga- Maialen Fernández -Gema Dacosta- Nerea Malvido -Goretti Carballal)

SUB-14 masculino.- (Joel Curro – Miguel Núñez- Carlos López- Carlos Corredoira -Denis Fernández – Yago Juncal)



CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNO

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, foi o esceario elexido para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNOEsta competición abrangue os concursos de martelo, disco e xavelina. Na categoría ABSOLUTA feminina participou Raquel Villaquen rematou 5ª cun mellor lanzamento de 31.28 mts.



     No tocante a sección masculina estivo representada por Manel IglesiasLanzou a xavelina ata os 48.77 mts. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO da  categoría SUB 20, na ABSOLUTA rematou 6º. Salientar que se coloca no Ranking Nacional no posto 7º.



LANZAMENTOS LONGOS E CONTROL DE INVERNO

     Este sábado 10 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, terá lugar o I CTO. GALICIA JUNIOR – VII ABSOLUTO DE LANZAMENTOS LONGOSNo lanzamento de xavelina participara Manel Iglesias e no concurso de disco Raquel Villa


RESULTADOS EN DIRECTO


     No mesmo emplazamento, aproveitando a loxística, vaise celebrar o I CONTROL DE INVERNO S.G. PONTEVEDRA.  Conta co seguinte detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO


 


FIN DE SEMANA DE ENTROIDO ATLETICO.

     As mellores atletas SUB 23 teñen unha cita en Salamanca no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A pista Carlos Gil Pérez albergará o primeiro Campionato Nacional do inverno, entre @s máis de 500 atletas inscrit@s atopase Paula Martínez. Participará nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. 



     No peirado de Aldán disputarase, este domingo 11, o XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  A partir das 11 da maña, competirán as diferentes categorías desde SUB 10 ata MASTER, con percorridos entre 1 e 10 km. No seguinte dossier non falta detalle do Campionato. 


GUIA DO CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

27-28 de xaneiro de 2018

 

     A localidade de Lugo acolleu os días 27 e 28 de xaneiro o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. A cita englobaba desde a categoría SUB 16 ata @s MASTER. O Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera foi o esceario de case todalas probas. David Lorenzo participou no heptathlon SUB 20 e rematou CAMPION GALEGO nesta esixente disciplina. As marcas acadadas nas sete probas sumaron un total de 4078 puntos, a súa mellor marca ata o momento. Rematou os 60 m.l. en 7.58, os 60 m.v. en 9.66 e a carreira de 1000 m.l. en 2:50.04. Nos concursos saltou 5.81 m en lonxitude, chegou aos 4.00 m en pértega, 1.67 m no salto de altura e lanzou o peso ata os 7.49 m. Unha boa mostra da versatibilidade deste atleta, que se viu recompensada coa victoria final.



MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS SUB 16.

A Rua, 28 de xaneiro de 2018

A localidade de A Rua, dispuso a contorna do Aguillon para disputar o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO DE GALICIA DE MENORES, máis o resto de campionatos autonómicos nas correspondentes categorías.

Preto das 10.30 horas da maña, deron comezo as probas coa carreira SUB-10 feminina. O percorrido de 800 mts era unha volta ao circuito pequeno. O noso equipo proclamouse CAMPIOAS GALEGAS, liderado por Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 6ª, Candela Castro 13ª, Alba Del Valle 15ª e Leire Fernández 20ª. Coa suma de 27 puntos acadaron a victoria. No tocante aos homes proseguiron cun SUBCAMPIONATO GALEGO, gracias a Hugo Collazo 2º, Mario Torres 10º, Marcos Rial 18º, Iker Rial 23º, Miguel Fernández 24º e Pedro González 33º.



A seguinte categoría foron as mulleres SUB-12, sobre un percorrido 1500 mts acadaron a medalla de BRONCE, cunha suma de 47 puntos. O equipo estivo composto por Lucia Gil 10ª, Nerea Malvido 17ª, Sara Nerga 18ª, Goretti Carballal 28ª, Gema Dacosta 29ª, Iris Malvido 30, Uxia Gil 43ª e Carmen González 50ª. Os homes non sumaban para formar equipo, salientando de maneira individual a Raul Rial 9º e Hugo Domínguez 17º.



A categoría SUB-14 supuso un 8º posto para as mulleres, encabezadas por Agata Rodríguez 24ª, Uxia Sánchez 30ª, Cristina Taboada 56ª, Carmen Fraga 67ª, Noa Piñeiro 88ª e Sabela Lorenzo 94ª. O equipo masculino, con 79 puntos, rematou preto do podio no 4º posto. Contribuiron Joel Curro 16º, Miguel Núñez 17º, Carlos López 29º, Denis Fernández 35º, Yago Juncal 39º, Carlos Corredoira 40º.

O remate das categorías menores daba paso ao CAMPIONATO GALEGO SUB-16 DE CROSS. Neste caso contamos coa presenza do equipo feminino, que tras o percorrido de 2400 mts. rematou en 14º posto. Participaron Sara Mallo 45ª, Sabela López 46ª, Anais Santamarina 75ª, Nerea Piñeiro 96ª e Colomba Carballal 98ª.



RESULTADOS