GEMA DACOSTA VIAXA COA SELECCION

    A atleta Gema Dacosta viaxará coa selección galega ata Cuenca para participar no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas  No concurso de lanzamento de peso estaremos atentos a sua aportación ao equipo, que de seguro será moi positiva. Moita sorte para ela, e por suposto para o combinado galego.



ESCOLA DE VERAN

     Tras dous intensos meses de veran, xullo e agosto, xa puidemos graduar aos asistentes a Escola de Verán. Nesta actividade primou o sentido lúdico pero sen  perder de vista os valores básicos no atletismo, tales coma, compañerismo, superación e disciplina. Os monitores Dani Calvar e Ariadna Gil agradecen a confianza depositada neles para achegar o atletismo as novas xeracions. Desde o Club estamos enormemente satisfeitos coa labor realizada e recalcar o lema de ENERXIA DE FUTURO parécenos apropiado, máis que nunca, xa que ésta é a verdadeira enerxia que nos move.  Vemonos nas Pistas¡¡¡



 

RETOMAMOS A TEMPADA

     A partir do 13 de setembro retomamos a Tempada 2021. Tras o parón estival no mes de agosto comezan os adestramentos para os tramos de idade SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14. Presta atención a información detallada a continuación, nela se confirman horarios e formas de contacto co Club. Calquera consulta ao repecto non dubides en preguntar. Vemonos nas Pistas…



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 18 de xullo de 2021

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE no domingo que a neboa sumiu a Ria de Vigo. Alí tiñamos esa enerxia de futuro da que tanto nos gusta presumir. Este futuro presentouse con nomes e apelidos, prometendo grandes tardes de gloria.



     Diego Martínez acadaou a medalla de BRONCE no concurso de altura, abraiados nos deixou cun salto de 1,78, mellorando máis de 10 cms a sua anterior marca. Marta Camaño e Lucia Gil tiveron cabida entre as semifinalistas dos 100 m.l., duas atletas do ano 2007 que se codearon coas mellores velocistas galegas, remataron finalmente sextas na sua quenda sen progreso a final.



     Helena Bello, a máis xoven do grupo, e posiblemente do Campionato rematou 6ª na pértega,

     Ariadna Gil foi BRONCE no triplo, e mellorando a sua marca. A progresión nestas últimas competicións vai de mellora por proba. A constancia parece que tivo premio

    Lope Quinteiro 8º nos 800 m.l., liderou a final B.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lleida, 17 de xullo de 2021

     Reuniase en Lleida a xeración de cadetes que acadaron o pase para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Entre tod@s brilou a cor amarela de Gema Dacosta, combativa coma sempre e resolutiva coma nunca, pechou un concurso de lanzamento de peso de BRONCE. Acadou esta premiación nunha competición de menos a máis, rematando cun lanzamento de 13,10 metros. Esta supón a sua mellor marca, cunha mellora de preto de 90 cms. Ademáis arrebatoulle o record do Club a Raquel Villa, que xa posuia outra marcaza (13,04). Parabens polo traballo ben feito, que de cando en vez, trae recompensa.



COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     Coa chegada dos rigores do veran decaen as competicions, pero esta vindeira fin de semana hai importantes probas no calendario. En Lleida disputase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE, coa presenza de Gema Dacosta na final do lanzamento de peso, estaremos atentos a sua evolución.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Algunhas das compañeiras cadetes acadaron marca para participar no CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE, a celebrar en Vigo o vindeiro 18 de xullo, na proba dos 100 m.l. sendo Marta Camaño e Lucia Gil. Participará no concurso de altura o combinero cadete Diego Martínez. A máis precoz no concurso da pértega será Helena Bello, atleta sub 14 que loitará por superar a sua marca. Estaran acompañad@s de atletas máis veterans, como é o caso de Lope Quinteiro que pelexará nos 800 m.l e Ariadna Gil que o fará no triple salto.


INFORMACION DO CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lugo, 2 e 3 de xullo de 2021

     O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo foi ocupado durante dous días para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 16-18 AO AIRE LIBRE, ademáis do CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS, para as mesmas categorías. Na xornada do venres participou a sección masculina ao completo e unha boa parte do equipo feminino, moito máis numeroso. Juan Gallego e Luca Piñeiro loitaron na seminfinal dos 100 m.l. sendo 4º e 6º nas suas repectivas semifinais, sen conseguir progresar a final. Manuel Lemos foi 4º na pértega, empatado co 3º cun salto de 2,81 m. o seu irmán Ruben Lemos non acadou marca no concurso. Na xornada do sábado Carlos López e Juan Gallego acadaron os postos 15º e 21º na proba de 600 m.l.



     Marta Rua comezou a participación feminina na tarde do venres cun 6º posto no lanzamento de martelo. Agata Rodríguez sumou a primeira medalla nesta xornada, foi BRONCE en 100 m.v., ao día seguinte rematou 4ª nos 300 m.v. Marta Camaño, Marieta Lourido e Carmen Fraga disputaron as semifinais de 100 m.l. rematando 4ª, 7ª e 6ª nas suas repectivas series. Ademáis Carmen Fraga foi 4ª na final do salto de lonxitude, disputado na xornada do sábado. Noa Piñeiro tamén tivo que participar nos dous días acadando o 4º posto na semifinal dos 100 m.v. e sendo 14ª nos 300 m.v. Iris Malvido rematou 5ª  en pértega e 9ª na marcha. Ariadna Becerra foi 8ª  na pértega. Sara Nerga pechou a participación do venres cun 7º posto nos 1500 obstáculos.



     Na xornada do sábado salientar unha notable participación, que se traduciu en 4 medallas e varias marcas persoais. Gema Dacosta copou as victorias nos concursos de peso e disco. No peso estivo acompañada de Claudia Carcer, que rematou Subcampioa Galega, engandindo un 7º posto no concurso de lonxitude. Uxia Sánchez estivo a piques de progresar a final de 300 m.l., quedalle como premio un magnifico tempo. Maialen Fernández, sen poder correr por unha lesión, adaptouse ao lanzamento de xavelina acadando o Subcampionato Galego. Lucia Gil foi 8ª no triple salto e 14ª nos 600 m.l. Cristina Taboada repetiu posto nos concursos de disco e xavelina, o agridulce 4º lugar, eso sí acompañado dunhas boas marcas. Nerea Malvido rematou 6ª na proba dos 3000 m.l.



     Diego Martínez participou no octatlon Sub 16, acadando os 3748 puntos que lle deron o Subcampionato Galego. Parabens a tod@s polo esforzo.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AIRE LIBRE

     Os días 2 e 3 de xullo vai ter lugar en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 e SUB 18 AO AIRE LIBRE, tanto de maneira individual coma en probas combinadas. A competición vai comprender a xornada de tarde do venres e a totalidade do sábado.


RESULTADOS EN DIRECTO


  • JUAN GALLEGO, 100 m.l. e 600 m.l.
  • LUCA PIÑEIRO, 100 m.l.
  • CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
  • MANUEL LEMOS, pértega
  • RUBEN LEMOS, pértega


  • MARIETA LOURIDO, 100 m.l.
  • MARTA CAMAÑO, 100 m.l.
  • CARMEN FRAGA, 100 m.l. e lonxitude
  • UXIA SANCHEZ, 300 m.l.
  • LUCIA GIL, 600 m.l. e triple salto
  • CRISTINA TABOADA,  xavelina e disco
  • SARA NERGA, 1500 m.l.
  • NEREA MALVIDO, 3000 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ, 100 m.v. e 300 m.v.
  • NOA PIÑEIRO, 100 m.v. e 300 m.v.
  • IRIS MALVIDO, pértega e marcha
  • ARIADNA BECERRA, pértega
  • CLAUDIA CARCER, lonxitude e peso
  • GEMA DACOSTA, peso e disco
  • MAIALEN FERNANDEZ, xavelina

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

Vigo, 26 de xuño de 2021

     As pistas de Balaidos en Vigo foron testemuña do CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE.  Alí estaban citad@s @s atletas que acadaron a marca esixida na proba correspondente. De forma individual loitarian polo seu obxetivo. A sección feminina acadou duas medallas de ouro, Helena Bello, venceu no salto de pértega e Sabela Castelo nos 1000 m.l. Antia Baqueiro foi 4ª na marcha, Soraya González 14ª no lanzamento de disco e Ana Cordeiro 8ª en 500 m.l. En duas probas participaron tres atletas, Leire Fernández, 5ª en lanzamento de xavelina e 9ª en 1000 metros obstáculos. Leire Fonseca foi 7ª en 150 m.l. e 10ª en 80 m.l. Noa Quinteiro acadou o 5º posto no concurso de peso e 7ª no de martelo.



     A participación masculina tivo na carreira de 2000 m.l. o intre máis laureado. Nesta carreira Hugo Domínguez proclamouse Campión Galego e Hugo Collazo Subcampión. O primeiro foi tamén 15º nos 150 m.l. e o seu compañeiro completou a participación cun 9º posto no lanzamento de xavelina. Diego Garcia rematou 5º na marcha. Brais Pintos participou nos 1000 m.l. e acadou o 10º posto. Unai Ferral concursou no triple salto e no lanzamento de xavelina, rematando 13º e 10º respectivamente. Salientar que nesas Pistas, o pasado día 23 de xuño, a atleta Sub 10 Lena Curras superou o RECORD GALEGO de lanzamento de pelota con 23.95 m.