PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

     O sábado 26 de xuño tocalle os infantís competir no CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Será na localidade de Vigo, Pistas de Balaidos, en xornada de maña. Achegamos o listado de atletas que acadaron a participación e as probas a disputar. Ademáis detallase o HORARIO definitivo e as listas de saída.



  • HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 2000 m.l.
  • BRAIS PINTOS, 1000 m.l.
  • DIEGO GARCIA,  marcha
  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e xavelina
  • UNAI FERRAL, triple salto e xavelina

RESULTADOS EN DIRECTO


  • LEIRE FONSECA, 80 m.l.  e 150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1000 m.l.
  • HELENA BELLO, pértega
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo
  • SORAYA GONZALEZ, disco
  • ANTIA BAQUEIRO, marcha
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina e 1000 m. obts.

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Noia, 20 de xuño de 2021

     A localidade de Noia acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE, de feito tamén acolleu unha borrasca para despedir a primaveira. Nesas condicions, case invernais desenrolouse a Competición. Pola maña a categoría  Sub 12 tocoulle loitar contra os elementos, esta loita non acadou premiación. Pola tarde os benxamins, cun atrevemento propio da sua idade, acadaron dez metais repartidos en cinco ouros, duas pratas e tres bronces.Significar os dobretes de Lena Curras, Campioa Galega de 1000 m.l. e salto de lonxitude. Emma Collazo gañou os 500 m.l. e foi bronce en 50 m.l., o seu compañeiro Angel Refojos gañou en 1000 m.l. e bronce en 50 m.l. Samuel Corrales tamén converteu as suas participacions en medallas, ouro no lanzamento de pelota e prata en lanzamento de lonxitude. Alan Malvido foi subcampion galego en marcha e Alejandro Fernández acadou o bronce no lanzamento de peso. Despois deste 50 de maio parece que chega o veran, continuamos adestrando porque contiuan as competicions.



SUB 12

  • MIGUEL FERNANDEZ,17º  60 m.l. e 7º Salto de Lonxitude
  • IKER RIAL,20º  60 m.l. e 24º 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 11º 500 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 14º 500 m.l.
  • ERICA NOVAS,28ª 60 m.l. e 18ª 1000 m.l.
  • NOAH PINTO, 18ª 500 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, 14ª Lanzamento de Pelota


SUB 10

  • ANGEL REFOJOS, 3º 50 m.l. e  1º 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 17º 500 m.l. e 10º Salto de Altura
  • BRAIS GARCIA,  18º 500 m.l.
  • SAMUEL CORRALES,  2º Salto de Lonxitude e  1º Lanzamento de Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  3º Lanzamento de Peso
  • ALAN MALVIDO, 2º  Marcha e  9º Lanzamento de Peso
  • EMMA COLLAZO, 3ª 50 m.l. e  1ª 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e  1ª Salto de Lonxitude
  • CARLA SALGADO, 6ª 50 m.l.
  • ESTELA BASTON, 9ª Salto de Altura e 20ª 500 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ,14ª  Salto de Lonxitude
  • ROSA MARCOS,10ª  Lanzamento de peso
  • MALENA CALVAR,10ª  Lanzamento de Pelota
  • ALICIA GONZALEZ,4ª  Marcha


 

CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 19 de xuño de 2021

   As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE. Tiñamos dous atletas neste Campionato e unha atleta Sub 14 fora de concurso para saltar na pértega. Viña Helena Bello de igualar o RECORD GALEGO o día anterior en Pereiro de Aguiar, con 2, 70 m. Neste caso superou o listón ata os 2,63 m. pero ainda queda moita tempada. Os atletas Sub 20 converteron as suas participacions en victorias, Lope Quinteiro venceu nos 800 m.l., cun tempo de 1:59.06 e Ariadna Gil gañou o triple salto, con mellor marca persoal, 11,73 m. e tamén mínima para o Campionato de España.



PREVIA CAMPIONATOS GALEGOS INDIVIDUAIS

   O sábado 19  disputase no CGTD o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE.coa participación de Ariadna Gil no triple salto e Lope Quinteiro en 800 m.l. A fin de semana completase o domingo 20 na localidade de Noia co CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE.  Achegamos o HORARIO definitivo das probas, repartindose a categoria SUB 12 en xornada de maña e os SUB 10 ocuparan a tarde.


SUB 12

  • MIGUEL FERNANDEZ, 60 m.l. e Salto de Lonxitude
  • IKER RIAL, 60 m.l. e 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 500 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
  • ERICA NOVAS, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • NOAH PINTO, 500 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota


SUB 10

  • ANGEL REFOJOS, 50 m.l. e 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 500 m.l. e Salto de Altura
  • BRAIS GARCIA, 500 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, Salto de Lonxitude e Lanzamento de Pelota
  • TEO FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, Lanzamento de Peso
  • ALAN MALVIDO, Marcha e Lanzamento de Peso
  • EMMA COLLAZO, 50 m.l. e 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l. e Salto de Lonxitude
  • CARLA SALGADO, 50 m.l.
  • ESTELA BASTON, Salto de Altura e 500 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
  • ROSA MARCOS, Lanzamento de peso
  • MALENA CALVAR, Lanzamento de Pelota
  • ALICIA GONZALEZ, Marcha



 

CAMPIONATO GALEGO DE MILLA URBANA E 1000 M.

Santiago de Compostela 13 de xuño de 2021

     A Capital galega foi testemuña da volta do atletismo as ruas cunha proba moi vistosa, como é  a milla urbana. Neste caso disputabase o CAMPIONATO GALEGO DE MILLA URBANA E 1000 mEstivo o conxunto amarelo moi ben representado, e deixou a sua pegada. Na proba da milla o Master 50, Juan Iglesias rematou 5º da sua categoría. A Carreira para as categorías menores era de 1000 m.  con un percorrido sinuoso e con algunha costa, para poñervos no contexto dos tiempazos que fixeron @s amarel@s. Lena Curras gañou a proba Sub 10 feminina, cun tempo de 3:43. Xa viña de gañar nesta distancia no Galego de Clubs do día anterior.



    Angel Refojos proclamouse Campión Galego Sub 10, cun tempo de 3:41, o seu compañeiro Samuel Corrales rematou 4º, con 3:55. ¿ Que foi de Sabela Castelo? pois, na sua liña. Cruzou a primeira a meta e parou o crono en 3:05, o que supon un novo RECORD GALEGO de 1000 m. en ruta da categoría Sub 14. Hugo Domínguez cun 4º posto na carreira masculina Sub 14 completou a participación amarela.



 

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS SUB10 E SUB 12

Ribeira, 12 de xuño de 2021

 

     A localidade de Ribeira acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS SUB10 E SUB 12. Outra xornada maratoniana que foi dividida en catro tramos horarios para distribuir aos participantes entre a maña e a tarde. O primeiro equipo en competir foron as mulleres Sub 10, moitas delas debutantes. Acadaron a medalla de BRONCE e prometen moitas tardes de gloria.



SUB 10 MULLERES ( 3º Posto.- 67.5 puntos.)

  • CAMILA ENRIQUEZ, 6ª 50 m.l.
  • EMMA COLLAZO,  1ª 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l.
  • ALICIA GONZALEZ,  5ª Marcha
  • IRIA FERNANDEZ,  3ª Salto de Lonxitude
  • ESTELA BASTON,  6ª Salto de Altura
  • ROSA MARCOS,  6ª Lanzamento de peso
  • MALENA CALVAR,  8ª Lanzamento de Pelota

     Remataba a xornada de maña coa participación dos homes Sub 10, finalmente un só punto restou a posibilidade de ocupar o terceiro posto. Fabuloso traballo que terá recompensa máis cedo que tarde.

SUB 10 HOMES ( 4º Posto.- 69 puntos.)

  • BRAIS GARCIA,  6º 50 m.l.
  • SAMUEL CORRALES,  2º 500 m.l.
  • ANGEL REFOJOS,  1º 1000 m.l.
  • ALAN MALVIDO,  6º Marcha
  • XABIER FERRAL,  8º Salto de Altura
  • SENEN SOAGE,  10º Salto de Lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 2º Lanzamento de peso
  • TEO FERNANDEZ, 7º Lanzamento de Pelota


    Coa chegada da tarde entraba en acción a categoría Sub 12, onde se notou non cubrir algunhas probas. Tanto mulleres coma homes acadaron o posto 11º, eso sí, para a próxima máis e mellor.



SUB 12 MULLERES ( 11º Posto.-62 puntos)

  • ERICA NOVAS, 8ª  50 m.l.
  • NOAH PINTO, 3ª  500 m.l.
  • NAHIA PINTOS,  10ª 1000 m.l.
  • AITANA BROULLON,  9ª Salto de Altura
  • SARA CASTRO, 6ª  Salto de Lonxitude
  • LEIRE FUENTES, 9ª  Lanzamento de peso
  • ZOE FERNANDEZ,  11ªLanzamento de Pelota


SUB 12 HOMES (  11º Posto.-54.5 puntos)

  • IKER RIAL,  4º 50 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 3º  500 m.l.
  • MARCOS RIAL,  11º 1000 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ,  4º Salto de Lonxitude
  • BREO FERNANDEZ,  11º Salto de Altura
  • AMARO BASTON,  8ºLanzamento de peso

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 DE CLUBS AO AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 06 de xuño de 2021

     O primeiro domingo de xuño apretaría a calor en O Barco de Valdeorras. A viaxe ata a marxe máis oriental da xeografia galega tiña coma fin participar no CAMPIONATO GALEGO SUB 14 DE CLUBS AO AIRE LIBRE. O madrugón foi para @s adestradores, xa que os atletas viaxaron antes para disfrutar da contorna e poder durmir un pouco máis. Pola maña competiron os homes, cun total de cinco atletas. Non cubrían o mínimo das probas pero era unha boa oportunidade de mellorar marcas de cara a vindeiros Campionatos individuais. 

SUB 14 HOMES (57 ptos.- 12º posto)

  • UNAI  FERRAL, 11º 80 m.l. e 10º Triple salto
  • DIEGO GARCIA,  7º 1000 m.l. e  10º 150 m.l.
  • HUGO COLLAZO,  1º 2000 m.l. e 5º  Xavelina
  • HUGO DOMINGUEZ,  3º 1000 m. obst. e 7º Lonxitude
  • BRAIS PINTOS, 5º 500 m.l. e S.M. Altura


   Pola tarde, a calor foi cousa seria, máis o combinado feminino estivo pelexando polo podio. Finalmente acadaron a medalla de chocolate, premiación amarga  que pon en valor unhas rivais que compuxeron uns conxuntos moi sólidos. Disto tamén se aprende, por suposto , parabens polo traballo de equipo.

SUB 14 MULLERES (121.5 ptos.- 4º posto)

  • LEIRE FONSECA, 4 ª 80 m.l. e 5ª  150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 5ª  500 m.l.
  • ESTELA RAÑA,  7ª Lonxitude e 9ª  1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 2000 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO,2ª  Marcha e 10ª 220 m.v.
  • LEIRE FERNANDEZ,8ª  Xavelina e 9ª  1000 m. obst.
  • GORETTI CARBALLAL,  5ª  80 m.v. e  5ª Salto de Altura
  • HELENA BELLO, 3ª  Triple Salto e 1ª Pértega
  • SORAYA GONZALEZ, 11ª Lanzamento de Disco
  • NOA QUINTEIRO, 5ª Lanzamento de peso e 8ª Martelo


 

PREVIA DO GALEGO DE CLUBS SUB 10 E SUB 12

    Este vindeiro sábado 12 de xuño o Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira, en Ribeira ( A Coruña), acollerá o CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS SUB 10 E SUB 12. Vaise dividir a xornada en tramos horarios, separando pola maña os SUB 10 por sexos, pola tarde coa categoría SUB 12 será igual.  Achegamos os HORARIOS e @s atletas convocados. A viaxe realizarase en vehículos particulares, polo que pregamos se comunique quen non dispusera de transporte.



SUB 10 MULLERES ( 10 a 12 h.)

  • CAMILA ENRIQUEZ, 50 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l.
  • ALICIA GONZALEZ, Marcha
  • IRIA FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
  • ESTELA BASTON, Salto de Altura
  • ROSA MARCOS, Lanzamento de peso
  • SABELA MIRANDA, Lanzamento de Pelota

SUB 10 HOMES ( 12 a 14 h.)

  • BRAIS GARCIA, 50 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l.
  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • ALAN MALVIDO, Marcha
  • XABIER FERRAL, Salto de Altura
  • SENEN SOAGE, Salto de Lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, Lanzamento de peso
  • TEO FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota


SUB 12 MULLERES ( 16 a 18 h.)

  • ERICA NOVAS, 50 m.l.
  • NOAH PINTO, 500 m.l.
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, Salto de Altura
  • SARA CASTRO, Salto de Lonxitude
  • LEIRE FUENTES, Lanzamento de peso
  • ZOE FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota

SUB 12 HOMES ( 18 a 20 h.)

  • IKER RIAL,  50 m.l.
  • GABRIEL FAZANES,  500 m.l.
  • MARCOS RIAL,  1000 m.l.
  • XABIER ALVARIÑA, Marcha
  • MIGUEL FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
  • BREO FERNANDEZ, Salto de Altura
  • AMARO BASTON, Lanzamento de peso
  • ANTON LEMOS, Lanzamento de Pelota


 

PREVIA CAMPIONATO CLUBS SUB 14 AO AIRE LIBRE

     O domingo 6 de xuño disputase o CAMPIONATO GALICIA CLUBS SUB 14 AO AIRE LIBRE en o Barco de Valdeorras, máis lonxe non había. O equipo masculino competirá en xornada de maña e o feminino en xornada de tarde. As 06:00 horas partirá o autobús da Estación de Cangas, e para a xornada de tarde sairá as 12:00 horas do mesmo lugar. Achegamos os HORARIOS definitivos dos Campionatos e o listado de atletas que compoñen os equpos:


SUB 14 HOMES

  • UNAI  FERRAL, 80 m.l. e Lonxitude
  • DIEGO GARCIA, 1000 m.l. e 150 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e Xavelina
  • HUGO DOMINGUEZ, 1000 m. obst. e Triple salto
  • BRAIS PINTOS, Salto de Altura e 500 m.l.


SUB 14 MULLERES

  • LEIRE FONSECA, 80 m.l. e 150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 50 m.l.
  • ESTELA RAÑA, Lonxitude e 1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 2000 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO, Marcha e 220 m.v.
  • LEIRE FERNANDEZ, Xavelina e 1000 m. obst.
  • GORETTI CARBALLAL,  80 m.v. e Salto de Altura
  • HELENA BELLO, Triple Salto e Pértega
  • SORAYA GONZALEZ, Lanzamento de Disco
  • NOA QUINTEIRO, Lanzamento de peso e Martelo


 

CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 29 de maio de 2021

     O derradeiro sábado de maio disputouse no CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. O atletismo veterán afrontaba unha importante cita ao aire libre da que foi participe o atleta  Juan IglesiasCompetiu na categoría M50 e sumou duas premiacions a sendas participacions, en 400 m.l. e 800 m.l. Rematou a volta a pista en 1:02.90, acadando a medalla de BRONCE, e foi SUBCAMPION GALEGO de 800 m.l. cun tempo de 2:21.65. Boa maneira de gañar anos no atletismo, parabens.