CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Torrevieja, 28-29 de maio de 2022

     A disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 foi nesta tempada ata a localidade alacantina de Torrevieja. Ali representounos o atleta Hugo Collazo, quen disputaba a modalidade de triathlon B ( lonxitude, 1000 m.l. e xavelina). No concurso de salto de lonxitude deu comezo a sua andaina no Campionato, cun mellor salto de 4,19 m. e unha suma de 237 puntos. A carreira dos 1000 m.l. achegoulle un total de 666 puntos, cunha marca de 2:59.78 que o consolida coma segundo no ranking galego. Unha magoa que no concurso de xavelina non acadase ningun lanzamento válido,  o cal mermou a suma global de puntos . Agardamos que este pequeno contratempo non empañe os logros conseguidos e os que quedan por vir. Parabens por loitar cos mellores.



Deja una respuesta