Coa tempada esgotándose, na última fin de semana tiñamos a dous amarel@s disputando o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CLUBS PC-CRITERIUM COMBINADAS INVERNO 2025. Ambos completaron a derradeira, por agora, competición coa camisola amarela xa que na vindeira tempada cambian de Club, moita sorte nesta nova aventura. Falamos deDiego Martínez que rematou 4º no heptathlon da categoría absoluta, sumando un total de 4571 puntos. Lena Currás acadou a segunda posición no pentathlon SUB 16 cunha suma final de 2961 puntos.