PLAN DE VIAXE PROVINCIAL XOGADE

     

     Esta competición levarase a cabo o sábado día 13 de decembro de 2025 no Campo da Feira de Zamáns (Vigo). Vai sair un autobús da estación de Cangas as 08:00 horas con volta ao remate da competición. Para quen faga o traxecto por medios propios recordarlles que se debería de chegar UNHA HORA antes do comezo da carreira na que participe. 

     Agradecese que finalmente se faga unha competición no Campionato Provincial por EQUIPOS, acadando o pase CADETE FEMININO (Ana Oliveira, Vera Boubeta, Noa Caamaño, María Marcos, Carla Salgado, Ainhoa Costas) e MASCULINO (Daniel Cordeiro, Alejandro Fernández, Angel Vázquez, Gabriel Fazanes), INFANTIL FEMININO (Elodie Graña, Noa Pedrido, Sofia Capelo, Emma Salgado, Mar Fazanes, Sara Barros), ALEVIN FEMININO (Elva Cordeiro, Anxela Caballero, Vega Paredes, Lena Bermúdez, Claudia Romero) e MASCULINO (Samuel Lorenzo, Xosé González, Paulo Gestido, Laurent Graña, Pedro Juncal, Oliver Gayo) máis BENXAMIN MASCULINO (Marco Roma, Enzo M. Torres, Nils Fernández, Ángel Bernárdez, Javier Novas, Antón Freire) . De maneira individual clasificaronse Brais Garcia e Arthur Brasileiro en infantil e Marta Novas en benxamín

     Realizarase unha clasificación por equipos masculino e unha clasificación por equipos feminino en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos teranse en conta os/as tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) primeiros/as atletas que cheguen á meta de cada entidade, e sumaranse os postos de entrada na meta destes tres/catro, sendo a entidade que menos sume a vencedora da proba.

      Ao tratarse dunha competicion por EQUIPOS pregase comunicar calquera baixa ou incidencia o antes posible.



     Achegase un enlace da ubicación do circuito.



 

Deja una respuesta