CROS ZONAL XOGADE

Moaña, 16 de novembro de 2025

    Tras uns días baixo a borrasca Claudia o domingo estaba programado o CAMPIONATO ZONAL DE CROS do programa XOGADE. Os atletas participantes correron coa categoría desta vindeira tempada 2026. Importantes cambios no regulamento remataban coa participación por equipos deixando únicamente aberto o pase ao Campionato Provincial aos dez primeiros clasificad@s. Non compartimos ese criterio, sempre nos pareceu importante facer equipo, e máis nestas categorías menores.



      Chegados a Moaña atopámonos cun cambio de circuito, sen previo aviso, e un terreo con abundante auga no que non tardou en aflorar a lama. Pois así é o cros, algo de choiva, bastante frio, situación idónea para templar os nervios da competición. O desenrolo das carreiras comezou polos maiores, sendo a categoria feminina a encargada de inaugurar a competición. Bo comezo por pate de Ana Oliveira que venceu na proba Cadete, seguida por Vera Boubeta 4ª, Noa Caamaño 8ª e Ainhoa Costas 9ª. Os homes estiveron encabezados por Daniel Cordeiro, 3º, Alejandro Fernández, 4º, Gabriel Fazanes, 5º e Ángel Vázquez 10º.



     A carreira infantil feminina contou con Noa Pedrido, 2ª, Elodie Graña, 4ª, Mar Fazanes, 5ª, Sofia Capelo, 6ª, Sara Barros, 9ª i Emma Salgado, 16ª. Na proba masclina gañou Brais Garcia acompañado de Arthur Brasileiro, que foi 4º.



     Na categoría alevin femenina dominou de principio a fin Anxela Caballero seguida por Lena Bermúdez, 3ª, Elba Cordeiro, 8ª e Claudia Romero 19ª. Na carreira masculina Laurent Graña foi 2º seguido de Samuel Lorenzo, 5º, Xose Gónzalez, 9º e Pedro Juncal 10º.



    Remataba a xornada coas carreiras da categoría benxamin, onde contamos coa presenza de Marta Novas, que rematou 4ª. A proba masculina puso o punto e final coa participación de Nils Fernández, 3º,  Javier Novas, 5º, Enzo Torres, 8º, Ángel Bernárdez, 16º e Antón Freire 17º. Xa temos data para o Campionato Provincial, o sábado 13 de decembro, ata logo enton.



Deja una respuesta