Este sábado 31 de xaneiro se disputa en Cesantes (Redondela) o Campionato Provincial de Campo a Través do programa XOGADE. No seguinte enlace achegamos información do horario e circuitos.
Archivo del Autor: Oscar
COPA GALEGA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA
A Coruña, 18 de xaneiro de 2015
O equipo absoluto de mulleres tiña un merecido posto na Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta. O ano pasado acadou un terceiro posto no podio e a verdade o listón estaba bastante alto. Pero a cuestión e manterse nun nivel, pudo non ser o mellor día pero o resultado final foi dun cuarto puesto empatado co Club Atletismo Naron. Foron en total 47 puntos e o podio pechouse cos 61 puntos acadados pola Gimnastica.
Nos ten mal acostumados este equipo e de seguro esta temporada nos vai dar moitas alegrias.
RESULTADOS:
Noelia Graña 4ª 50 m.l. e 6ª relevos.
Noa Rouco 4ª 400 m.
Aida Amoedo 6ª 800 m. e 6ª relevos.
Marina Caballero 5ª 1.500 m. e 6ª relevos.
Alba Vidal 5ª 3.000 m.
Paula Martínez 5ª 50 m.v.
Alexia Vidal 1ª altura
Martina Paramos 3ª pértega
Mónica Cabirta 7ª lonxitude
Saray Amoedo 3ª triplo
Raquel Villa 1ª peso
Sara Villar 6ª relevos
III LIGA FEDERADA ESCOLAR (FASE FINAL)
A Coruña, 17 de xaneiro de 2015
Metidos de cheo no inverno tocaba dar un remate digno a Liga Federada Escolar. Este ano contaba coa súa terceira edición e o Pazo dos deportes de Riazor foi testigo do desenrolo dunha longa xornada. Recalcamos o de longa porque según o horario o remate era para as tres da tarde. Foi sobre as cinco cando por fin saímos do Pazo para xantar. Boa cousa foi ter un lugar xa establecido e reservado para o xantar, a loxistica funcionou.
A verdade que a xornada foi un cumulo de despropósitos, carreiras que tiveron que repetir por problemas tecnicos, carreiras de 1000 metros nas que deron unha volta de máis e unha serie de feitos que prolongaron a final ata as 17:00 horas. Claro exemplo do que alí pasou foron o equipo Benxamín de mulleres, pois subiron o podio de terceiras, logo na paxina da FGA nos resultados figuran como segundas e para rematar na crónica da final saen outros resultados que as situan como primeiras. En resumo teñen o trofeo de terceiras pero a día de hoxe non sabemos concretar cal lle correspondera.
Outros tres equipos nos representaron Alevins Homes e Infantil Mulleres Campións Galegos, Benxamin Homes Subcampions Galegos.
As oito e media chegabamos a Cangas, que duro é o atletismo.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES:
- Carmen Fraga 3ª 50 m.l. e 1ª relevos
- Iris Malvido 12ª 50 m.l. e 12ª altura
- Agata Rodríguez 3ª 500 m. e 1ª relevos
- Nerea Malvido 12ª 500 m.
- Lara Iglesias 2ª 1000 m. e 1ª relevos
- Gemma Dacosta 6ª 1000m. e 1ª peso Seguir leyendo
CROSS ZONAL XOGADE
Meira-Moaña 11 de xaneiro de 2015
Tralas Festas navideñas a volta a rutina soe ser bastante drástica. No atletismo o mes de xaneiro é sinónimo de Cross. Neste caso, non hai queixa, nin lama, nin chuvia, na contorna da illa de Samertolameu quentou o sol durante todala mañan e permitiu, co tempo seco, unha magnifica xornada para o Cross Zonal do Morrazo. Eran dous equipos que se clasificaban para o Campionato Provincial, e os oito mellores individualmente. Puntualmente as 10:30 horas deu comenzo a competición coa categoría alevin. En mulleres pasaron como segundas o provincial, mentras que en homes fixerono en primeiro lugar. As benxamins mulleres tamén pasaron como primeiras o igual que os homes. Na categoría infantil mulleres pasaron os dous equipos A e C, mentras os homes pasaron de primeiros. O remate da xornada era para os cadetes onde mulleres e homes foron primeiros. O mes de xaneiro será bastante intenso no tocante as competicións escolares polo cal o zonal foi un magnifico test para os nosos atletas cara a vindeiras probas de Cross e Pista Cuberta.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES
- Agata Rodriguez 2ª
- Noa Nerga 4ª
- Ines Bernárdez 5ª
- Lara Iglesias 6ª
- Gemma Dacosta 7ª
- Lucia Gil 8ª
- Sara Nerga 10ª Seguir leyendo
CIRCUITO E HORARIOS ZONAL DE CAMPO A TRAVES.
Cangas 07 de xaneiro de 2015
Tras este periodo vacacional, para as categorías escolares, este domingo 11 de xaneiro se disputa en Meira-Moaña o Zonal de Campo a Través do programa Xogade. A continuación se detallan os circuitos e horarios.
XLI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS. MEMORIAL PEPE CORDEIRO
Cangas 7 de decembro de 2014
O domingo da ponte festiva de decembro era o día elexido para a disputa do Trofeo de Pedestrismo do Concello de Cangas. Este ano a proba segue con cambios no seu percorrido. O máis significativo foi na proba absoluta con saída en aldan que o seu paso por Cangas continuaba ata a rotonda do gordo e voltaba para rematar na meta situada no entorno da estación de autobuses. As carreiras das categorías menores foron no circuito urban coa novidade da categoría xuvenil-xunior que disputou os 6000 metros dando tres voltas.
As inscricions para as carreiras chegaron preto dos 1000 atletas. Sobre as dez horas xa estaba preparada a carreira das Benxamins mulleres que foi o pistoletazo de saida e rematou coa proba absoluta que saiu as 12:15 dende o peirado de Aldán, contando con medio millar de participantes.
RESULTADOS:
MINIBENXAMIN MULLERES
- Leire Fonseca 1ª
- Sabela Pazos 3ª
- Goreti Carballal 10ª
- Nerea Rial 12ª
- Sabela Domínguez 15ª
- Marina Nuñez 16ª
- Noa Quinteiro 17ª
MINIBENXAMIN HOMES
- Henok Pazo 4º Seguir leyendo
CLASIFICACIÓNS PEDESTRISMO CANGAS
Enlace para consultar as clasificacións das categorias MENORES, minibenxamin ata xuvenil-xunior que se disputaron no circuito urbano. Os resultados da proba absoluta pódense consultar na paxina web ChampionChipNorte.
RECOLLIDA XOGUETES NO PEDESTRISMO.
- Este domingo, coincidindo coa celebración do Trofeo Pedestrismo, o Club Atletismo Vila de Cangas vai facer unha recollida de xoguetes destinados a asociación “CÁRITAS PARROQUIAL DIOCESANA – SANTIAGO DE CANGAS”.
- Para todos/as os que queirades colaborar con esta iniciativa podedes entregar o voso xoguete/s no mesmo punto establecido para a recollida dos dorsais.
- Dende a Fundación cangas Deporte e o Club Atletismo Vila de Cangas queremos agradecer de antemán a vosa colabración.
Campionato Galego de Marcha en Pista.
A Coruña 29 de novembro de 2014
Primeira proba oficial de Marcha da presente tempada. O lugar escollido foron as pistas de Elviña da cidade herculina. A proba comezou puntual e o tempo era agradable polo que os elementos nesta ocasión foron favorables. O Campionato foi elixido para estrear o regulamento do «Pit Lane» consistente en penalizar con parada en vez de eliminar os atletas que reciban os avisos pertinentes. É dicir que oficial xa é se o aplican nun Campionato Galego.
Da proba resaltar unha abundante participación, cada vez son máis Clubes que se suman á Marcha Atletica e iso é bo para a competición. No noso caso si que houbo bastantes debutantes que esperemos gocen con esta modalidade.
Para inaugurar a xornada os benxamíns realizaban o circuíto de 1000 metros., destacando entre os nosos representantes Carmen Fraga que conseguiu a medalla de bronce. Na competición da categoría alevin o percorrido era de 2000 metros e os destacados foron na categoría másculina, proclamándose Denis Fernández Campión Galego e Teo Iglesias, medalla de bronce.
A categoría infantil aumentaba o circuíto ata os 3000 metros, repetindo doblete no podio por parte de Ana Piñeiro que foi Subcampiona Galega e Valeria Fernández que obtivo a medalla de Bronce.
Para poñer fin á xornada a carreira absoluta de 5000 metros daba cabida ás demais categorías Xúnior-Promesa-Sénior e Veteranos. Tamén é de destacar a presenza de Esmeralda Corredoira que conseguiu finalizar terceira na categoría Xúnior.
RESULTADOS:
BENXAMINS:
Carlos Corredoira 6º
Carmen Fraga 3ª
Gemma Dacosta 4ª
Lara Iglesias 5ª
Lucia Gil 6ª
ALEVINS:
Denis Fernández 1º
Teo Iglesias 3º Seguir leyendo
PRESENTACION TEMPADA 2014/15
Cangas a 22 de novembro de 2014
Como xa é tradición o mes de novembro acolle a presentación da nova tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Este ano tamén se pretendía recordar e celebrar os 20 anos de existencia do Club, os seus inicios ligados ao Club de Remo e as vivencias dalgún atleta, adestrador ou directivo que foron e son testemuñas da historia do Vila.
O que xa esta instaurado son os pinchos para rematar a presentación, sobre as 17.00 horas a contorna do Concello xa empezaba a ter unha mestura de olores culinarios que facían sospeitar cal ía ser a guinda do acto.
Houbo ata retornos como o de Maria Gestido, quen volve para reforzar ese magnífico equipo feminino, que tantas alegrías nos está a dar ultimamente. Sorte nesa nova andaina e benvida de novo.
Unha vez dentro do Salon de Plenos ímonos dando conta de que case non cabemos, de que particularmente este ano hai moitos nenos novos. Van desfilando as categorías para sacar as fotos dos equipos. A tradicional foto de grupo sacámola na praza do Concello aproveitando un respiro que nos dá a chuvia.
Cando todos os equipos remataron a sesión de fotos prodúcese unha planeada homenaxe, con tarta incluída, a Mari e a Calvar. Púxose bastante emotiva a cousa, non é para menos. A quen lle amarga un doce, e sempre é bo ter un momento para poder agradecer moitas cousas e este era o momento de Mari e Calvar.
Da tarta non quedou nada, esperemos que o recoñecemento dure máis. Xa dixemos que o Salón se nos quedou pequeno se a iso lle sumamos a media de idade dos nosos atletas, estaba claro que a charla-coloquio non se podía dilatar moito, e así foi breve, clara e concisa. Estaba preparado no piso de arriba o superpincho estilo «Bueu», cada un leva ou seu, que unha vez emplatado e distribuído non tiña nada que envexar aos caterings profesionais.
Tanta présa tivo a xente en subir que algún se esqueceu a revista n.º 19, xa sabedes se vos pasou o empacho e a queredes, podedes pedila. Vémonos nas Pistas.






Debe estar conectado para enviar un comentario.