MAR CHILLÓN COMPOÑENTE SELECCIÓN GALEGA DE MARCHA

Este vindeiro domingo 01 de marzo disputase en Jumilla (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Para tal evento foi seleccionada a atleta Mar Chillón Camaño, quen acudirá cos colores do combinado galego. Tamén participará invitada Esmeralda Corredoira. Moita sorte e boa viaxe.

 1-de-marzo-jumilla

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR EQUIPOS – FASE PREVIA

Valladolid,  24 Septembro 2011

O sábado fómonos moi cedo nun autobús cargado de moitas ilusións e sabendo que as atletas ían a disfrutar deste campionato. Xunto co Lucus, eramos os dous clubs galegos que participaban nesta fase previa. Aproveitamos a ocasión para darlles as rapazas do Lucus a copa que lles correspondía por ser elas as campionas galegas por equipos

Non poidemos contar coa axuda de ningunha  filial, polo que  fomos con 16 cadetes, tódalas  que hai no club. Todas, xa foran mellores ou peores, fixeron que  se poidera ir a este campionato mentras que  outros clubs quedáronse na casa. Por desgracia non poidemos cubrir tódalas probas, facíanos falta polo menos unha rapaza máis.

Algunha rapaza estivo máis nerviosa do habitual, pero a pesar de todo fíxose o que se poido.Mar, Raquel e Talía gañaron as súas probas, marcha, peso e disco. Antía, quen ía lesionada e tiña que lanzar de parado, non poido resistir a tentación de dar tres pasiños, que lle permitiron alcanzar a segunda posición. Sara logrou quedar terceira nos 100m.v. Non cubrimos a proba de 300 m.v. e Noelia que ía lesionada, non foi capaz de batir e saltar, polo que non puntuamos en pértega.  Foi unha mágoa que nos anularon  o relevo de 4×300 m.l.

 Finalmente rematamos séptimas, pero a nivel de España quedaron outros equipos por debaixo do noso. Este equipo será pequeño pero inda se fai notar. Felicidades campionas!!!!

1ª: Mar Chillón –  3.000m Marcha…… Raquel Villa  – Peso….. Talía García   – Disco

2ª:Antia Roman  –   Jabalina

3ª: Sara Villar  –  100m vallas  

4ª:  Estela, Eva, Sara y Carla –  Relevos 4x100m

5ª: Alexia Vidal – Altura ….. Ana Antepazo  –  300m….. Ana Bermudez  – 1.500m Obst. ….. Johana Villar  – Martillo       

  6ª:Esmeralda Corredoira –  3.000m ….. Estela Costas – 100m …… Patricia Abal – 600m                 

     7ª:  Carla Bernardez  – Longitud …..   Eva Otero  – Triple Salto ……  Julia Alonso   – 1.000m     

  Descalificadas:   Ana, Alexia, Julia y Patri –  Relevos 4x300m             

  Sin marca: Noelia Cousiño    –   Pertiga

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA O AIRE LIBRE

Castellón 25-26 xulio 2011

Este fin de semana celebrouse en Castellón o Campionato de España para a categoría cadete por individual. Catro atletas do noso club participaron, Pablo Castro e Raquel Villa en lanzamento de peso e disco, Antía Román en lanzamento de xavalina e peso e Mar Chillón en  3 km marcha

Na primeira xornada os nosos atletas  obtiveron dúas medallas de bronce , Raquel subiu o podium  pola medalla de lanzamento de peso e Pablo pola de lanzamento de disco. Antía en lanzamento de xavalina quedou 7ª  e en lanzamento de peso  quedou 13ª.

O día seguinte tamén  conseguíronse dúas medallas. Nesta ocasión unha de prata a acadada por Mar nos 3 km marcha e a de bronce obtida por Pablo no lanzamento de peso. Raquel acadou a 11ª posición no lanzamento de disco.

A federación española ten colgado na páxina os resultados desta competición e os videos, por si queredes ver a actuación dos nosos atletas. A destacar o final dos 3 km marcha femeninos, onde todo ocorre baixo a atenta mirada dunha xuíza. Por si tendes curiosidade, podedes velo  aquí  http://www.youtube.com/watch?v=TebTQmqybVc

Noraboa a todos!!!

NOVOS RECORDS PARA PABLO CASTRO E MAR CHILLÓN!!!

ATLETAS DO VILA DE CANGAS COA SELECCIÓN GALEGA CADETE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

O sábado 11 de Xuño, celebrouse en Valladolid o Campionato de España por autonomías. Estaban convocados cinco atletas do noso club pero Raquel Villa, actual campiona de España en lanzamento de peso en pista cuberta e campiona galega o aire libre, non pudo asistir por baixa por enfermidade.

Temos que felicitar novamente a Mar Chillón e a Pablo Castro que voltaron a batir os récodrs galegos que eles mesmos fixeran no Campionato Galego Cadete. Ambos quedaron segundos, Pablo lanzou o peso a 16.15 m. e Mar parou o crono en 14:50.34 min.

Antía Román lanzou a xavalina ata 33.53 m. Sara Villar clasificouse para a final dos 100 m valados, na que rematou 10ª cunha marca de 16.96 min.

A selección Galega quedou 5ª coa mulleres e 6ª cos homes. Noraboa a todos!!!

Atletas do Vila de Cangas no Campionato de España de Cross e no Campionato de España Universitario

Este fin de semana celebrouse en La Morgal (Asturias) o campeonato de España cadete-xuvenil e universitario de campo a través.

En primeiro lugar falemos do campeonato cadete-xuvenil. O certo é que era a primeira vez que tiña a oportunidade de ir coa selección galega, polo menos no que a esta modalidade atlética se refire, e non defraudou.

Despois de ter que ir o día anterior a recoller a equipación ás respectivas delegacións, o venres 25 ás 14h saía un bus de Vigo, e apartir de aí iriamos atravesando algunhas partes de Galicia para coller aos atletas restantes. A viaxe fíxose longa a pesar de ser só ata Asturias, pero aínda así foi unha grata experiencia. O sábado pola mañá fomos ata o circuíto, onde cos nosos chándales percorrimos as voltas que teríamos que correr ao día seguinte a trote a modo de quencemento. Xa pola tarde, desprazámonos ata Gijón a escoitar unha charla na que estaban presentes algunhas persoas importantes a nivel nacional do atletismo. Pouco tempo tivemos para visitar a cidade de Oviedo. Xa pola noitiña fixéronnos entrega dos dorsais e chips e a min, que me coincidía co meu cumpleanos, tiven a sorte de que mentras ceábamos me cantaran todos a coro, entre outras cousas, unha gran maneira de celebralo.
Por fin chegou o gran día, o domingo, tivémonos que erguer moi cedo, e o cambio de hora notouse máis do normal se cabe. Os nervios estaban a flor de pel, tanto que algunhas chegaron a chorar un pouquiño na cámara de chamadas. As cadetes tivemos que desenvolver unha distancia de 4000m, onde quedamos cun 11º posto por equipos que o certo é que nos supo a pouco, aínda que pola miña parte por individual quedei contenta cun 55 posto individual e 2ª galega. Os cadetes homes conseguiron o mellor posto (5ºs), os xuvenís 7ºs e as xuvenís mulleres 11ªs coma nós.

En segundo lugar, desenvolveuse o campeonato de España universitario, onde competiu a atleta do noso clube Andrea García. Participaba pola universidade de Vigo, xunto con Solange Pereira e Sandra Mosquera, e conseguiu un satisfactorio 15º posto que xunto as súas dúas compañeiras levounas a acadar o 1º posto por equipos nacional.
Mar Chillón

MAR CHILLÓN, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN MARCHA

Benicassin ( Castellón) , 6 de marzo de 2011.

A selección galega de marcha desprazouse esta fin de semana ata Benicassin (Castellón). Entre os seleccionados viaxaban tres atletas do Vila de Cangas: Mar Chillón, Iria Piedras e Ángel Menduiña.

A actuación dos galegos foi, en xeral , bastante boa. O equipo xunior- xuvenil conseguiu o segundo posto na clasificación. Angel Menuiña entrou na meta no posto 14 da sua categoría, a moi escasos segundos de conseguir a marca para o campionato de España individual.

Nesa mesma categoría, as mulleres conseguiron o 5º posto. Aquí participaba a nosa atleta Iria Piedras, quen pasou estes últimos días apartada dos adestramentos por culma dunha lesión. Entrou na meta no posto 21 da sua categoría.

E, por último, quédanos resaltar a actuación de Mar Chillón.  Ela mesma veu invadida pola emoción ó comprobar que se facía coa segunda praza, pasando a ser a actual subcampiona de España de marcha en ruta. Pero iso non é todo o que hai que dicir con respeto a Mar. Parou o crono en 25 minutos e 38 segundos , o que significa que rebaixou en 15 segundos o rexistro que Lorena Luaces tiña nesta mesma categoría dende o ano 1999. Noraboa!

PLATA PARA PABLO CASTRO E OURO PARA RAQUEL VILLA

Oviedo, 26 e 27 de febreiro de 2011.
Pablo Castro Chapela non conseguiu lanzar a súa marca na tarde do sábado. Empezou cun lanzamento de 13.85. O segundo lanzamento foi mellorando, superando en case un metro ó primeiro, 14.83. A continuación viñeron tres nulos e o seu mellor lanzamento agardou a última oportunidade, lanzando 14.86 e valendolle a prata.

Raquel Villa Caracelas competiu hoxe domingo e as felicitacións para ela deben ser dobres, pois superou a súa mellor marca, situada en 11’99 da pista ó aire libre e  proclamouse campiona de España cunha marca de 12.17 m.

Sopoñemos que os méritos destes dous atletas valgan para ser tidos en conta na Gala do Deporte deste concello na presente tempada.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Dous dos nosos atletas, Pablo Castro e Raquel Villa, irán este fin de semana a Oviedo a fin de participar no campionato de España cadete de pista cuberta.
Raquel xa sabe o que é subirse o podio a nivel nacional, pois na tempada anterior conseguiu o bronce neste mesmo campionato e repetiu logo na pista ó aire libre. Pablo está a pasar por un dos seus mellores momentos. Nesta tempada superou o record galego tres veces. Ambolos dous presentaranse en Oviedo con marcas que poderían ser merecedoras de podio. Todos confiamos en que así sexa.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS

Como xa vos tiñamos informados, o Vila de Cangas participou no campionato de España co equipo xuvenil masculino. A proba disputouse en Punta Umbría ( Huelva), no mesmo escenario que en moi poucas datas acollerá o campionato do mundo.
O equipo vencedor da proba foi A.D. Marathon. En canto a participación dos equipos galegos, os mellores resultados foron para o ADAS, que entrou no 16º posto. O Celta entrou no posto 20º.
Os atletas do Vila de Cangas conseguiron a posición nº 38 na clasificación por equipos. De todos eles, o que mellor se lle deu a proba, que contaba un percorrido de 6500 m., foi a Tomás Ocaña (posto 68). Máis atrás entraron Jesús Parcero (124º), Antón Menduiña (174º), Sergio Piñeiro (215º) e Aarón Misa.