Vigo 15 de novembro de 2014.
Primeira competición oficial da nova tempada. As pistas de Balaidos acollían a Fase Provincial da III Liga Escolar Federada. Clubes de toda provincia acudiron para completar esta competición pensada para equipos, segundo a normativa o primeiro clasificado acadaba o pase a fase final, despois dependendo da puntuación pasarían oito equipos máis de toda Galicia. O autobús partiu de Cangas cargado con representación en todalas categorías, eran as 09:15 horas da mañan e chovia de manera cuantiosa.
Unha vez en Vigo a mañan portouse, caiu algún chuvasvo pero de maneira puntual. As dez horas comenzouse a repartir os dorsais para ter tempo a quentar, sobre as 10:45 horas estaba programado o inicio das probas. Podían acudir dous atletas por proba e puntuar para os equipos. Para alguns benxamins tamen era a sua estrea nas competicións oficiais, esperemos disfruten co atletismo e manteñan esa ilusión intacta. Claro esta que a peor parte levarona os entrenadores xa que tiveron que estar atentos do desenvolvemento de todalas probas, e eran unhas poucas.
No tocante os resultados, que tamén é importante, a xornada para os equipos foi de maneira global un éxito. Os esforzos dos atletas e o seu traballo en equipo alzaron o Vila de Cangas como mellor equipo da provincia nas tres categorías. En benxamins homes acadaron o primeiro posto, as mulleres segundas, con 192 puntos na suma dos dous. En alevins os homes repetiron o primeiro posto e as mulleres foron cuartas, sumando 239 puntos. En Infantis os homes quedaron segundos o non poder completar o relevo, mentras que as mulleres conseguiron o primeiro posto, sumando os equipos 211 puntos.

Estes foron os resultados individuais:
BENXAMINS:
Guillermo Alonso 2º 50 m.l. e 2º peso
Yago Juncal 5º 50 m.l. e 4º lonxitude
Sergio Valladares 5º 500 m.l. e 2º relevos
Raúl Rial 7º 500 m.l.
Carlos López 1º 1000 m.l. e 2º relevos Seguir leyendo →
Debe estar conectado para enviar un comentario.