O circuito da Ribeira en Meira-Moaña acollía, outro ano máis, o CROSS ZONAL DO MORRAZOdo programa XOGADE. A mañá soleada acompañou as probas e fixo moito máis vistoso o esforzo das categorías escolares, que comezaban a súa andaina no XOGADE co fín de acadar o pase ao Campionato Provincial. A orde de carreiras colocou a categoría alevin feminina coma primeiras en correr. Agata Rodríguez foi 2ª, seguida por Lara Iglesias 3ª, Lucia Gil 4ª, Iris Malvido 5ª, Andrea Pérez 6ª, Sara Nerga 7ª, Carmen Fraga 8ª, Gema Dacosta 11ª, Cristina Taboada 12ª, Uxia Sánchez 13ª, Noa Nerga 14ª , Nerea Malvido 15ª, Saioa Iglesias 18ª, Carmen González 20ª e Antía Romero 21ª. Tal cantidade de atletas deu para conformar tres equipos, clasificándose para a fase provincial un deles o VILA DE CANGAS A con 16 puntos.
Na sección masculina presentáronse dous equipos, acadando o pase finalmente o VILA DE CANGAS A con 17 puntos. Individualmente Carlos López foi 2º, Raul Rial 3º, SergioValladares 4º, Carlos Corredoira 7º, Manuel Lemos 8º, Javier Paredes 9º, Rubén Lemos 12º, Diego Martínez 13º, Eloy Domínguez 15º e Eloi Varela 18º.
Os benxamíns continuaron co programa, obtendo o equipo feminino o 1º posto con 20 puntos. Leire Fonseca rematou 1ª, Candela Castro 5ª, Goretti Carballal 6ª e Leire Brun 8ª. Os homes non puideron formar equipo correndo Hugo Domínguez e Andres Varela, rematando 4º e 9º respectivamente.
As mulleres da categoría cadete sumaron 9 puntos acadando o 1º posto, gracias o 2º lugar de Sabela López, 3º de Sandra Otero, 4º de Ines Pardavila, 5º de María Rial máis o 6º de Noelia Gómez. O equipo masculino sumou 7 puntos e repetiu a mesma posición, encabezado por Lope Quinteiro 1º, Aaron Domínguez 2º, Alex Iglesias 4º, Gabriel Dacosta 6º, DanielIglesias 7º e Manuel Otero 8º. Significar que con 3200 mts foi o percorrido máis longo da mañá.
A categoría infantil pechaba o Zonal, alí as mulleres presentaron dous equipos e remataron ocupando as duas plazas para o Provincial. Sara Mallo foi 1ª, Angela Fraga 2ª, NereaPiñeiro 3ª, Nuria Argibay 4ª, Abril Entenza 5ª, Irene Ruiz 6ª, Anais Santamarina 7ª, Carmen Castro 8ª, Blanca Piñeiro 9ª, Ana Cerqueira 10ª, Erea Bastón 12ª e Rocio Santaclara 13ª. No tocante os homes tamén conseguiron ocupar as duas primeiras plazas con sendos equipos que presentaron, encabezados por Aaron Otero 1º, Joel Curro 2º, Ivan Iglesias 4º, CarlosPortela 6º, Daniel Quinteiro 7º, Adan Dacosta 8º, Miguel Núñez 9º, Rubén Medraño 11º, Javier Rodal 13º, Mario Santos 14º e Jairo Parcero 15º.