Archivo del Autor: Oscar
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA POR AUTONOMIAS
El Hierro, 4 de marzo de 2017
No arquipélago canario tiña lugar este pasado sábado 04 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA DE FEDERACIONS AUTONÓMICAS. A illa de El Hierro agasallou os marchadores con toda a sua hospitalidade en pleno entroido. Por terra, mar e aire a loxística do Campionato tivo que acoller atletas, que foron chegando de todo o territorio nacional. No porto da illa desenvolvíase o percorrido para as diferentes categorías.
Duas amarel@s foron coma compoñentes do equipo CADETE da selección galega, que contou cun total de 5 atletas. O percorrido de 5kms para esta categoría estivo acompañado dun constante vento que engadiu dureza a proba. Tamén contamos coa presenza do adestrador do Club Sebastian Piñeiro, que desenrolou a súa labor para a sección de marcha da FGA.
Ana Piñeiro foi a primeira compoñente do combinado galego en cruzar a meta. Empleou un tempo de 26:53 en facer o percorrido da carreira CADETE, entrando en 4ª posición. A súa compañeira Valeria Fernández cun crono de 29:52 acadou o posto 36º. A recompensa deste traballo en equipo foi una medalla de BRONCE para Galicia, moi preto das segundas. Claro que tamén disfrutaron do entroido e calorciño canario. BOA VIAXE.
RESULTADOS
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA
Valencia a 04 de marzo de 2017
Ata a capital levantina desprazouse Paula Martínez para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA. Participaba na proba dos 60 m.v. A recente campioa galega de pista cuberta rematou a semifinal nun tempo de 9.35, que supon a súa mellor marca. O tempo para entrar na final estivo en 9.23. Acadou o posto 11º da semifinal que supuso o peche na participación neste Campionato. Agardamos unha boa viaxe de volta e que disfrute dese ambiente fallero, xa que todo non vai ser correr.
INFORMACION DO TROFEO ATLETISMO MAZI
O domingo 5 de marzo, vaise disputar o II Trofeo Atletismo Mazí – Cidade de Vilagarcía, no Complexo Deportivo de Fontecarmoa. O programa de probas será o seguinte:
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATOS NACIONAIS NESTA FIN DE SEMANA
A primeira fin de semana de marzo vainos deparar duas importantes citas no calendario atlético. En Valverde (El Hierro), o 4 de marzo, vaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS JUNIOR E CADETE. Formaran parte do combinado CADETE de Galicia, Ana Piñeiro e Valeria Fernández. Ambas percorreran os 5kms da proba, sumando puntos para unha selección Galega que aspira a estar entre as mellores.
RESULTADOS EN DIRECTO
Os días 4 e 5 de marzo, terá lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, competición onde participará Paula Martínez, na proba dos 60 metros valados. Disputará as semifinais o sábado no Palau Lluis Puig, e no caso de pasar a final, disputaríase o mesmo día.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA
A Coruña, 25 de febreiro de 2017
O Pazo dos deportes de Riazor acolleu, durante toda a xornada do sábado de entroido, o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA. Estreou a competición Paula Martínez, pasando coma primeira da súa serie de 50 m.l. da categoría JUNIOR. O tempo que empleou foi 7.04. Na final desta proba acadou a medalla de PRATA nunha chegada moi reñida, xa que entraron tres atletas en 7.03. O representante na velocidade masculina foi Dani Armada, quen a pesar de liderar a súa serie con 6.47, non obtivo o pase a final dos 50 m.l. da categoría XUVENIL.

O concurso de pértega supuso o SUBCAMPIONATO para Dani Calvar (3,32) e o BRONCE para David Lorenzo (3,17). Na proba dos 400 m.l. XUVENIL participou María Rodríguez, rematando 3ª na serie con 1:07.96, non pasando a final con este tempo. Raúl Barreiro acadou o 7º posto na final do concurso de peso, cun mellor lanzamento de 9,73.
Dani Calvar acadou o pase a final dos 200 m.l. XUVENIL, rematou na mesma en 4º posto. David Lorenzo tamén pasou a final XUVENIL dos 400 m.l., obtendo o SUBCAMPIONATO ao remate da mesma cun tempo de 54.10. Pechou a participación d@s amarel@s Paula Martinez que rematou CAMPIONA GALEGA JUNIOR nos 50 m.v. cun tempo de 8.09.
RESULTADOS
TROFEO DE ENTROIDO EN PISTA CELTA ATLETISMO
Ese domingo 26 teremos un entroido atlético. Nas pistas de Balaidos vaise disputar o II TROFEO DE ENTROIDO EN PISTA CELTA ATLETISMO. O programa de probas por categorias será o seguinte:
INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO
INFORMACION CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA
O vindeiro sábado 25 de febreiro, o Pazo dos Deportes de Riazor vai acoller o CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA. Xa estan publicadas as LISTAS DE SAIDA e o HORARIO modificado da proba. Seguiremos atentamente a evolución d@s amarel@s na Pista Cuberta.
RESULTADOS EN DIRECTO
CONTROL DE MARCAS EN NOIA
Aproveitando un pequeno paréntese de competicions oficiais, esta fin de semana imos desplazarnos a Noia. Nas Pistas de Atletismo desta localidade vai ter lugar un CONTROL DE MARCAS o domingo 19 pola mañá. Vai sair un bus da Estación de Cangas as 08:00 horas, con volta cando rematen as probas.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
A Pobra do Caramiñal, 12 de febreiro de 2017














Debe estar conectado para enviar un comentario.