GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

    No día de onte, venres 07 de abril, celebrouse en A Pobra do Caramiñal a X GALA DO ATLETISMO GALEGO. De maneira individual e por equipos premiabase @s máis destacados da tempada 2015/16. Por segundo ano consecutivo o noso Club foi premiado na categoría MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES. Agradecer esta distinción e facela extensiva a toda a familia amarel@.  



     No acto estiveron presentes o adestrador Jose Calvar, máis a Presidenta Mª Carmen Parada, que foi quen recolleu o premio.


Deja una respuesta