Archivo del Autor: Oscar
GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO
No día de onte, venres 07 de abril, celebrouse en A Pobra do Caramiñal a X GALA DO ATLETISMO GALEGO. De maneira individual e por equipos premiabase @s máis destacados da tempada 2015/16. Por segundo ano consecutivo o noso Club foi premiado na categoría MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES. Agradecer esta distinción e facela extensiva a toda a familia amarel@.
No acto estiveron presentes o adestrador Jose Calvar, máis a Presidenta Mª Carmen Parada, que foi quen recolleu o premio.
FIN DE SEMANA ATLETICO
Coa bonanza climática asemella ca primaveira xa se instaourou. Coas vacacións escolares sobra para o tempo de lecer. Nesta vindeira fin de semana descargamos, un pouco, as actividades para @s máis pequen@s, centramonos nas categorías VETERANS, con Juan Iglesias competindo no CAMPIONATO GALEGO DE MILLA, que vai acoller o Concello de O Pino.
O domingo 9 de abril, en Balaidos, estaremos no III JORNADA del II CIRCUITO SERIES MUNICIPAIS DE ATLETISMO EN PISTA CIDADE DE VIGO, con probas destinadas desde a categoria INFANTIL ata SENIOR.
RESULTADOS EN DIRECTO
Lembrarvos, que a día de hoxe, sobre as 19:00 horas terá lugar en A Pobra do Caramiñal a X GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO, alí estaremos tamén, por si cae algún recoñecemento, pensamos que si.
COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA
Comezamos o mes de abril en pleno auxe das competicións en pista ao aire libre. Nas de Balaidos vaise disputar o sábado 01 de abril, en xornada de mañá a II Xornada do Zonal Escolar INFANTIL. Haberá autobús do transporte escolar, con saída da estación de Cangas as 08:45.
RESULTADOS
En xornada de tarde, as pistas de Balaidos acolleran o XXX RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ, con probas destinadas para categorías desde CADETE ata VETERANS.
RESULTADOS
Para o domingo 02 de abril está prevista a II Xornada do Zonal Escolar BENXAMIN-ALEVIN. Neste caso será nas instalacións do CGTD de Pontevedra, en xornada de mañá.
RESULTADOS

No que atinxe as probas de Ruta, tamén teremos duas importantes competicións de marcha. Dentro do 26º GRANDE PRÉMIO INTERNACIONAL DE RIO MAIOR EM MARCHA, van participar nos 2kms, Ana Piñeiro e Carlos Corredoira. A outra proba o Critérium Nacional de Marcha «Mérida Patrimonio de la Humanidad», será testemuña da evolución dos irmans Denis e Valeria Fernández, en terras extremeñas.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMEZA O XOGADE AO AIRE LIBRE
Se supoñia que a primaveira nos ia traer bo tempo de cara as competicions de aire libre. Pois iso, imos falar de competicions, que o tempo esta algo tolo. E será por probas, nesta vindeira fin de semana da comezo o programa de Pista ao Aire Libre. O sábado en Pontevedra para a categoría INFANTIL, e o domingo en Vigo para BENXAMIN-ALEVIN. Para este último traslado a Balaidos, temos dereito a BUS ESCOLAR, que vai partir da Estación de Cangas as 08:45 horas.
RESULTADOS

O sabado temos a xornada completa ocupada no CGTD de Pontevedra, pola mañá na I Xornada en Pista do Xogade INFANTIL:
RESULTADOS EN DIRECTO
En xornada de tarde terá lugar a II Xornada Circuito de Atletismo en pista de Pontevedra:
RESULTADOS EN DIRECTO
Sinalar tamén o comezo dos Croses Escolares coa celebración do VIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA, do que achegamos información que puidera ser de utilidade.
REGULAMENTO
CIRCUITO
CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.
A Coruña, 18 de marzo de 2017
Este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor padeceu unha sobredose de atletismo, e ademáis do bo. Durante toda a xornada a enerxia das categorías menores contaxiouse as gradas, onde orgullosos pais dabanse por satisfeitos polo agasallo no preámbulo do Día do Pai.
No tocante ao Campionato @s amarel@s acadaron un total de 10 medallas ( 8 ouros, 1 prata e 1 bronce). Destacar os dobretes de Sara Mallo, Campioa Galega en lonxitude e triple salto, máis o de Jacobo Díaz, Campión en salto de altura e pértega. Na categoría INFANTIL tamén subiron ao podio Aaron Otero, 1º en peso, Erea Bastón 1ª en peso e Abril Entenza, bronce no salto de altura. As ALEVINS que recibiron premiación foron Agata Rodríguez, como Campioa en 500 m.l. e Gema Dacosta que rematou 1ª no peso. Eloy Domínguez proclamouse Subcampión Galego de peso.
Con isto decimolle un ata logo a pista cuberta, quen sabe si para a próxima tempada poderemos estrear a de Ourense, non estaría mal.

BENXAMIN:
- HUGO DOMINGUEZ- 7º 1000 m.l. e 10 lonxitude
- GORETTI CARBALLAL- 6ª altura e 4ª semifinal 50 m.l.
- LEIRE FONSECA- 5ª 500 m.l.
- CANDELA CASTRO- 10ª 1000 m.l.
- LEIRE BRUN- 7ª 1000 m.l.
ALEVIN:
- SERGIO VALLADARES- 9º lonxitude e 6º semifinal 50 m.l.
- RAUL RIAL- 9º 1000 m.l.
- DIEGO MARTINEZ- 5º altura e 9º peso
- ELOY DOMINGUEZ- 2º peso e 8º altura
- CARMEN FRAGA- 5ª 50 m.l. e 5ª lonxitude
- AGATA RODRIGUEZ- 1ª 500 m.l. e 4ª semifinal 50 m.l.
- ANDREA PEREZ- 5ª 500 m.l.
- IRIS MALVIDO- 15ª 500 m.l.
- LARA IGLESIAS- 7ª peso e 11ª 1000 m.l.
- NOA NERGA- 4ª peso
- GEMA DACOSTA- 1ª peso
INFANTIL:
- DANIEL QUINTEIRO– 9º triple salto e DS 50m.l.
- ADAN DACOSTA- 4º 50 m.l. e 16º 500 m.l.
- IVAN IGLESIAS- 6º lonxitude e 7º 500 m.l.
- AARON OTERO- 1º peso e 15º 500 m.l.
- DENIS FERNANDEZ- 11º lonxitude e DS 1000 m.l.
- PEDRO VERDEAL- 3º semifinal 50 m.v. e 7º lonxitude
- MIGUEL NUÑEZ- 5º semifinal 50 m.v.
- JACOBO DIAZ- 1º altura e 1º pértega
- ANA CERQUEIRA- 5ª 50 m.l.
- IRENE RUIZ- 7ª lonxitude e 3ª semifinal 50 m.l.
- ABRIL ENTENZA- 3ª altura e 5ª 50 m.v.
- SARA MALLO- 1ª lonxitude e 1ª triple salto
- BLANCA PIÑEIRO- 11ª triple salto
- EREA BASTON- 1ª peso
- NURIA ARGIBAY- 8ª peso
- ROCIO NOVAS- 9ª peso
CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA
Antequera, 18 e 19 de marzo de 2017
A serranía malagueña foi testemuña do futuro do atletismo nacional. Varios records sucumbiron a esta nova xeración de cadetes. Gracias ós tres amarel@s que participaron no Campionato puidemos ser participes dese gran ambiente acorde coa grandeza da cita. Na xornada vespertina do sábado os tres competían no Centro de Tecnificación de Atletismo, polo cal xa foron aflorando os nervios. Valeria Rodríguez comezou as 15.30 a final de lanzamento de peso, foi de menos a máis e acadou o pase a mellora cun prometedor 4º posto. Nos tres lanzamentos posteriores non mellorou os 11,52, que supoñen a súa mellor marca. Finalmente rematou en 6º posto.
O seguinte en templar os nervios coa competición foi Lope Quinteiro. Participou na terceira rolda de clasificación para a final dos 1000 m.l. Engadir que a pista de Antequera, dunha corda de 200 mts, conta coa saída para os 1000 mts a escasos metros da curva, producindose autenticas estampidas para coller unha boa posición. Na súa serie rematou 8º cun tempo de 2:48.17. Entraban na final os dous primeiros de cada serie e os tres mellores tempos. Lope non progresou a final pero ainda lle quedaba a final de peso o domingo.
Ariadna Gil tiña a difícil misión de acceder as semifinais dos 60 m.v., correu a sua serie en 9.80, producindose o corte para o pase en 9.40. Non puido estar coas 16 mellores, pero hai marxe de mellora.
Lope Quinteiro concursou o domingo na final de lanzamento de peso. Cun mellor lanzamento de 12,71 non obtivo o pase a mellora. Moito nivel nunha final na que as medallas se foron para lanzamentos de 15 e 16 mts. Nada máis que engadir, ata a vindeira batalla.
PLAN DE VIAXE A CORUÑA
Este vindeiro sábado 18 de marzo vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA. Unha vez rematado o prazo de inscripción publicouse un primer listado de admitidos. Adiantamos esta información, sempre coa cautela que ata o xoves as 15:00 horas esta aberto o prazo de reclamacións.
Sairá un autobús da estación de Cangas as 07:45 horas, en principio para @s atletas pero con prazas sobrantes para nais/pais. As probas repartiranse en xornada de mañá e tarde polo que se reservou nun Restaurante para @s atletas que o precisen. Achegamos os ADMITIDOS e HORARIO definitivos.
LISTADO DE ADMITIDOS
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE
Esta vindeira fin de semana, 18 e 19 de marzo, a localidade malagueña de Antequera vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA. Entre os 300 atletas que obtiveron marca para participar, vanse atopar TRES amarel@s. Lope Quinteiro, disputará o lanzamento de peso e os 1000 m.l., Ariadna Gil, participará na proba dos 60 metros valados e Valeria Rodríguez, que repite participación no concurso de peso. O Campionato terá repartidas as probas entre a xornada de tarde do sábado e o domingo pola mañá. Moita sorte e boa viaxe.
INSCRITOS
HORARIO
CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS
Vilalba, 11 de marzo de 2017












Debe estar conectado para enviar un comentario.