CAMPIONATO GALEGO CADETE POR EQUIPOS

Lugo, 06 de maio de 2017

 

     Partimos para a cidade das murallas ben temprano, as 06:30, agardábanos unha longa xornada. Por diante o CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS. Chegamos con dous equipos, o feminino que cubría a totalidade das probas e o masculino que deixaba a marcha, pértega máis os dous relevos sen cubrir. Os homes o remate do Campionato sumaron un total de 103.5 puntos, acadando o 6º posto. As mulleres pecharon a participación preto do podio, cun 4º posto, con 172 puntos. Salientar a mínima acadada por Valeria Rodriguez no lanzamento de martelo (40:59), que suma a que xa tiña en peso. No tocante os equipos subliñar o espiritu de grupo de cara a futuras competicions, HAI EQUIPO¡¡¡


HOMES 

  • ALEX IGLESIAS– 8º 100 m.l. e 4º 600 m.l.
  • MANUEL OTERO 9º 300 m.l. e 3º martelo
  • LOPE QUINTEIRO– 1º 1000 m.l. e 1º peso
  • DANIEL SUAREZ– 10º 3000 m.l.
  • ADRIAN PASTORIZA 5º 100 m.v. e 4º altura
  • ANXO CAMAÑO7º 300 m.v. e 5º disco
  • AARON DOMINGUEZ– 5º 1500 obs. e 6º lonxitude
  • GABRIEL DACOSTA– 3º xavelina e 6º triple salto


MULLERES  

  • NOELIA VILLAVERDE– 7ª 100 m.l. e 4ª relevos (4X100)
  • NAIARA VILLAR– 13ª 300 m.l.- 13ª 300 m.l.
  • INES PARDAVILA– 10ª 600 m.l.
  • SABELA LOPEZ8ª 1000 m.l. e 4ª pértega 
  • VALERIA FERNANDEZ– 9ª 3000 m.l. e 5ª relevos (4X300)
  • ARIADNA GIL2ª 100 m.v. e DS 300 m.v.
  • SANDRA SOUTO9ª 1500 obs
  • COLOMBA CARBALLAL– 7ª altura e 5ª relevos (4X300)
  • ALBA PARDAVILA5ª lonxitude e 4ª relevos (4X100)
  • MARIA RIAL– 2ª triple salto e 5ª relevos (4X300)
  • VALERIA RODRIGUEZ– 1ª peso e 2ª martelo
  • AINOA SANTOS– 3ª disco e 4ª relevos (4X100)
  • LAURA VALLADARES– 6ª xavelina e  5ª relevos (4X300)
  • ANA PIÑEIRO–  1ª marcha e 4ª relevos (4X100)

  • FOTOS


CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN.

Pontevedra, 06 de maio de 2017

 

     O primeiro sábado do mes de maio era a data elexida para o CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN E COMBINADAS ALEVINAs pasadas xornadas participativas daban paso a un Campionato competitivo, con premiacions para os tres mellores por proba. Tamén contaba cun triatlon para a categoría ALEVIN (60 m.l./lonxitude e peso).



     Hugo Domínguez foi 8º na final dos 50 m.l. e acariciou o podio nos 1000 m.l., rematando en 4º lugar. Na sección feminina participaron Goretti Carballal3ª en 50 m.l.-6º en altura e 2ª no relevo (4×50). Leire Fonseca foi Campioa Provincial en 500 m.l.-4ª na lonxitude e  2ª no relevo (4×50). Leire Brun rematou 5ª en 1000 m.l.-3ª en pelota e  2ª no relevo (4×50). Alba Del Valle foi 7ª na altura-2ª en pelota e  2ª no relevo (4×50). Sabela Domínguez acadou o posto 8º no concurso de altura. Candela Castro proclamouse Campioa Provincial de Lanzamento de Pelota, pechando un podio totalmente amarelo. Na proba de 1 km marcha rematou 4ª.



  No que atinxe o triatlon ALEVIN participaron dez atletas, cinco mulleres e cinco homes. As primeiras estiveron encabezadas por Gema Dacosta, 3ª, Agata Rodríguez 4ª, Carmen Fraga 6ª, Noa Nerga 17ª e Lucia Gil 18ª


   


 Nos homes Diego Martínez obtivo o bronce, Carlos López 8º, Manuel Lemos 10º, Yago Juncal 15º e Ruben Lemos 20º.


PREVIA DO PROVINCIAL BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN

     Este sábado 06 de maio partirá ,da Estacion de Cangas,  as 08:45  un autobús cos participantes no CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN. As probas disputaranse no CGTD de Pontevedra



     Achegamos o enlace cos ADMITIDOS tendo en conta que son os da cor amarela e verde. As situacións a correxir veñen marcadas en vermello no lateral.


PREVIA CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR

     Achegase a data do CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS. Este vindeiro sábado 06 de maio imos viaxar ata Lugo cos equipos feminino e masculino da categoría CADETE. Tamén partiparán varios amarel@s coma compoñentes dos equipos JUNIOR do Celta.

      Detallamos @s atletas convocados, máis as probas a realizar. Pregamos PUNTUALIDADE para a saída do autobús. As 06:30 horas da Estación de Cangas. Neste mesmo transporte estase dando cabida @s nais/pais que desexen facer a viaxe con nos. A competición abrangue toda a xornada polo cal teremos a COMIDA no Restaurante do Campus da Universidade, ainda así recomendase os atletas levar algo para picar, xa que voltaremos de tarde-noite.


RESULTADOS EN DIRECTO


PROBA MULLERES HOMES
100 ml Noelia Villaverde Alex Iglesias
300 ml Naiara Villar Manuel Otero
600 ml Sabela López Alex Iglesias
1000 ml Inés Pardavila Lope Quinteiro
3000 ml Valeria Fernández Daniel Iglesias
1500 obstáculos Sandra Souto Aarón Domínguez
3000 marcha Ana Piñeiro
100 m valados Ariadna Gil Adrian Pastoriza
300 m valados Ariadna Gil Anxo Camaño
Altura Colomba Carballal Adrian Pastoriza
Pertega Sabela López
Lonxitude Alba Pardavila Aaron Domínguez
Triple María Rial Gabriel Dacosta
Peso Valeria Rodriguez Lope Quinteiro
Disco Ainoa Santos Anxo Camaño
Martillo Valeria Rodriguez Manuel Otero
Xavelina Laura Valladares Gabriel Dacosta
4×100 Ines V.-Ainoa-Colomba-Noelia
4×300

Ines V.-Maria R.-Naiara-Alba P.


XORNADA MAÑA (STREAMING)

XORNADA TARDE (STREAMING)


 


 

CAMPIONATOS PROVINCIAIS XOGADE

     Achegamos información IMPORTANTE, que modifica as datas que constan no calendario da FGA. Sendo as DATAS DEFINITIVAS dos Campionatos Provinciais as seguintes:



06 de maio: Campionato Provincial de Atletismo en Pista Benxamín Individual e Relevos e Alevín Combinadas (CGTD – Pontevedra)

14 de maioCampionato Provincial de Atletismo en Pista Alevín Individual e Relevos e Infantil Combinadas (Balaídos – Vigo).

20 de maioCampionato Provincial de Atletismo en Pista Infantil Individual e Relevos  (CGTD – Pontevedra).




PREVIA DA FASE ZONAL XOGADE

     Esta fin de semana rematan as fases zonais do programa XOGADE. No vindeiro mes de maio xa teñen data varios Campionatos Provinciais. O sábado 29 de abril, a categoría INFANTIL contará coa cuarta xornada de probas para pista ao aire libre. Ao celebrarse en Vigo temos dereito ao transporte escolar, o cal sairá da estación de Cangas as 08:45 hrs.


RESULTADOS



     O domingo 30 de abril sera a xornada para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. O CGTD de Pontevedra acollerá a derradeira fase. Dase a circunstancia que na mesma data vai ter lugar o Cross Escolar do CEIP Castrillon.


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE MARATON

A Coruña, 23 de abril de 2017.

 

    De seguro que moitos atletas tiñan grabada esta data fai tempo, 23 de abril de 2017. Non se adestra un maraton en catro días. E ainda así, hai que rematalo. A mente e o corpo discrepan continuamente nesta épica distancia. A cidade herculina  ven sendo duante anos o único referente na proba da Comunidade. Como tal, tamén se converte no CAMPIONATO GALEGO DE MARATON.  Alí estivo Belen Lematquen foi de rematar os 42 km 195 m nun tempo de 03:33:59 . 



 Este tempo supuso acadar o subcampionato galego da súa categoría, e o 4º posto absoluto na feminina. Xa non temos adxetivos, pero si moitos PARABENS.



XXIII XORNADA DE ATLETISMO BASE-II TROFEO CANGAS DENTAL.

     A tarde de bo tempo, prometía unha xornada de venres chea de suor, auga e ledicía. Coma sempre as Xornadas de Atletismo Base non decepcionan. As categorías implicadas eran MINIBENXAMIN (2010/11/12), BENXAMIN (2008/09) e ALEVIN (2007/06).  As probas sumaban un total de catro (velocidade 50/60 m.l.+ medio fondo 300/500 m.l.+ salto de lonxitude + lanzamento de peso/pelota). Para a clasificación final sumarían os 3 mellores postos dos atletas.  MENUDOS ATLETAS que tivemos este venres 21 de abril no Estadio Municipal de Atletismo de Cangas.


 


     Procedentes de moitos colexios da comarca,  encheron o Estadio de vitalidade. Os podios por categorías foron:


MINIBENXAMIN MASCULINO.– 1º MARIO TORRES HERNÁNDEZ (Ceip O Hio)  – 2º MARTIN OTERO ROSALES (CPR San Narciso) – 3º ANTON LEMOS JUNCAL(Ceip Nazaret)
MINIBENXAMIN FEMININO.–  1ª SABELA CANCELAS ESTEVEZ( Ceip Montemogos)  – 2ª NAHIA PINTOS IGLESIAS ( Ceip Montemogos) – 3ª AIXA COSTAS SOTO (Ceip Nazaret)


BENXAMIN MASCULINO.– 1º OSCAR OTERO ROSALES (CPR San Narciso) – 2º DAVID ENTENZA PEREZ (Ceip Castrillon) – 3º HUGO DOMINGUEZ JUNCAL ( Ceip Montemogos) 
BENXAMIN FEMININO.– 1ª LEIRE FONSECA GONZALEZ (Ceip Nazaret)- 2ª NAIMA PÉREZ LAHSEN (Ceip A Rua) EMMA REGUEIRA LOVEIRA (Ceip a Pedra)
ALEVIN MASCULINO.– 1º SERGIO VALLADARES BARREIRO (CPR Casa da Virgen) – 2º CARLOS LOPEZ MENDUIÑA ( Ceip A Pedra) – 3º MANUEL LEMOS GOMEZ ( CPR Sagrada Familia)
ALEVIN FEMININO.– 1ª AGATA RODRIGUEZ JALDA (Ceip Castrillon) –  2ª CARMEN FRAGA SOBREIRA (CPR Casa da Virgen) – 3ª GEMA DACOSTA MAGDALENO (Ceip San Roque)


RESULTADOS


FOTOS


TERCEIRA XORNADA DO XOGADE EN PISTA

     Esta vindeira fin de semana terá lugar a III Xornada do Xogade en Pista ao Aire Libre. As pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o sábado 22 de abril a xornada para a categoría INFANTIL.


RESULTADOS


 


     O domingo 23 de abril, nas pistas de Balaidos, vaise disputar a xornada para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. Neste caso vaise contar co servizo dun autobús do transporte escolar. A saída do mesmo será da Estación de Cangas as 08:45 hrs. 


RESULTADOS