O primeiro sábado do mes de maio era a data elexida para o CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN. As pasadas xornadas participativas daban paso a un Campionato competitivo, con premiacions para os tres mellores por proba. Tamén contaba cun triatlon para a categoría ALEVIN (60 m.l./lonxitude e peso).
Hugo Domínguezfoi 8º na final dos 50 m.l. e acariciou o podio nos 1000 m.l., rematando en 4º lugar. Na sección feminina participaron Goretti Carballal, 3ª en 50 m.l.-6º en altura e 2ª no relevo (4×50). Leire Fonseca foi Campioa Provincial en 500 m.l.-4ª na lonxitude e 2ª no relevo (4×50). Leire Brunrematou 5ª en 1000 m.l.-3ª en pelota e 2ª no relevo (4×50). Alba Del Vallefoi 7ª na altura-2ª en pelota e 2ª no relevo (4×50). Sabela Domínguezacadou o posto 8º no concurso de altura. Candela Castro proclamouse Campioa Provincial de Lanzamento de Pelota, pechando un podio totalmente amarelo. Na proba de 1 km marcha rematou 4ª.
No que atinxe o triatlon ALEVIN participaron dez atletas, cinco mulleres e cinco homes. As primeiras estiveron encabezadas por Gema Dacosta, 3ª, Agata Rodríguez 4ª, CarmenFraga 6ª, Noa Nerga 17ª e Lucia Gil 18ª
Nos homes Diego Martínezobtivo o bronce, Carlos López 8º, Manuel Lemos 10º, Yago Juncal15º e Ruben Lemos 20º.