Cangas, 4 de decembro de 2011
Un ano máis, e xa van 38, as rúas do centro de Cangas foron pechadas ó tráfico rodado para ser recorridas por cerca de mil atletas.
O percorrido, aínda que contou con pequenas variacións, foi semellante o dos anos anteriores.
A recollida dos dorsais dos máis pequenos foi baixo a ameaza da choiva, pero chegadas as dez da mañá, as carreiras dos máis pequenos transcorreron sen problemas e en seco. Así foi como se celebraron as carreiras escolares; é dicir, as categorías minibenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Agora ben, en canto deron as doce e saíron os participantes máis maiores, empezou a chover, por aquilo de non perder a costume. Nesta carreira, a absoluta, a participación foi moi grande. Daba gusto ven as rúas da vilas cheas de atletas de todas as idades e condicións, mesmo estaba algún dos nosos políticos.
A novidade deste ano é que contamos coa axuda de championchipnorte, polo que todos os da última carreira correron có seu respectivo chip. Uns remataron ó completar dos 6000 metros e outros seguiron ata finalizar nos dez quilómetros.
Outra das novidades foi que debido a crise, neste ano non houbo premios en metálico.
A carreira absoluta foi gañada por Daniel Bargiela Araujo, seguido do atleta cangués Alvaro Prieto Fervenza e a continuación José Manuel Fernandez Marquez.
Aquí podedes consultar os resultados das diferentes probas:
CP_CANGAS_ABSOLUTA
CP_CANGAS_ABSOLUTA_POR_CATEGORIAS
CP_CANGAS_ABSOLUTA_POR_SEXOS
CP_CANGAS_XUVENIS
RESULTADOS ESCOLARES
III Cross Ceip Nazaret 2011
domingo 27 de novembro de 2011
No barrio de Nazaret disputouse o pasado domingo a terceira edicion do cross escolar do CEIP de Nazaret, ali estivo o Club de Atletismo Vila de Cangas para botar unha man ao deporte base. Trátase do primeiro cross escolar da tempada e o último ata a chegada da bonanza climática. A participación foi numerosa, contando cun total de 400 corredores con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. Para tod@s eles noso mais sinceiro parabén polo fantástico desenvolvemento do evento, e esperemos voltar ver moit@s deles nas próximas carreiras.
XXXVIII TROFEO PEDESTRISMO VILA DE CANGAS
Domingo 4 de Decembro 2011, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organizan o XXVIII Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 4 de Decembro de 2011, con saida e chegada na Alameda Vella de Cangas.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2005-06 ••Benxamín 2003-04 ••Alevín 2001-02 •• Infantil 1999-2000 ••Cadete 1997-98 •• Xuvenil 1995-96 •• Xunior 1993-94 •• Promesa 1990-91-92 •• Senior 89 ata veteranos •• Veteranos 35 anos en adiante
10:00h:Benjamín…….…………………………………….………………………………………500m.
10:15h:Alevín…………………………………………………………….……………………1000 m.
10:30h:Infantil………………………………………………….……………………………1500 m.
10:45h:Minibenxamíns………………………………………………………….………….250 m.
11:00h:Cadete Mulleres……………………………………………………………….….2000 m.
11:15h:Cadete Homes……………………………………………………….…………3000 m.
12:00 h: Carreira Absoluta: Xuvenil homes e mulleres …………………………… 6000 m.
Xunior, promesa, xenior e veteranos homes e mulleres ..10.000m.
13:00 h: Entrega trofeos
3. As inscripcións deberán efectuarse antes das 24h do MARTES 29 de Novembro. O custo da inscripción será de 2€ para os participantes das carreiras absolutas de 6000m e 10000m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
As inscricións formalizaranse na páxina Web www.championchipnorte.com
As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion@cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, clube se ten, localidade, provincia, teléfono de contacto.
Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
4. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización quedando ven visible a súa publicidade
5. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais
6. Será gañador do XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10 000 m.
7. Otorgaranse torfeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e medallas ata o décimo clasificado nas categorías escolares
8. Na categoría de Veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 10 atletas en cada unha delas; nese caso na entrega de trofeos desdoblaranse en dúas categorías. Veteráns Femenino ou masculino: de 35 ata 45 anos e de 46 anos en adiante
9. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento
10. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade
11. A inscripción neste XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento
SAN MARTIÑO DE BUEU
13 de novembro de 2011
O vento, a chuvia, os tronos, os raios; é dicir, o mal tempo en xeral, facía pensar na posibilidade de que se suspendera a carreira prevista para este día en Bueu. Pero o caso é que a xornada presentouse bastante mellor do esperado. Había vento, pero a chuvia respetou a todos os participantes.
O Vila de Cangas participou con cerca de 100 atletas de todas as categorías.
O evento contou cunha boa organización e todas as carreiras foron no horario máis ou menos establecido, e iso que a carreira de minibenxamín feminino fíxose dúas veces, pois a primeira vez deuse a saída sen chamar previamente ás participantes. En certo modo, foi mellor para elas, porque a organización considerou que se lle debía entregar trofeos as tres primeiras de cada carreira.
Na carreira absoluta venceu Robertas Geralivicius entre os homes e Cristina Estévez entre as mulleres.
Os nosos atletas pintaron de amarelo os seguintes podios:
Benxamín homes:
1º Gabriel Dacosta
2º Teo Iglesias
3º Lois Rodas
Alevín masculino:
1º Antón Iglesias
2º Simón Pereira
Infantil masculino:
2º Martín Souto
Cadete feminino:
2ª Noa Rouco
Minibenxamín masculino:
2º Denís Fernández
Veteranas A:
2ª Belén Lemat
Xuvenil feminino:
1ªMaría Jesús Novo
Xunior feminino:
2ª Ainara Rodríguez
Senior feminino:
3ª Marina Caballero
Xuvenil masculino:
2º Tomás Ocaña
3º Jesús Parcero
CRITERIUM DE LANZAMENTOS – NOVO RECORD PARA PABLO CASTRO
Catro dos lanzadores do noso club estaban convocados a participar neste critérium que se faría no Barco de Valdeorras o pasado sábado 22 de outubre.
Antía Román e Raquel Villa non puderon ir, pero si o fixeron Talía García e Pablo Castro, quen obtivo o logro máis grade, o conseguir batir unha vez máis o récord galego de lanzamento de peso, cunha marca de 16.80 m.
As competicións de cada artefacto (disco, peso, martelo e xavalina) foi mixta e cada atleta lanzou co peso que lle corespondía a sua categoría, o que fixo que alguna proba se prolongara moito, coma a de disco que comenzaba as 18:30 e remataba pasadas as 20:10.
Pablo Castro foi subcampeón do critérium polo que lle deron unha placa conmemorativa
As clasificacións foron masculinas e femeninas pero non se separaron as categorías. Os resultados dos nosos atletas foron:
Pablo Castro: 1º Peso e récord galego — 2º Disco . 2º Subcampeón do criterium
Talía García: 3º Peso — 4º Disco
CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR EQUIPOS – FASE PREVIA
Valladolid, 24 Septembro 2011
O sábado fómonos moi cedo nun autobús cargado de moitas ilusións e sabendo que as atletas ían a disfrutar deste campionato. Xunto co Lucus, eramos os dous clubs galegos que participaban nesta fase previa. Aproveitamos a ocasión para darlles as rapazas do Lucus a copa que lles correspondía por ser elas as campionas galegas por equipos
Non poidemos contar coa axuda de ningunha filial, polo que fomos con 16 cadetes, tódalas que hai no club. Todas, xa foran mellores ou peores, fixeron que se poidera ir a este campionato mentras que outros clubs quedáronse na casa. Por desgracia non poidemos cubrir tódalas probas, facíanos falta polo menos unha rapaza máis.
Algunha rapaza estivo máis nerviosa do habitual, pero a pesar de todo fíxose o que se poido.Mar, Raquel e Talía gañaron as súas probas, marcha, peso e disco. Antía, quen ía lesionada e tiña que lanzar de parado, non poido resistir a tentación de dar tres pasiños, que lle permitiron alcanzar a segunda posición. Sara logrou quedar terceira nos 100m.v. Non cubrimos a proba de 300 m.v. e Noelia que ía lesionada, non foi capaz de batir e saltar, polo que non puntuamos en pértega. Foi unha mágoa que nos anularon o relevo de 4×300 m.l.
Finalmente rematamos séptimas, pero a nivel de España quedaron outros equipos por debaixo do noso. Este equipo será pequeño pero inda se fai notar. Felicidades campionas!!!!
1ª: Mar Chillón – 3.000m Marcha…… Raquel Villa – Peso….. Talía García – Disco
2ª:Antia Roman – Jabalina
3ª: Sara Villar – 100m vallas
4ª: Estela, Eva, Sara y Carla – Relevos 4x100m
5ª: Alexia Vidal – Altura ….. Ana Antepazo – 300m….. Ana Bermudez – 1.500m Obst. ….. Johana Villar – Martillo
6ª:Esmeralda Corredoira – 3.000m ….. Estela Costas – 100m …… Patricia Abal – 600m
7ª: Carla Bernardez – Longitud ….. Eva Otero – Triple Salto …… Julia Alonso – 1.000m
Descalificadas: Ana, Alexia, Julia y Patri – Relevos 4x300m
Sin marca: Noelia Cousiño – Pertiga
CIRCUITO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO
3ª XORNADA DO CIRCUITO – CANGAS
O domingo 17 de xullo reunímonos en Cangas onde se celebrou a terceira xornada deste circuito, esta vez foi en pista.
Na primeira carreira, 1 km, obtivemos un pódium amárelo, o primeiro posto foi para a actual campiona galega e a poseedora do récord galego nesta distancia, Valeria Fernández. Segunda foi Ana Piñeiro e a terceira Valeria Rodriguez. Ainoa Santos estrenouse nesta modalidade e acadou a cuarta posición.
Andrés Obenza quedou cuarto nos 2 km, e Juan Piñeiro, irmán de Ana P., quedou 6º. Nos 3 km Mar Chillón foi a primeira da sua categoría e Noa García a quinta da súa, na que tamén participou Paula Martínez que se estrenou quedando no séptimo posto.
Ángel Menduiña e Iria Piedras competiron nos 5 km, o primeiro foi o terceiro dos xuniors en pasar pola meta. Iria foi descalificada.
En marcha sempre direi quen son descalificados por que a pesar de non acadar a meta e unha marca, pódese dicir que case fan o mesmo traballo cos outros atletas e as veces, con ou sen razón, pero sempre con faltas, son descalificados uns metros antes de entrar na meta, tras facer moitos kilómetros. Polo tanto merecen ser nombrados.
XORNADA FINAL – CORUÑA 17 SEPTIEMBRE 2011
Esta vez foi unha xornada de marcha en ruta e realizouse ao carón dos xardíns dos Cantóns aproveitando que despois competían os mellores marchadores do mundo.
Por ser a primeira competición trálas vacacións non houbo a distancia de 2 km. Os benxamíns e alevíns fixeron 1 km. O primeiro en cruzar a meta dos nosos atletas foi Andrés Obenza que quedou 5º. Seguíanno Valeria F. e Ana P. quenes foron a primeira e a segunda das benxamíns. Despois chegou Valeria R. coa que se completou o pódium. Ainoa S. foi quinta. Valeria F. foi a campiona benxamín deste circuito.
Nos 3 km Mar, tras liderar un grupo de atletas que non a deixaron, foi segunda, pero foi a campiona deste circuito. Noa G foi cuarta. Nos 5 km Ángel M. tras pasalo moi mal durante a carreira foi terceiro. Rebeca Obenza foi a segunda das promesas. Iri P. tivo que abandonar a carreira por non atoparse ben.
Tras terminar o circuito chegou o momento dos atletas olímpicos. Os pequenos pasáronno moi ben vendo como marchaban e cando remataban de competir, ían tras eles para conseguir autógrafos e fotos cos campións.
CAMPIONATO GALEGO DE EQUIPOS CADETES E XUVENILES: OS XUVENILES MASCULINO FORON CUARTOS!! E FINALMENTE AS CADETES …
AS CADETES DO VILA DE CANGAS CAMPIONAS!!!
Esta foi a sensación que tivemos ata onte pola noite, cando a federación confirmou que por un erro da súa parte (sumaron dúas veces a proba de lonxitude) e por empate en puntos, quedamos SEGUNDAS por ter 6 primeiros postos e o Lucus 7.
Disfrutamos dous días sendo campionas, e agora coa vista posta no próximo campionato, a previa do campionato de España, temos que loitar por mellorar e por intentar dar un pouquiño máis. Entre todas podemos. FELICIDADES CAMPIONAS!!!
O sábado 10 fomos ata Lugo onde competíamos con dous equipos, o de mulleres cadete e o de homes xunior, o cal completamos con dous rapaces do Suárez Marquier, os nosos filiais.
Aínda que facer estes campeonatos despois das vacacións, non é a mellor idea, xa que todos están un pouco baixos de forma e as marcas obtidas no son as dexesadas…houbo momentos inolvidables alguns dos cales foron:
Na primeira proba , a de marcha, un pequeno malentendido fixo que as cadetes deran voltas de máis. Pero non houbo problemas para que se clasificaran como entraron nos 3 km polo que Mar proclamouse campiona da proba
Juanma fixo unha boa carreira nos 110 m valados, ía primeiro ata que na última valla foi ao chan, pero tras levantarse rematou terceiro.
As lanzadoras Antía, Raquel e Talía lograron a victoria nas súas probas levándolles moita diferencia as súas rivais. Noelia consegueu superar o medo a lesionarse e estrenouse no salto con pértega, logrando ser a segunda clasificada
Ana B. sorprendeu a todos nos 1500m obstáculos, e a primeira sorprendida foi ela mesma, xa que non ía moi segura de obter un bo posto. Durante a carreira foi subindo postos. Ía relevándose con outra rapaza no liderazgo da proba, ata que na última volta ía soa. Pasou o último obstáculo sendo a primeira, cunha diferencia duns poucos metros e sen aumentar o ritmo da carreira. Isto aproveitouno unha rapaza do Cuntis, xa que consigueu atrapala casi na meta, polo que Ana quedou segunda por un segundo de diferencia .
Os relevos foron moi emocionantes e sen comparalos, tal vez o que levantou máis expectativa foi o 4×400 m.l. dos rapaces. Antón, Angel, Tomás e Simón sorprenderon a máis de un, que non pensaban que foran a aguantar e a correr tanto. Finalmente quedaron cuartos
Resultados
CADETES FEMENINOS: Subcampionas galegas
1º Clasifiadas: Alexia Vidal – Lonxitude __Antía Román – Xavalina__Mar Chillón – 3 km marcha__Raquel Villa – Peso__Sara Villar – 100m vallas__ Talía García – Disco
2ª Clasificadas: Alexia Vidal – Altura__Ana Bermudez – 1500m Obstaculos__Noelia Cousiño – Pértega__Sara Villar – 300 m vallas
3ª Clasificada: Julia Alonso – 1000m.l.
4ª Clasificadas: Ana Antepazo – 300 m.l.__Estela Costas – 100 m.l.__Eva Otero – Triple__Johana Villar – Martelo__Patricia Abal – 600 m.l.
5ª Clasificada: Esmeralda Corredoira – 3000 m.l.
Relevos: 4×100 (Antía – Carla – Estela – Sara) – 2ª clasificadas__4x300 (Alexia – Ana A. – Julia – Patri) – 3ª clasificadas
XUVENILES MASCULINOS: Cuartos clasificados
1º Clasificados: Iván Rodriguez – Lonxitude__Jonathan Correa – Xavalina
2º Clasificados: Iván Rodriguez – 200m.l.__Jonathan Correa – Disco__Simón Acuña – Peso
3º Clasificados: Angel Menduiña – 5 km marcha__Juanma Novo – 110 m. vallas__Juanma Novo – Pértega
4º Clasificados: Angel Menduiña – Altura__Antón Menduiña – 400 m. vallas__Tinín Maquieira – 100 m.l. e 400 m.l.
5º Clasificados: Antón Menduiña – 800 m.l.__Simón Acuña – Martelo__Tomás Ocaña – 3000 m.l.
Relevos: 4×100 m.l.: 3º clasificados__4x400 m.l. (Antón-Angel-Tomás- Simón): 4º clasificados
IV MARCHA POPULAR ANDAR E CORRER – CONCELLO DE CANGAS
Este Domingo 11 de septembro, xuntaremonos na alameda vella, para un ano máis, escomenzar a marcha.
A partir das 10:00 da mañá poderanse retirar os dorsais e as 10:30 comenzará a marcha que consta de duas distancias: 4 km para os que queiran facer o percorrido andando, e 6 km para os que queiran facelo correndo
Como é unha carreira popular está aberta a todos os que queiran participar, incluso para aqueles que queiran dar un paseo.
O finalizar a marcha habrá un sorteo de agasallos entre todos os participantes
Participa e pasao ben!!
SALIDA A AQUAPARK: NOVO DÍA, VENRES 15 XULLO
En vista da previsión do mal tempo para o venres 8, a xunta directiva do club, cambiou o día, deste venres para o venres 15. Esperamos que ese día o sol quente as terras de Cerceda, sen ninguna nube que se interponga e así todos podamos disfrutar dun magnífico día.
Esperamos que disculpen as molestias que este cambio haxa causado

Debe estar conectado para enviar un comentario.