ATLETAS DESTACADOS TEMPADA 2010- 11

¿Eres un atleta destacado? ¿Fáltache  algún podium ou récord? ¿Fuches componente dalgunha  selección galega?¿Tes dúbidas? Pois consulta o listado desta tempada e comproba se todo está ben, senón ponte en contacto co Club e  correxiremos ese despiste.

Agora tes tempo. Non te olvides que a gala de atletas destacados é o próximo sábado 9 e cando lean o listado, senón estas ou faltache algo, xa non é momento de correxilo.

Contamos contigo.  Entre todos facemos que este Club sexa mellor !

CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Andujar, 2,3 de Xullo de 2011.

Este ano o campeonato promesa levounos a terras de Jaén, concretamente a localidade de Andujar, lugar xa coñecido doutras competicións.

Tivemos calor, moita calor, o noso termómetro non tiña números davondo para marcar a temperatura. Auga: consumíamos as botellas de dous litros en dous litros; o río Guadalquivir quedou case en seco.

A competición de 10 km marcha, na que participaba a nosa atleta Rebeca Obenza Otero, foi algo atípica: unha carreira nocturna que comezou as 21:45, e rematou as 22:40; ainda estaban as atletas na pista competindo e xa tiña todo recollido a organización, e entregados todolos premios.

O nivel da competición foi moi elevado, por unha parte estaba a Campiona de España Absoluta, JuliaT. que é de categoría promesa, e por outra parte tres atletas máis xogandose unha praza para as Competicións Europeas, e logo o resto. A campiona levaba un ritmo” moi alegre”.

A partir da segunda volta notouse a calor, a pesar de ter escurecido, e o consumo de auga polas atletas foi constante volta a volta, casi esgotan a provisión.

Rebeca Obenza rematou a competición nun exelente 5º posto, sendo o seu mellor resultado nuns campionatos de España, o ano pasado acadara a 7ª posición no campionato junior

GALA ATLETAS DESTACADOS, ASAMBLEA XERAL E CEA DE FIN DE TEMPADA

A  Xunta directiva do Club Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitaros á Gala de Atletas Destacados que terá lugar o vindeiro Sábado 9 de xullo ás 17:00 no salón de plenos do Concello de Cangas  

Ao remate deste acto o Club celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria na que poden participar todolos socios. 

Recordámoslles que tamén se poden apuntar a CEA que terá lugar esa mesma noite chamando o telf. 669748168 

Aproveitamos a ocasión para enviarlles

ASAMBLEA XERAL

Cangas, 01 de Xulio do 2011

  Convócase a tódolos socios/as a Asamblea Xeral ordinaria que terá lugar no salón de Actos do concello de Cangas o vindeiro día 9 de Xulio as 18:00 horas en primeira convocatoria, e ás 18:30 en segunda convocatoria, coa seguinte,

ORDE DO DÍA:

  • Lectura e Aprobación(si procede) da Acta da Asamblea anterior.
  • Resumo dos resultados da Tempada 2010-2011.
  • Lectura e aprobación do estado de contas.
  • Ampliación da xunta directiva.
  • Axuda para o transporte.
  • Rogos e preguntas.

Esperamos a sua asistencia

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA O AIRE LIBRE

Castellón 25-26 xulio 2011

Este fin de semana celebrouse en Castellón o Campionato de España para a categoría cadete por individual. Catro atletas do noso club participaron, Pablo Castro e Raquel Villa en lanzamento de peso e disco, Antía Román en lanzamento de xavalina e peso e Mar Chillón en  3 km marcha

Na primeira xornada os nosos atletas  obtiveron dúas medallas de bronce , Raquel subiu o podium  pola medalla de lanzamento de peso e Pablo pola de lanzamento de disco. Antía en lanzamento de xavalina quedou 7ª  e en lanzamento de peso  quedou 13ª.

O día seguinte tamén  conseguíronse dúas medallas. Nesta ocasión unha de prata a acadada por Mar nos 3 km marcha e a de bronce obtida por Pablo no lanzamento de peso. Raquel acadou a 11ª posición no lanzamento de disco.

A federación española ten colgado na páxina os resultados desta competición e os videos, por si queredes ver a actuación dos nosos atletas. A destacar o final dos 3 km marcha femeninos, onde todo ocorre baixo a atenta mirada dunha xuíza. Por si tendes curiosidade, podedes velo  aquí  http://www.youtube.com/watch?v=TebTQmqybVc

Noraboa a todos!!!

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR E PROMESA EN PISTA

Vigo, 18 de xuño de 2011.
Tres foron as medallas conseguidas polos atletas que representaban ó Vila de Cangas neste campionato, repartidas comosegue:

Rebeca Obenza Otero trouxo un ouro pola sua participación nos 5km marcha; Mónica Cabirta Gutiérrez e Juanma Novo Pardavila trouxeron cadansúa medalla de prata nas probas de 100e 110 m. valados, respetivamente.
Tamén meritoria foi a participación de Carlos Fraga Lemos que rematou no 4º posto nos 100 m.l.

 Angel Menduiña Gutiérrez foi  o que máis metales trouxo para a casa, pois consegui a prata en altura e o bronce en marcha .

Daniel Choren Castro chegou 5º nos  200 m.l.

Campeonato Galego Pista Benxamín-Alevín

Santiago de Compostela 18-06-11, en xornada de maña se celebrou o Campeonato Galego en pista para as categorías benxamín e alevín. O redor das 10’30 horas comenzou a competición e rematou cerca das 15’00 horas. Cada atleta podía disputar un máximo de duas probas, sempre e cando acadase a marca esixida. A analise global da competición foi a seguinte 6 medallas de ouro, 8 medallas de prata e unha medalla de bronce. En particular destaca a nosa benxamín Ariadna Gil que quedou Campeona Galega nas duas probas que disputou, 1000 m.l. e 50 m.l. Os demaís primeiros postos tamen se repartiron entre a categoria benxamín sendo en Marcha para Valeria Fernández, en Peso Valeria Rodriguez, Sandra Souto en salto de lonxitude e Anton Iglesias en 500 m.l.

ResultadosBenxamínAlevín

Os demaís resultados dos nosos atletas foron os seguintes:

Lois Arca 12º lonxitude
Anton Iglesias 1º 500 m.l. e  6º 50 m.l.
Ariadna Gil 1ª 50 m.l. e  1ª 1000 m.l.
Alba Guimerans 8ª peso
Ana Piñeiro 2ª marcha
Irene Menendez 2ª Lonxitude e  6ª 50 m.l.
Seguir leyendo

NOVOS RECORDS PARA PABLO CASTRO E MAR CHILLÓN!!!

ATLETAS DO VILA DE CANGAS COA SELECCIÓN GALEGA CADETE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

O sábado 11 de Xuño, celebrouse en Valladolid o Campionato de España por autonomías. Estaban convocados cinco atletas do noso club pero Raquel Villa, actual campiona de España en lanzamento de peso en pista cuberta e campiona galega o aire libre, non pudo asistir por baixa por enfermidade.

Temos que felicitar novamente a Mar Chillón e a Pablo Castro que voltaron a batir os récodrs galegos que eles mesmos fixeran no Campionato Galego Cadete. Ambos quedaron segundos, Pablo lanzou o peso a 16.15 m. e Mar parou o crono en 14:50.34 min.

Antía Román lanzou a xavalina ata 33.53 m. Sara Villar clasificouse para a final dos 100 m valados, na que rematou 10ª cunha marca de 16.96 min.

A selección Galega quedou 5ª coa mulleres e 6ª cos homes. Noraboa a todos!!!

CAMPIONATO GALEGO CATEGORÍA CADETE

Ferrol, 28 Maio 2011
Esta foi unha magnífica xornada, na que os nosos atletas conseguiron dez pódiums e dous récords gallegos. Mar Chillón, por terceira vez, conseguiu batir un récord, esta vez na proba de 3 km de marcha cunha marca de 14.54.12 min. Para Pablo Castro xa é a quinta vez que o consegue. Esta vez lanzou o peso de 4kg ata 15,61m.

As 7:45 xuntámonos todos para coller o minibús que nos ía levar ata Ferrol. A competición empezou de maneira excelente, con Mar Chillón entrando a primeira, levando unha pouca ventaxa sobre a suas compañeiras, e batindo un récord. Mentras Mar marchaba, Pablo Castro competía en martelo e obtivo unha nova marca persoal que o levou a conseguir a medalla de prata.

Mentres todo isto ía pasando oeuse por tódala pista “Os da ambulancia que se achegen a zona da pertega”. Todos os do club voltamos a vista para alí, desenxando que non fora pola nosa atleta, Noelia Cousiño, que se ía a estrenar nesa modalidade, e que estaba quentando con moitas ganas. O final, torcera un pé, polo que non poido competir. Agora desexámoslle que ese pé, que ten renegrido por tódolos lados, se cure moi rápido para que poda voltar á competición

O resto da xornada foi transcurrindo con máis ou menos éxitos recoñecidos (medallas), con máis ou menos nervios, pero tódolos atletas loitaban por mellorar a marca persoal que os levara ata o pódium ou ata a previa do campionato de España por clubes

Así como Patricia Abal terminou de correr a final dos 600 m.l., recollemos todo, xa que había moita presa por voltar a casa, pero non para contar como nos fora, senón polo partido que se estaba xogando. No bus, uns con máis nervios que outros, viñamos cantando os goles do Barça. Chegamos a tempo de mirar os últimos minutos, o que supuso un bo remate para este día tan exitoso

Os pódiums foron
– Pablo Castro ouro no lanzamento de peso, prata no de martelo e bronce no de disco
– Antía Román Ouro no lanzamento de xavalina e bronce no de peso
– Raquel Villa ouro no lanzamento de peso e bronce no de martelo
– Mar Chillón ouro nos 3 km de marcha
– Alexia Vidal bronce no salto de altura
– Sara Villar bronce nos 100 m valados

Outros resultados foron:
– Alexia Vidal 4ª en lonxitude
– Ana Antepazo 12ª en 1000 m.l.
– Ana Bermúdez 8ª en 1500 m obstáculos
– Carla Bernárdez 4ª en peso e disco e 7ª en martelo
– Eva Otero 15ª nos 300 m.l. e 20ª nos 600 m.l.
– Johana Villar 5ª en martelo e 9ª en peso
– Julia Alonso 14ª nos 100 m.l. e 21ª en 600 m.l.
– Patricia Abal 7ª nos 600 m.l
– Talía García 4ª en xavalina, 5ª en peso e 6ª en disco

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA O AIRE LIBRE CATEGORÍA INFANTIL

Sabado 21 Maio, pistas de Monterrei, Ourense

Este galego foi pola tarde en Ourense. Tivemos que coller o autobús un pouco cedo por ter que pasar a recoller os rapaces do San Narciso e os do club de Cuntis en Pontevedra.

A tarde calurosa e cambios do horario fixeron que os rapaces estiveran un pouco máis nerviosos do normal. Neste campionato competíase de forma individual ou nas probas combinadas, polo que a pista estaba máis concurrida do normal.

10 medallas foron as que conseguiron os atletas do Vila de Cangas. Oscar Broullón volveu con tres medallas, dúas de ouro (lanzamentos de peso e martelo) e unha de prata en lanzamento de disco. Raúl Dacosta conseguiu dúas medallas, prata en 80 m.l e bronce en lonxitude. Noa Rouco voltou con dous bronces conseguidos en 80 m.l. e 500 m.l.

Outros medallistas foron: Paula Martínez, ouro en 80 m. valados, Anxo Rodas, prata en lanzamento de peso e Patricia Torres, bronce en lanzamento de peso.

Outros resultados:
4º Anxo Rodas – Xavalina
5ª Noa Rouco – Lonxitude
5ª Noa García – 3 km Marcha
5º Raúl Dacosta – Triple
7ª Paula Martinez – Altura
8ª Melani Conde – 1000 m.l.
8ª Paula Martinez – Lonxitude
10ª Noelia Graña – Triple
12ª Noelia Graña – 150 m.l.
Nulos – Noa García – Pértiga

II CRITERIUM DE MARCHA – MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

Martes 17 de Maio 2011 (Día das letras Galegas), Cuntis.

Esta foi unha tarde moi emocionante. Podemos dicir que en xeral tódolos nosos marchadores fixéronno moi ben, e isto foi recompensado cun posto no pódium ou mellorando a marca

As primeiras en competir foron as benxamíns cun percorrido de 1 km, Valeria Fernández foi a primeira en entrar na meta obtendo un bo rexistro. Uns metros máis atrás viña Valeria Rodríguez loitando pola segunda posición, pero rematou terceira.

Nos 2 km, Andrés Obenza obtivo a terceira praza do pódium tras facer unha boa carreira, na que demostrou que sabe facelo moi ben.

Os 3 km foi unha das carreiras máis numerosas, competiron as rapazas cadetes e todos os infantiles. Este foi o turno de Mar Chillón, demostrou que por algo é a subcampiona de España. Foi destacada en toda a carreira e non tivo problemas para ser a gañadora. Noa García tamén marchou nesta carreira e aínda que non tivo un posto no pódium, conseguiu mellorar moito a súa marca.

Na última carreira saíron xuntos os 5 e os 10 km. A primeira en chegar foi Iria Piedras, xa que tiña que percorrer 5 km, rematou conseguindo o segundo posto no pódium. O primeiro en rematar os 10 km dos nosos atletas foi Angel Menduiña, sendo o terceiro da súa categoría. E antes de que pasaran tres minutos, entraba Rebeca Obenza, quen loitaba para conseguir a marca que lle permitira ir o campeonato de España. Non pudo ser nesta ocasión pero foi a segunda das promesas

Dende logo non se pode negar que fose unha magnífica xornada, foron 8 atletas e voltaron con 2 Ouros, 2 pratas, 3 bronces e 1 boa marca.

Resultados :
1 km: Valeria Fernandez – Ouro – 6:12 m.
Valeria Rodriguez – Bronce – 6.45 m.
2km: Andrés Obenza – Bronce – 12:59 m.
3 km: Mar Chillón – Ouro – 15:18 m.
Noa Gracía –4ª – 17:39 m.
5 km: Iria Piedras – Prata – 30.36 m.
10 Km: Angel Menduiña – Bronce – 54:50 m.
Rebeca Obenza – Prata– 57:24 m.