Valladolid, 24 Septembro 2011
O sábado fómonos moi cedo nun autobús cargado de moitas ilusións e sabendo que as atletas ían a disfrutar deste campionato. Xunto co Lucus, eramos os dous clubs galegos que participaban nesta fase previa. Aproveitamos a ocasión para darlles as rapazas do Lucus a copa que lles correspondía por ser elas as campionas galegas por equipos
Non poidemos contar coa axuda de ningunha filial, polo que fomos con 16 cadetes, tódalas que hai no club. Todas, xa foran mellores ou peores, fixeron que se poidera ir a este campionato mentras que outros clubs quedáronse na casa. Por desgracia non poidemos cubrir tódalas probas, facíanos falta polo menos unha rapaza máis.
Algunha rapaza estivo máis nerviosa do habitual, pero a pesar de todo fíxose o que se poido.Mar, Raquel e Talía gañaron as súas probas, marcha, peso e disco. Antía, quen ía lesionada e tiña que lanzar de parado, non poido resistir a tentación de dar tres pasiños, que lle permitiron alcanzar a segunda posición. Sara logrou quedar terceira nos 100m.v. Non cubrimos a proba de 300 m.v. e Noelia que ía lesionada, non foi capaz de batir e saltar, polo que non puntuamos en pértega. Foi unha mágoa que nos anularon o relevo de 4×300 m.l.
Finalmente rematamos séptimas, pero a nivel de España quedaron outros equipos por debaixo do noso. Este equipo será pequeño pero inda se fai notar. Felicidades campionas!!!!
1ª: Mar Chillón – 3.000m Marcha…… Raquel Villa – Peso….. Talía García – Disco
2ª:Antia Roman – Jabalina
3ª: Sara Villar – 100m vallas
4ª: Estela, Eva, Sara y Carla – Relevos 4x100m
5ª: Alexia Vidal – Altura ….. Ana Antepazo – 300m….. Ana Bermudez – 1.500m Obst. ….. Johana Villar – Martillo
6ª:Esmeralda Corredoira – 3.000m ….. Estela Costas – 100m …… Patricia Abal – 600m
7ª: Carla Bernardez – Longitud ….. Eva Otero – Triple Salto …… Julia Alonso – 1.000m
Descalificadas: Ana, Alexia, Julia y Patri – Relevos 4x300m
Sin marca: Noelia Cousiño – Pertiga