CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Salamanca, 8 e 9 de marzo de 2025

 

     Importante representación de amarel@s no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20. O coche de Ramilo viaxou cargado con tres atletas e todo o necesario para encarar un heptathlon. Para Salamanca marcharon o venres e nesa cidade estreabase Diego Martínez nun Nacional de combinadas, tamén estreamos equipación (xa veredes que fotos máis chulas). A compañia eran Gema Dacosta, que concursaba no lanzamento de peso e Mauro Vázquez, quen lideraba a velocidade en Galicia. Coas sete probas das combinadas máis as probas clasificatorias a saude do adestrador viuse resentida, neste caso o fin xustifica os medios. Este foi o paso de Diego polo heptathlon, non foi a súa mellor puntuación, pero si unha competición épica onde tivo que loitar cunha contractura na perna e sacou adiante as sete probas. Non imos decir o que puido ser de non estar mancado, agardamos que poida dicilo na pista en vindeiras probas. Sendo obxectivos houbo melloras en varias marcas persoais, agora toca descansar e recuperar ben.




     Gema Dacosta colouse na final do lanzamento de peso accedendo aos postos de mellora, as marcas foron discretas pero finalmente arañou un magnifico 7º posto.



     Mauro Vazquez melloraba a marca para ir pasando as semifinais do 60 m.l., por duas veces correu en 6.89. Gracias a iso colouse na final, e vaia final, o primeiro rebaixou o record de España e Mauro mellorou o RECORD GALEGO Sub 20. Rematou 6º  cun tempo de 6.82s.



   Poideramos tirar de superstición e dicir que as equipacións novas lle deron sorte, pero somos realistas e sabemos todo o traballo que hai detrás.



  Para rematar pensamos que non lle deu moito tempo de facer turismo por Salamanca…habera que volver.

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA CUBERTA

Ourense, 09 de marzo de 2025

     Despois do sábado voltamos o domingo a Expourense, ainda tiñamos os asentos quentes e comezabamos outra xornada, a diferenza da anterior esta era «non stop». O peche da tempada indoor prometía entretido no CAMPIONATO GALEGO SUB 14.



    Ampla participación amarela con tres atletas na sección masculina e nove mulleres. Nos primeiros destacamos o titulo de CAMPION GALEGO de lanzamento de peso para Alejandro Fernández, con MMP, e tamén un 10 º posto nos 60 m.l. Daniel Cordeiro amosouse moi regular cun 4º posto na lonxitude (MMP) e 5º na carreira de 1000 m.l. Brais Garcia pechou a representación masculina cun 32º posto nos 500 m.l.



     Nas mulleres destacou o doblete acadado por Emma Collazo, CAMPIOA GALEGA de 500 m.l. e SUBCAMPIOA en triple salto (MMP). Elodie Graña acadou o BRONCE na final dos 60 m.l. (MMP) e rematou 8ª no concurso de lonxitude (MMP). Sofia Capelo foi 4ª en triple salto (MMP) e 11ª na lonxitude (MMP). Aroa Flogia foi 7ª na final de peso (MMP). Noa Pedrido rematou 15ª en 500 m.l. e 13ª no peso (MMP). Vera Boubeta finalizou 16ª na proba de 2000 m.l. Maria Marcos foi 15ª nos 60 m.l. e 9ª na lonxitude (MMP) Iria Fernández rematou 24ª na lonxitude e 15ª nos 60 m.v.  Carla Salgado foi 24ª nos 60 m.l. e 13ª nos 60 m.v.



     Tras esta intensa fin de semana temos que decirlle un «ata pronto» a nosa querida pista de Expourense, ainda nos queda contar a competición dos SUB 20 por terras salamantinas

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA

Ourense, 08 de marzo de 2025

     A nosa particular peregrinaxe a pista de Expourense tiña esta fin de semana un punto de inflexión. Comezabamos o sábado co CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12. A xornada de maña estivo reservada para a categoría benxamín. Nas probas masculinas competiron Samuel Lorenzo, 8º en 1000 m.l., con MMP e 36ºnos 50 m.l., Laurent Graña acadou o BRONCE no concurso de lonxitude acompñado dunha MMP e foi 5º nos 1000 m.l. tamén con MMP,, que máis lle podemos pedir, menudos atletas.



    Na sección feminina destacar o BRONCE acadado por Anxela Caballero nos 1000 m.l. con MMP ademáis de ser 11ª na lonxitude (MMP), Elba Cordeiro pechou a participación amarela, rematando 13ª nos 50 m.l. e 20ª na lonxitude.



    Despois dun parón para comer continuaba a xornada coa categoría alevín, na sección masculina participaron Alex Carballo, 9º en lonxitude (MMP) e 20º nos 60 m.l., Xose González 37º nos 60 m.l., Adrián Calvar foi CAMPION GALEGO nos 500 m.l. (MMP) e 6º no concurso de lonxitude (MMP). As mulleres estiveron representadas por Mar Fazanes 11º no peso e 22ª nos 1000 m.l., Sara Barros 17ª nos 60 m.l., Claudia Romero 13ª na lonxitude (MMP) e 37ª nos 500 m.l. (MMP)



     Demos remate a xornada do sábado co pensamento posto no domingo coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 14…toca dormir en Ourense.


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 PISTA CUBERTA

Valencia 1 de marzo de 2025

     Ata Valencia nos achegaba o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 . Ali viaxaron Leire Fonseca e o seu adestrador Ramilopor diante unha finde semana na que o millorciño do atetismo na categoria xuvenil se daba cita no Palacio Velodromo Luis Puig.  A proba na que competia a atleta amarela, os 200 m.l., contaba cunha quenda inicial na que se pasaban por postos. Non puido acadar o pase Leire Fonseca e co tempo 25,64 s. quedou apeada da competición. Boa experiencia que de seguro tendrá continuidade.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 22 de febreiro de 2025

 

     Outro capítulo máis da Pista Cuberta que nos leva ata Expourense. Foi a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 onde presenciamos a evolución d@s cadetes amarel@s. Concretamente contamos coa presenza de Miguel Fernández 8º nos 60 m.l. e 5º no concurso de lonxitude, nun copía e pega de probas acompañouno Roi Rivas 18º nos 60 m.l. e 12º na lonxitude. A representación feminina viu da man de Antia Soto que foi 4ª no 60 m.l. cunha MMP incluida, 8.13 s máis outro 4º posto nos 300 m.l. Ana Oliveira foi 31ª nos 60 m.l. e 10ª no triple salto. En xeral moi boa actuación d@s amarel@s, están no bo camiño.



CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 16 de febreiro de 2025

 

     Outro día máis Expourense centraba a actividade atletica da Comunidade, o domingo foi o día do CAMPIONATO GALEGO SUB 20.  A colleita amarela podese definir coma moi proveitosa, neste caso as horas de traballo tiveron reflexo no Campionato. Mauro Vázquez foi CAMPION GALEGO de 60 m.l cunha MMP de 6.97 s..  Juan Gallego foi 18º no 60 m.l. e tamén mellorou marca con 7.88s.



     Cambiamos de proba, pero continuamos coa mellora de Carlos López nos 400 m.l. acadando o 5º posto cun tempo de 51.19 s. Carlos Corredoira foi 10º no 400 m.l. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO de salto de altura e lanzamento de peso, coma bo combinero tamén participou na pértega rematando 4º.



     Na sección feminina contamos con Gemma Dacosta que resultou CAMPIOA GALEGA de peso e Agata Rodríguez que acadou un BRONCE nos 60 m.v. Moitos parabens polo excelente Campionato, cando se sementa hai bos froitos.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 15 de febreiro de 2024

 

     Expourense convertese no mes de febreiro no lugar de peregrinaxe para @s atletas galeg@s. Esta fin de semana foi un claro exemplo co CAMPIONATO GALEGO SUB 18 que ocupou a xornada do sábado. A representación amarela  tivo nome de muller. Leire Fonseca non deixa de sorprendernos, neste caso cun doblete CAMPIOA GALEGA en 400 m.l., marcón incluido 59.79 s. e SUBCAMPIOA GALEGA de 200 m.l. cun tempo de 25.49 que supon mínima para o Campionato de España.



     Sara Marcos foi 6ª no 400 m.l. e 25ª no 60 m.l. Blanca Giráldez foi 25ª no 400 m.l. e 34ª no 200 m.l. Antia Baqueiro acadou o posto 24º no global dos 400 m.l. Parabens para as atletas e adestrador…imos a polo domingo


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 09 de febreiro de 2025

 

    Ata a peninsula do Barbanza tocoulle o desprazamento da única representante amarela na esixente disciplina da marcha atlética. A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA, onde participou Vera Boubeta acadando un meritorio 10º posto nos 3 kms da categoria SUB 14 feminina.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Ordes 08/02/2025- O Barco 09/02/2025

 

    Tivemos representación no CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS nas categorias SUB 16 e SUB 20. Non tiveron a mesma sede nin a mesma data. Diego Martínez desprazouse ata Ordes para lanzar o disco acadando unha marca de 35.91 m. e rematando SUBCAMPION GALEGO da categoria SUB 20.



   A sede que acolleu a categoria SUB 16 foi O Barco de Valdeorras, onde  concursou no lanzamento de xavelina Miguel Fernández, acadando o BRONCE e unha mellor marca de 33,91 m.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 2 de febreiro de 2025

     A competición de máis alto nivel de Galicia en Pista Cuberta celebrouse en Expourense. Xa podemos presumir de que o atleta máis veloz da Comunidade viste de amarelo. Non podía ser outro que Mauro Vázquezquen pasou con solvencia a final, cun tempo de 6,91s. e na proba raiña da velocidade baixo cuberta, os 60 m.l., ainda tivo marxe de mellora e venceu con 6,90 s. Acudirá ao Campionato de España SUB 20 coma Campión Galego Absoluto. Despois deste impresionate comezo salientar a participación de Dani Calvar, nas probas de 200 m.l. e 400 m.l. onde rematou nos postos 16º e 13º respectivamente. O combinero Diego Martínez foi 4º no concurso de altura e será outro membro da expedición amarela ao Campionato de España SUB20.



     As mulleres tiveron presenza no concurso de peso da man de Gemma Dacosta que rematou preto do podio no 4º posto. Antia Soto participaba nas esixentes series de 60 m.l. e acadaba o posto 19º no global da proba. Finalmente Leire Fonseca presentaba as suas credenciais no Absoluto cun 4º posto no 200 m.l. e un 5º posto no 400 m.l.