Aproveitando a parentese que nos brinda a tempada nos fomos, un luns de mediados de xullo, ata o Aquapark de Cerceda. Parece que esta convocatoria tivo bastante seguemento e poucas baixas, non houbo que recurrir as multas. Tras un día de xogos e convivencia sacamos esta foto de grupo que compartimos con vos, unha forte aperta amarela.
O vindeiro luns 4 de xulloimos facer o tradicional viaxe o parque acuatico de Cerceda. O autobús sairá da estación de Cangas as 10:00 horas dese mesmo día. O coste da actividade será para os ATLETAS DESTACADOS (podio galego, España…) de 5 euros. Para o resto, entre 5 e 12 anos, 15 euros. A partir de 13 anos son 18 euros. Ide avisando para RESERVAR asentos no autobus. Xa contamos coa xente que se apuntou polos grupos de whatsapp.
Debe estar conectado para enviar un comentario.