Madrid, 4 de outubro de 2020
PREVIA CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE
As pistas do CGTD de Pontevedra acollen esta fin de semana o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acabase de publicar o listado definitivo de admitid@s nas probas a celebrar. Achegamos as listas de saida e os HORARIOS da camara de chamadas, non vos depistedes:
HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 14
RESULTADOS EN DIRECTO SUB 14
SUB 14 MASCULINO
- HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 1000 m. obst.
- BRAIS PINTOS, 150 m.l. e 500 m.l.
- DIEGO GARCIA, 3kms marcha.
SUB 14 FEMININO
- LUCIA GIL, 500 m.l. e triplo salto
- GORETTI CARBALLAL, 500 m.l. e salto de altura
- NEREA MALVIDO, 1000 m.l.
- SARA NERGA, 1000 m. obst.
- CLAUDIA CARCER, 80 m.v. e lanzamento de peso
- MARTA RUA, 220 m.v.
- HELENA BELLO, salto de lonxitude e salto de pértega
- IRIS MALVIDO, salto de pértega e 3kms marcha
- GEMA DACOSTA, lanzamento de peso e disco
HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 16
RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16
SUB 16 MASCULINO
- CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
- DIEGO MARTINEZ, 300 m.v. e salto de altura
- RUBEN LEMOS, salto de pértega
- MANUEL LEMOS, salto de pértega e xavelina
SUB 16 FEMININO
- AGATA RODRIGUEZ, 100 m.l. e 100 m.v.
- CARMEN FRAGA, 100 m.l.
- UXIA SANCHEZ, 600 m.l.
- NOA PIÑEIRO, 300 m.v.

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20
Nesta vindeira fin de semana vaise disputar no Estadio de Vallehermoso o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Os protagonistas Juan Piñeiro e Ariadna Gil, xa estiveron clasificados para o Nacional en Pista Cuberta, daquela en Sabadell polo mes de marzo foi das competicions canceladas pola pandemia. Teñen oportunidade de desquitarse na xornada do domingo 4 de outubro, Juan Piñeiro no concurso de lonxitude e Ariadna Gil no triplo. Parabens polo froito da constancia, e por suposto ao seu adestrador Ramilo.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICION EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBRE
A Coruña, 28-29 e 30 de agosto de 2020
O Estadio Universitario de Elviña foi testemuña da volta dos Campionatos Autonomicos. Durante tres días, de venres a domingo, disputouse o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBRE. Era importante materializar os adestramentos nunha cita desta calibre, @s amarel@s deixaron atrás atrancos varios, protocolos rixidos e imperdoables cambios de horario. Hai que tratar de voltar a normalidade e o Atletismo tiña que ser un exemplo. A colleita dos campionatos foi a seguinte:
Juan Piñeiro Campión Galego triple salto e lonxitude SUB 20, Ariadna Gil 1ª en triple salto e 2ª en lonxitude SUB 20.
Saray Amoedo Subcampioa Galega en lonxitude e triple salto SUB 23, Martin Souto 1º en 200 m.l. SUB 23, Daniel Calvar Campión Galego de pértega SUB 23.
Lope Quinteiro 2º 800 m.l. SUB 18. Ana Piñeiro 7ª na final de 200 m.l. e non pasou da semifinal nos 100 m.l. SUB 18 e Ana Cerqueira 5ª nos 100 m.v. e 4ª en 100 m.l. SUB 18 .
OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING
O venres 21 de agosto terá lugar o OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING. Será na Pista de Atletismo do Campus Universitario, a partir das 18:00 horas. Nesta importante proba competiran atletas dun nivel destacado e mesmo internacionais. Contaremos coa presenza de vari@s amarel@s nas seguintes disciplinas:
Saray Amoedo en lonxitude, Ariadna Gil lonxitude e 200 m.l., Martin Souto nos 200 m.l., Juan Piñeiro en lonxitude e 200 m.l., Lope Quinteiro en 800 m.l. e Ana Cerqueira nos 100 m.l.
RESULTADOS EN DIRECTO
VOLTA DAS COMPETICIONS
Hoxe, 7 de agosto de 2020, volta a competición oficial de atletismo a Galicia. No Estadio do CGTD de Pontevedra, a partir das 17 horas, disputarase o I CONTROL DE VERAN FGA «A VOLTA DO ATLETISMO GALEGO». Deste evento serán participes vari@s amarel@s. Ariadna Gil e Saray Amoedo retoman a competición no concurso de Triple Salto. Juan Piñeiro tamén concursará en Triple e máis nos 200 m.l. Martín Souto e Ana Cerqueiro participarán nos 100 m.l. Finalmente a atleta SUB 16 Noa Piñeiro competirá nos 300 m.v. Cumpre lembrar que esta competición esta precedida dun protocolo de medidas contra a propagacion do COVID 19, que son as seguintes:
MEDIDAS DE ACTUACION
Tamén estará restrinxido o acceso as Pistas e @s atletas teñen que achegar unha declaración responsable. Agardamos que estas medidas sirvan para dar continuidade a competición, de seguido amosamos un enlace para o seguimento desta proba.
RESULTADOS EN DIRECTO
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
O vindeiro sábado dia 08 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda o acto do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todol@s soci@s. Abordarase na ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA un tema de sumo interese, como é, a elección da nova Xunta Directiva , coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Elección de nova Xunta Directiva.
-
– Volta das competicions oficiais, tras ser aprobado o protocolo da FGA.
-
– Rogos e preguntas.

ELECCION NOVA XUNTA DIRECTIVA
Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:
O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.
O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 08 de xullo ata ó 08 de agosto. Este último día, 08 de agosto, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria no Salón de Plenos do Concello de Cangas, para elexir a nova directiva entre as propostas. O prazo de reclamacións será do 09 ó 11 de agosto.
É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.
Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Concelleria de Deportes e enviarase á prensa.

FASES DA VOLTA AOS ADESTRAMENTOS
O luns 25 de maio comeza a FASE 2. Nesta fase o número de integrantes dos grupos dos deportes permitidos ascende a 15, pero sempre respectando a natureza do deporte sen contacto. O deporte ao aire libre sofre un gran cambio xa que desaparecen as franxas horarias. Deste xeito, poderemos adestrar en rúas e parques a calquera hora, excepto nas franxas horarias reservadas para os maiores de 70 anos (de 10:00 a 12:00 da mañá e de 19:00 a 20:00 da tarde). No tocante ao Estadio Municipal de Atletismo de Cangas estan pendientes, por parte do Concello, de pasarnos información de cando e como se fará esa reapertura. Se presume que elaboraran unha normativa especifica para o desenrolo da actividade.
Achegamos o teletraballo de Calvar para esta quinta semana:
Luns
15 minutos trote+mobilidade+ costas de 50 metros , recuperación 2′ e 6′ (infantis 2 x 7- alevins 2 x 6+ benxamins 2 x 5) + 5′ soltar+ estirar
Mércores
15 minutos trote+mobilidade+ cambios 30» rápido e 1′ suave – infantis (15) alevins (12) benxamins (10)+ 5′ soltar+estirar
Venres
15 minutos trote+mobilidade+ infantis (3 x 300 + 3 x 200) alevins (2 x300 + 3 x 200) benxamins (1 x 300 + 2 x 200 ) recuperación 4 ‘ + 5 ‘ soltar+estirar

COMUNICADO DE CALVAR
Achegamos comunicado do adestrador Jose Calvar. Pensábades que vos iba deixar oxidar, pero non, estivo teletraballando. Nesta mensaxe marca unhas pautas para ir retomando as rutinas deportivas:
PLAN SEMANA 1
Luns
15 minutos trote+mobilidade+abdominais+lumbares+sentadillas-flexions+5 progresivos (50m)+2 minutos soltando+estirar
Mércores
15 minutos trote+mobilidade+skipping e multisaltos+saltos de rá+5 progresivos (50m)+2 minutos soltando+estirar
Venres
15 minutos trote+mobilidade+15 minutos de rodaxe de menos a máis+ 5 minutos de recuperación+5 progresivos (50m)+2 minutos de recuperación+estirar







Debe estar conectado para enviar un comentario.