Pontevedra, 26 decembro 2020
CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 19 de decembro de 2020
Voltou a Pista Cuberta ao calendario oficial das competicions. A instalación de Expourense acolleu as probas das categorías Sub 10 e Sub 12 en xornada de mañá e pola tarde participou a Sub 14. Este sábado disputaronse as probas propias deste Campionato agas as de fondo, que teran que agardar ao vindeiro sábado 26 en Pontevedra, alí se celebraran ao aire libre. En canto ao papel d@s amarel@s comezamos pola categoria Sub 10, na que tivemos representación no concurso de lonxitude, rematando Samuel Corrales 4º e Gabriel Fazanes 8º na final. Amaro Bastón acadou o 4º posto na final do peso, realizou un concurso de menos a máis e quedou a centimetros do podio. Nas mulleres, Leire Fuentes foi 5ª no peso e Emma Collazo 8ª no global dos 50 m.l. A categoria Sub 12 completaba a xornada coa lanzadora Noa Quinteiro acadando o Subcampionato Galego en peso, cun lanzamento de 9,03. Estela Raña rematou 6ª na final de lonxitude. Unai Ferral e Hugo Collazo foron a representación masculina nos 60 m.l. finalizando nos postos 12º e 15º, respectivamente.
A xornada de tarde reservouse para @s Sub 14. Dentro da sección feminina participaron sete atletas e deixaron a sua impronta nos concursos, tal foi así que no peso Gema Dacosta proclamouse Campioa e Claudia Carcer Subcampioa.
Na final de pértega Helena Bello foi 1ª e Iris Malvido 5ª. O concurso de triple salto tamén contou co Subcampionato Galego acadado por Lucia Gil e o 6º posto de Claudia Carcer. Na proba de 60 m.v. Gema Dacosta rematou 4ª e Marta Rua 18ª.
Goretti Carballal acadou o 8º posto na final de altura, o mesmo lugar que fixo Helena Bello na final de lonxitude. Hugo Domínguez puso o acento masculino da tarde, competiu nos 60 m.l. e finalizou no posto 30º.
O vindeiro sábado 26 de decembro daremos un digno remate a este Campionato, coas probas de fondo, ata enton desexarvos BOAS FESTAS e moito sentidiño.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14 DE PISTA CUBERTA
Este vindeiro sábado 19 de decembro a pista cuberta de Expourense acollera o CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORIAS MENORES. Alí daranse cita as mellores marcas das categorias SUB 10, SUB 12 e SUB 14. As probas de fondo (500 m.l., 1000 m.l. e 2000 m.l.) non se disputaran nesa data, seran o día 26 de decembro nas pistas do CGTD de Pontevedra. Achegamos información do evento, estade atentos aos horarios e a entrada en cámara de chamadas. Pola nosa parte actualizaremos a información da FGA neste enlace.
INFORMACION DO CAMPIONATO
SUB 10 HOMES
- GABRIEL FAZANES, 500 m.l. e lonxitude
- SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e lonxitude
- AMARO BASTON, peso
SUB 10 MULLERES
- EMMA COLLAZO, 50 m.l. e 500 m.l.
- AITANA BROULLON, 500 m.l.
- NAHIA PINTOS, 1000 m.l.
- LEIRE FUENTES, peso e 500 m.l.
SUB 12 HOMES
- UNAI FERRAL, 60 m.l. e 500 m.l.
- HUGO COLLAZO, 60 m.l. e 1000 m.l.
- MIGUEL FERNANDEZ, 1000 m.l.
SUB 12 MULLERES
- ERICA NOVAS, 60 m.l.
- NOAH PINTO, 500 m.l.
- ESTELA RAÑA, 1000 m.l. e lonxitude
- SABELA CASTELO, 1000 m.l.
- ANA CORDEIRO, 500 m.l.
- NOA QUINTEIRO, peso
SUB 14 HOMES
- HUGO DOMINGUEZ, 60 m.l. e 2000 m.l.
- BRAIS PINTOS, 1000 m.l.
- DIEGO GARCIA, 500 m.l.
SUB 14 MULLERES
- CLAUDIA CARCER, triple salto e peso
- LUCIA GIL, 500 m.l. e triple salto
- IRIS MALVIDO. 1000 m.l. e pertega
- NEREA MALVIDO, 2000 m.l.
- SARA NERGA, 1000 m.l.
- GEMA DACOSTA, 60 m.v. e peso
- MARTA RUA, 60 m.v.
- HELENA BELLO, pertega e lonxitude
- GORETTI CARBALLAL, 500 m.l. e altura

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE
Pontevedra 22 de novembro de 2020
As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE. Desta volta, co novo formato de ano natural, colleu aos marchadores tocando o fin da tempada. A esixencia e particularidade da marcha atletica estivo representada no tartan do CGTD por catro amarel@s. Sabela Castelo rematou CAMPIOA GALEGA na proba de 2000 m. da categoria SUB 12, cun tempo de 10:18.06.
Iris Malvido acadou a medalla de BRONCE, na mesma distancia da categoria SUB 14, con 10:46.47, a su irman Nerea Malvido fixo o 7º posto con 11:59.88. Diego Garcia participou na proba masculina de 2000 m SUB 14, cruzando a meta no 6º posto, cun crono de 12:38.27
MILLA SOLIDARIA ANEDIA
Pontevedra, 14 de novembro de 2020
As Pistas do CGTD en Pontevedra acolleron a VII MILLA SOLIDARIA ANEDIA. Para as categorías menores programaronse probas de 500 e 1000 m. De cara a limitación na participación foi realizado un sorteo que perfilou definitivamente as probas. Na categoria SUB 10 de mulleres, Emma Collazo foi 1ª, Nahia Pintos 3ª, Aitana Broullon 7ª e Leire Fuentes 12ª. Na categoria masculina Gabriel Fazanes foi 3º e Samuel Corrales 7º. Con estes tempos acadados nos 500 m.l. escalan postos no ranking galego da proba.
Na categoria SUB 12, repetiron distancia, as mulleres lideradas por Sabela Castelo 1ª, Noah Pinto 10ª e Zoe Fernández 12ª. Hugo Collazo venceu a carreira masculina, con Miguel Fernández 6º e Iker Rial 10º. Neste caso, aos vencedores, tamén lle supon liderar o ranking galego na distancia. Pechouse a participación coa carreira de 1000 m.l. na categoria SUB 14, onde Lucia Gil foi 9ª en feminas e os homes estiveron representados por Hugo Domínguez 1º e Brais Pintos 10º
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14
Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020
Esta pasada fin de semana, 24 e 25 de outubro, tivo lugar no Estadio de Vallehermoso en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 . O formato do mesmo son cinco tipos de triatlon, nomeados coas primeiras letras do abecedario. Por parte do noso Club competiron tres atletas. As pupilas de Calvar participaron en duas probas na xornada do sábado e o domingo remataron coa terceira. Tiveron unha temperatura fresca e a choiva apenás afectou as probas.
Destacar a medalla de Bronce acadada por Gema Dacosta no Triatlon D (80 m.l., peso e disco) cunha puntuacion total de 1514. Marcas (11.97 s -80 m.l., 11.14 mts- peso e 30.67 mts. no disco)
Iris Malvido foi 10ª no Triatlon E con 1449 ptos. As suas marcas foron (12.08 s nos 80 m.l., 18.45 mts na xavelina e 11:09.51 en 2000 m. marcha)
Claudia Carcer acadou o posto 19º no Triatlon A , sumando 1255 puntos (12.10 s en 80 m.l., 14.83 s nos 80 m.v. e 8.64 mts no peso )
Parabens polo Campionato, agardamos que sexa o primeiro de moitos.
PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE
A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICION EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Tarragona, 17 e 18 de outubro de 2020
Moi interesante se presentaba a participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. A proba na que ia participar, os 800 m.l., faise unha proba aberta a estratexia. O sábado 17 disputouse a semifinal, na que Lope partía co 3º mellor tempo. Pasaban os dous primeiros e os dous mellores tempos das quendas. Lope accedeu a final chegando no segundo posto, antes fixo unha lectura intelixente da carreira e progresou na recta final adiantando ata acadar o pase directo.
O domingo disputou a final, onde se topou cunha primeira volta moi conservadora. Foi quen de iniciar un ataque vertixinoso a falta de 400 metros. Estivo en postos de podio ata os derradeiros metros, finalmente foi 5º. ¿Mereceu máis? claro que si, nada que obxectar a unha estratexia, que de sair ben, sería encomiable.
CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 10 e 11 de outubro de 2020



















Debe estar conectado para enviar un comentario.