Ourense, 13 de marzo de 2021
O sábado de maña daba comezo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA en Expourense. Tería continuidade co CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS a disputar entre o sábado e o domingo, máis o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO que ocupaba a xornada do domingo. A representación máis numerosa era para este sábado e comezaba ben temprano, co concurso de triple salto, onde Lucia Gil remataba en 5ª posición na final, con 9,32 m. e mellora na marca persoal. Ao mesmo tempo Iris Malvido participaba na final de pértega, rematando sen marca ao non poder franquear o liston en 2,06. Nas series de 60 m.l. participaron Agata Rodríguez, con 8,72, Claudia Carcer con 9,00 e Carmen Fraga con 8,99. A que máis preto estivo de progresar a final era Marieta Lourido, con 8,64, que finalmente sería 9ª a só unha centesima dos postos da final. Juan Gallego tamén quedou nas semifinais do 60 m.l., con 8,39.
A xornada matinal remataba coa participación dos irmans Lemos na final da pértega. Ambos melloraron a sua marca, para Manuel Lemos, con 2,54 supuso a medalla de BRONCE. Ruben Lemos, con 2,44, rematou 4º.

