CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Málaga, 06 de xullo de 2024

   Ata terras malagueñas viaxou Gema Dacosta para medirse coas mellores lanzadoras do territorio nacional. O estado de forma da amarela levouna ata unha final de lanzamento de peso onde mantivo as pobilidades de medalla ata o remate, cun mellor lanzamento de 13.98 m acadou finalmente a medalla de chocolate. Moitos parabens polos froitos que deron o esforzo e a constancia, tanto para Gema coma para @s adestradores.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 06 de xullo de 2024

    As pistas do CGTD de Pontevedra volven a ter unha actividade salientable, este pasado sábado acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Alí acudiron vari@s amarel@s que estiveron liderados pola medalla de BRONCE que acadou Hugo Collazo na proba de 3000 m.l., nesta carreira acompañouno Marcos Rial que rematou no posto 12º.



    Brais Paz non progresou a final de 100 m.l. co 6º lugar que acadou na semifinal. Antia Soto foi quen de colarse na final dos 100 m.l. e acadar un magnifico 6º posto, tamén rematou 9ª nos 300 m.l. Na mesma proba de 300 m.l. participou Antia Baqueiro rematando 15ª.



    Miguel Fernández concursou na lonxitude, finalizando 5º e no lanzamento de xavelina, onde rematou 6º. As remudas do 4X100 masculino poñian o punto e final do Campionato, alí estiveron Hugo Collazo, Marcos Rial, Brais Paz e Miguel Fernández  marcando un tempo de 53.06 ocuparon o 6º posto.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

Lugo, 23 de xuño de 2024

  Os derradeiros coletazos das competicions ao aire libre nos levaron ata Lugo onde se disputaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Longa xornada na que destacou a participación feminina cun BRONCE en 150 m.l. para Ana Oliveira e outro para Lena Currás en lanzamento de xavelina. No lanzamento de peso Alejandro Fernández tamén acadou o terceiro posto.



FEMININO

  • SABELA MIRANDA, 6ª disco e 4ª peso
  • CARLA SALGADO, 9ª disco e 13ª 150 m.l.
  • VERA BOUBETA, 14ª 2000 m.l.
  • MARIA MARCOS, 14ª 220 m.v. e 22ª 80 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ, 23ª 220 m.v. e 11ª xavelina
  • ANA OLIVEIRA, 4ª triple, 3ª 150 m.l. e 6ª remudas 4X80 m.
  • NOA LORENZO, 17ª 80 m.l. e 6ª remudas 4X80 m.
  • EMMA COLLAZO, 15ª 150 m.l., 11ª 500 m.l. e  6ª remudas 4X80 m.
  • LENA CURRAS, 3ª xavelina e 6ª remudas 4X80 m.


MASCULINO

  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º peso e 7º martelo
  • DANIEL CORDEIRO, 9º lonxitude e 5º 1000 m.l.
  • ANGEL REFOJOS,  4º 500 m.l.

 

CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 A.L.

Pontevedra, 22 de xuño de 2024

       Posta de largo nas Pistas do CGTD de Pontevedra para acoller o CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 AO AIRE LIBRE. Neste caso foi Gema Dacosta participe da gran actuación da selección galega que estivo loitando polo podio durante unha emocionate xoranda. Finalmente foron CUARTOS  e a atleta amarela aportou un 7º posto no lanzamento de disco. Este combinado mixto pelexou ata o final e non temos máis que darlle os PARABENS a atletas e adestadores.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 15 de xuño de 2024

     Outra importante competición requería da nosa presenza nas Pistas de Balaidos. A proba máis importante a nivel autonomico en aire libre moveu un numeroso continxente de amarel@s. Imos comezar pola sección masculina que estivo encabezada pola medalla de BRONCE acadada por Mauro Vázquez nos 100 m.l., cun tempo na final de 10.71 s.



Pola mesma senda foi Diego Martinez que superou os 1,83 m. no concurso de salto de altura e rematou 3º. Na probas das remudas 4 X 100 m. participaron Mauro Vázquez, Diego Martínez, Carlos Corredoira e Martin Souto rematando nun tempo de 44,12 s na 3ª posición.



Nos 400 m.l. disputaronse varias finais das que foron participes Carlos López, 17º e Carlos Corredoira , 14º. Daní Calvar foi 5º na proba de 400 m.v. Tamén se presentou equipo nas remudas 4X400 m. composto por Dani Calvar, Carlos Corredoira, Carlos López e Diego Martínez que ao remate da proba foron descalificados.



    A sección feminina contou coa presenza de Marta Camaño nas probas de velocidade quedando na quenda das semifinais dos 100 m.l. sen progreso a final. Onde si progresou foi nos 200 m.l. acadando o 7 º posto na final. Gema Dacosta concursou no lanzamento de peso, rematando 4ª e tamén no lanzamento de disco, rematando 7ª.



    Presentouse equipo para as remudas 4 X100 m.  rematando no 5º posto con Agata Rodríguez, Leire Fonseca, Antia Soto e Marta Camaño. Na proba de 4X 400 m. correron Leire Fonseca, Iris Malvido, Nerea Malvido e Valentina Faye.  Parabens para atletas e adestradores por este magnifico Campionato.


 

 

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Vigo, 9 de xuño de 2024

    As pistas de Balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 A.L. Participaba na proba de 3000 m.l o atleta Raul Rial, quen cruzou a meta en segundo lugar e proclamouse SUCAMPION GALEGO na distancia.



    A sección feminina tivo máis participación encabezada polo doblete acadado por Gema Dacosta, 1ª en lanzamento de peso e 2ª no disco. Nas remudas de 4×100 m. acadouse un magnifico 5º posto con Marta Camaño, Lucia Gil, Leire Fonseca e Sara Marcos. Nas demáis disciplinas tamén competiron Lucia Gil, que non progresou a final de 100 m.l., quedandose na semifinal e acadando o 7º posto na final do salto de lonxitude. Marta Camaño foi 5ª na final de 100 m.l. e 4ª na final dos 200 m.l. Nerea Malvido e Blanca Giraldez remataron 20ª e 22ª respectivamente nos 400 m.l



CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 8 de xuño de 2024

 

   As pistas do Campus de A Elviña acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE, ao longo de toda a xornada foron competindo nas diferentes disciplinas atleticas. Por categorias imos resumir a participación amarela comezando pola categoria SUB 10 masculina.

    Xose González foi 11º nos 50 m.l., 15º na lonxitude e 9º no relevo 4×50 m., Lucas Figueroa rematou 25º nos 50 m.l. e 9º no relevo 4×50 m., Samuel Lorenzo foi 10º nos 1000 m.l. e 9º no relevo 4×50 m. completou a sección masculina Adrián Capelo participando do 9º posto do relevo 4×50 m.



     A sección feminina SUB 10 estivo representada por Claudia Romero, 9ª 50 m.l., 7ª lonxitude e 6ª no relevo 4×50 m, Elba Cordeiro, 22ª 50 m.l., 14ª 500 m.l. e no relevo 4×50 m., Anxela Caballero, 9ª nos 1000 m.l., 16ª na lonxitude e no relevo 4×50 m. Martina Sotelo pechou a perticipación feminina cun posto 16º no peso e no relevo 4×50 m.



    A participación na categoria SUB 12 foi sensiblemente máis numerosa destacando na sección masculina o SUBCAMPIONATO GALEGO en lanzamento de peso acadado por Alan Malvido. Brais Garcia foi 6º nos 1000 m.l. 12º en pelota e 9º no relevo 4×60 m., Hugo Lorenzo 28º nos 1000 m.l. e 9º no relevo 4×60 m., Adrián Calvar foi 4º nos 500 m.l., 19º na lonxitude e 9º no relevo 4×60 m., para rematas cos homes Alex Carballo foi 23º nos 60 m.l., 15º na lonxitude e 9º no relevo 4×60 m.



   A sección feminina foi a que acadou máis premiacións destacando a atleta Elodie Graña, que subiu ao podio nas tres probas nas que participou, sendo CAMPIOA GALEGA nos 60 m.l., SUBCAMPIOA GALEGA en lonxitude e nos relevos 4x 60 m. Sofia Capelo foi 41ª nos 60 m.l., 30ª nos 500 m.l. e 2ª no relevo 4x 60 m.l., Camila Enríquez foi 51ª nos 60 m.l. e 5ª en altura, Noa Pedrido foi 8ª 500 m.l., 7ª en peso e 2ª no relevo 4x 60 m.l., Mar Fazanes foi 31ª en 500 m.l. e 14ª en peso, Nora Parcero foi 7ª en 1000 m.l., 6ª en lonxitude e 2ª no relevo 4x 60 m.l.,  Sara Barros rematou 17ª en pelota e Sofia Corrales 23ª na mesma proba.



 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 10 – SUB 12 e SUB 14

Vigo, 25 de maio de 2024

     Cita nas pistas de Balaidos das categorias participantes no programa XOGADE de pista ao aire libre. Coas obras no estadio do CGTD en Pontevedra unificouse unha longa xornada que competian benxamins e alevin pola maña e os infantís en xornada de tarde. Esta fase provincial achegounos moitas premiacions tanto nos equipos coma de forma individual. a continuación detallamos aos verdadeir@s protagonistas e a sua mellor aportación cos resultados acadados.



SUB 10 MASCULINO

  • LUCAS FIGUEROA,  6º 50 m.l. , 10 º lonxitude e 15º remudas
  • TIAGO SAIZ, 20 º 50 m.l., 11º pelota e 15º remudas
  • XOSE GONZALEZ, 4º lonxitude, 7º 400 m.l. e 1º remudas
  • SAMUEL LORENZO, 15º lonxitude, 11º 400 m.l. e 1º remudas
  • ADRIAN CAPELO, 21º lonxitude, 26º 400 m.l. e 15º remudas

SUB 10 FEMININO

  • MARTINA SOTELO, 10ª peso, 16º 50 m.l. e 15º remudas
  • CLAUDIA ROMERO, 3ª 50 m.l., 3ª lonxitude e 1º remudas
  • ANXELA CABALLERO, 8ª 400 m.l., 16ª lonxitude e 1º remudas

 

SUB 12 MASCULINO

  • ALEX CARBALLO, 3º lonxitude, 10º 50 m.l. e 8º remudas
  • ADRIAN CALVAR, 4º lonxitude, 2º 500 m.l. e 8º remudas
  • ALAN MALVIDO, 1º peso
  • BRAIS GARCIA, 7º 500 m.l., 7º pelota e 1º remudas
  • HUGO LORENZO, 17º 500 m.l.

SUB 12 FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ , 5ª altura, 10ª 60 m.l. e 8ª remudas
  • SOFIA CORRALES, 13ª marcha e 11ª pelota
  • ELODIE GRAÑA, 1ª lonxitude, 1ª 60 m.l. e 1ª remudas
  • SOFIA CAPELO, 8ª lonxitude, 6ª 60 m.l. e ª remudas
  • NORA PARCERO, 2ª lonxitude, 5ª 500 m.l. e 1ª remudas
  • SARA BARROS, 13ª 60 m.l. e 5ª pelota
  • NOA PEDRIDO, 6ª 500 m.l., 3ª peso e 1ª remudas
  • MAR FAZANES, 21ª 500 m.l. e 15ª peso


SUB 14 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS, 4º 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 80 m.v., 3º lonxitude e 2º remudas 
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 2º peso e 8º remudas

SUB 12 FEMININO

  • CARLA SALGADO, 8ª 80 m.v., 5ª disco e 2ª remudas
  • EMMA COLLAZO, 7ª 80 m.l., 4ª lonxitude e 2ª remudas
  • ANA OLIVEIRA, 6ª 80 m.v., 1ª lonxitude e 2ª remudas
  • IRIA FERNANDEZ, 13ª 80 m.v., 4ª xavelina e 8ª remudas
  • NOA LORENZO, 13ª 80 m.l., 6ª altura e 8ª remudas
  • MARIA MARCOS, 23ª 80 m.l., 6ª disco e 8ª remudas
  • SABELA MIRANDA, 2ª peso
  • VERA BOUBETA, 8ª disco e 6ª marcha
  • LENA CURRAS, 2ª xavelina


 

XORNADA ATLETISMO BASE

Cangas, 19 de maio de 2024

 

     Domingo, primaveira, sol e moita xuventude encheron as pistas de ledicia, de gañas de competir, superación e compañerismo. Pois pasan os anos e o espirito segue sendo o mesmo, achegar o atletismo aos máis @s. De feito, menud@s atletas, tanto na pista coma no seu comportamento. Coma ben sendo costume as categorías máis xovenes foron as máis numerosas entres @s participantes. Pouco a pouco xa imos camiño da 30ª edición, alí vos agardamos.



MINI BENXAMIN HOMES

MARTIN PEREZHUGO MENENDEZ  IZAN GRANDALLIAM PRIETOGABRIEL PAREDES

MINIBENXAMIN MULLERES

ALICIA COSTA  2ª GALA CANCELASVERA CURRODANIELA PAZVERA COUSO



BENXAMIN HOMES

NICO CAMINO XOSE GONZALEZ  3º IAGO PEREZ  4º SAMUEL LORENZO  MARCO PEREIRA

BENXAMIN MULLERES

CLAUDIA ROMERO  2ª ALUHE MAGDALENO  3ª  SARA CAMINO  4ª  ELBA CORDEIRO  MARTINA SOTELO


 


ALEVIN HOMES

ADRIAN CALVARBRAIS GARCIAHUGO LORENZOALEX CARBALLO

ALEVIN MULLERES

NOA PEDRIDO  2ª NORA PARCEROELODIE GRAÑASOFIA CAPELOMAR FAZANES


 

CAMPIONATO GALEGO SUB 12 EQUIPOS

O Barco, 17 de maio de 2024

 

     A capital da comarca de Valdeorras acolleu o Campionato por equipos para as categorias menores contando coa participación da sección feminina na categoria SUB 12.  Agardaba unha longa viaxe ata a Pista de Calabagueiros onde o combinado alevín realizou un notable traballo de equipo. Finalmente acadouse un 6º posto con 89 puntos, pero de poder puntuar en todas as probas o podio sería unha realidade. Ainda con baixas poñer en valor o traballo feito por  Camila Enriquez rematando o salto de altura en 5º lugar. Sara Barros foi 9ª no lanzamento de pelota, Nora Parcero rematou 5ª en 1000 m.l. e 3ª nas remudas, Noa Pedrido foi 4ª en 500 m.l. e 3ª nas remudas, Elodie Graña rematou 1ª nos 50 m.l. e 3ª nas remudas, Sofia Capelo foi 7ª e 3ª nas remudas, Mar Fazanes pechou a representación amarela cun 5º posto no lanzamento de peso.  Parabens pola loita, disto saimos máis fortes.