PRESENTACION TEMPADA 2026

Cangas, 7 de marzo de 2026

      Chegou un intre especial na familia do Vila de Cangas. Sábado de tarde no Salón de Plenos do Concello de Cangas demos acollida a Autoridades, atletas, familiares, simpatizantes, socios e pode que algún curioso. A ocasión merecia unha foto da familia amarela, tradicionalmente e o acto da comezo a PRESENTACION OFICIAL dos EQUIPOS da presente tempada 2026.



     De seguido fomos detallando os diferentes equipos de máis a menos xovenes, por esa orde de chamada foron pasando e posando. Encheuse o Concello de cor amarela, de enerxia de futuro e ilusions atléticas.



    Contamos coa presenza da Vicepresidenta da Deputación, a Alcaldesa de Cangas, o Concelleiro de Deportes, o Xefe do Servizo de Deportes Provincial en representación da Xunta de Galicia. Coma invitados dous membros da nosa familia, Ariadna Gil e Juan Piñeiro. Dous atletas formados na casa, neste caso enriquecen o grupo de adestramento coa sua experiencia, axudan no que poden e forman parte activa da familia amarela. Ariadna Gil forma parte actualmente da Sociedade Gimnastica de Pontevedra e Juan Piñeiro do Club A. Santiago. Mellor espello non podiamos amosar do que é a nosa idea dun atleta, persoa, estudante, xoven…



    As fotos dos equipos nos deixaron coa presenza de caras novas e outras máis familiares, si ben, destacar a presenza de varios atletas procedentes do continente africano. O grupo de Ramilo foi acollendo durante estes últimos meses a xovenes de diferentes paises africanos, as suas metas, inquedanzas son compartidas coa familia amarela, benvidos a uhna nova realidade que agardamos mellore e axude nun futuro cercano.



    Eloxios e palabras de agradecemento recibimos por parte das Autoridades, agradecidos estamos e a Presidenta así o plasmou facendo a pertinente petición de arranxo das pistas, precisamos pasar das palabras aos feitos.

     O coloquio  tamén versou de agradecementos dos invitados a unha infancia atletica que tanto lles aportou. Esa enerxia de futuro que nos move faise realidade nestes ilustres invitados que fan acopio de medallas, experiencias, estudios, disciplina, superación…De  parte da directiva do Club de Atletismo Vila de Cangas agradecer aos invitados, asistentes e socios a confianza neste proxecto. Vemonos nas pistas.



 

Deja una respuesta