O noso segundo fogar durante este inicio de tempada deu acollida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 20. Na sección masculina contamos coa presenza de Juan Gallego que rematou 12º na final dos 60 m.l. e acadou unha MMP ao seu currículo rematando 7º na final de 200 m.l.
Marco Xoán Míguez rematou 8º na proba de 400 m.l. Sara Marcosquedou na quenda das semifinais dos 60 m.l. e sumou o posto 16º no global dos 200 m.l.
Lucia Gilfoi 5ª no triplo salto, 8ª no concurso de lonxitude e non progresou nas semifinais dos 60 m.l. Leire Fonseca centrou a sua participación en progresar nas quendas dos 200 m.l. chegando a final e acadando a medalla de Bronce ademáis dunha MMP de 25.43s.