Archivo de la etiqueta: Xogade
TERCEIRA XORNADA DO XOGADE EN PISTA
Esta vindeira fin de semana terá lugar a III Xornada do Xogade en Pista ao Aire Libre. As pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o sábado 22 de abril a xornada para a categoría INFANTIL.
RESULTADOS
O domingo 23 de abril, nas pistas de Balaidos, vaise disputar a xornada para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. Neste caso vaise contar co servizo dun autobús do transporte escolar. A saída do mesmo será da Estación de Cangas as 08:45 hrs.
RESULTADOS
CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS
San Miguel de Oia, 12/02/2017
A localidade viguesa de San Miguel de Oia acolleu o domingo 12 o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS. Moita participación nun Campionato no que se amosaron os ingredientes do Cross, choiva, lama, frio…
As cadetes mulleres comezaron o Campionato acadando un 6º posto (71 ptos.), con Sabela López 24ª, Sandra Souto 27ª, Valería Rodriguez 30ª e Alba Pardavila 39ª. Os homes tamén foron sextos por equipos, sumando 44 ptos., aportados por Lope Quinteiro 6º, Aaron Domínguez 27º, Anxo Camaño 31º, Gabriel Dacosta 44º e Manuel Otero 54º. Rematou a participación dos equipos cadetes nesta competición do programa XOGADE, de maneira individual obtivo o pase Lope Quinteiro para o Campionato Galego.
Na categoría infantil participabamos con sendos equipos tanto en mulleres coma en homes. O equipo feminino VILA A composto por Sara Mallo 6ª, Nuria Argibay 34ª e Abril Entenza 48ª, non puido sumar o non computar catro atletas. No equipo VILA B, sumaron un 8º posto (152 ptos.) con Anais Santamarina 35ª, Blanca Piñeiro 50ª, Carmen Castro 52ª, Ana Cerqueira 72ª i Erea Bastón 75ª. Do mesmo xeito rematan os equipos a participación no XOGADE, coa salvedade do pase individual de Sara Mallo. Compre reseñar que a partir desta categoría deixaron de premiar aos equipos, alegando problemas cos dorsaís.
O equipo masculino VILA A, rematou 4º (72 ptos.) acadados por Joel Curro 13º, Jacobo Díaz 15º, Ivan Iglesias 21º, Aaron Otero 39º, Adan Dacosta 50º e Daniel Quinteiro 54º. Os seus compañeiros do VILA B, acadaron o posto 13º, con Miguel Núñez 63º, Anton Núñez 68º, Javier Santos 76º, Rubén Medraño 77º, Mario Santos 78º e Jairo Parcero 79º.
Na categoría alevín, o equipo femenino composto por Agata Rodríguez 2ª, Lucia Gil 12ª, Carmen Fraga 13ª, Sara Nerga 20ª, Cristina Taboada 22ª e Uxia Sánchez 25ª, acadaron 22 ptos, proclamándose CAMPIOAS PROVINCIAIS. Os homes tamén acadaron a clasificación para o Cto. Galego, obtendo o Subcampionato Provincial, con 58 ptos, nun apretado empate cos primeiros. Raul Rial foi 4º, Yago Juncal 17º, Sergio Valladares 23º, Manuel Lemos 48º, Rubén Lemos 60º e Carlos Corredoira 93º.
Pechaban o Provincial as carreiras da categoría benxamín. O equipo feminino conseguiu a victoria, sumando 27 ptos. Leire Fonseca foi 6ª, Leire Brun 7ª, Candela Castro 9ª, Alba Del Valle 17ª e Sabela Domínguez 37ª. Na proba masculina Hugo Domínguez rematou no posto 51º.
RESULTADOS
CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN-COMBINADAS INFANTIL
Vigo, 14 de maio de 2016
As pistas de Balaidos foron sede do CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN . A cita viña acompañada das Probas de Relevos por equipos ademáis do Tetrathlon Infantil. O único factor que desluciu o evento foi a choiva. Na categoría masculina os alevíns acadaron 6 metais, 2 ouros, 2 pratas e 2 bronces. A sección feminina obtivo tres podios, 2 ouros e 1 bronce.

No tocante as probas combinadas para a categoría infantil, o tetrathlon incluía os 80 m.l e valados, peso e lonxitude. Nos homes Jacobo Díaz foi 7º, Gabriel Dacosta 8º, Anxo Camaño 9º e Pedro Verdeal 13º.
![]()
As mulleres participantes foron, Ainoa Santos 5ª, Maria Rial 6ª, Colomba Carballal 9ª, Sabela López 11ª e Alba Pardavila 17ª.


![]()


- ALEVIN HOMES:
- DANIEL QUINTEIRO, 1º relevos e 2º 60 m.l.
- DIEGO MARTINEZ, 1º relevos e 9º 60 m.l.
- CARLOS CORREDOIRA, 8º 500 m.l.
- CARLOS LOPEZ, 1º relevos e 3º 1000 m.l.
- YAGO JUNCAL, 8º 1000 m.l. e 13º lonxitude.
- JOEL CURRO, 2º 2000 m.l.
- ANTON NUÑEZ, 5º lonxitude
- ELOY DOMINGUEZ, 3º xavelina e 4º peso
- MANUEL ROCA, 4º xavelina e 8º peso
- GUILLERMO ALONSO, 13º peso
- DENIS FERNANDEZ, 1º marcha e 1º relevos

ALEVIN MULLERES:
- BLANCA PIÑEIRO, 8ª lonxitude e 12ª 60 m.l.
- NURIA ARGIBAY, 4ª peso e 9ª 500 m.l.
- CARMEN CASTRO, 8ª peso e 13ª 500 m.l.
- ANDREA SOTELO, 1ª relevos e 7ª 1000 m.l.
- SAIOA IGLESIAS, 9ª altura e 11ª xavelina
- PAULA NERGA, 11ª altura e 13ª xavelina
- CARMEN FRAGA, 1ª relevos e 3ª lonxitude
- PAULA AMIGO, 1ª relevos e 4ª lonxitude
- AGATA RODRIGUEZ, 1ª relevos e 11ª lonxitude
- EREA BASTON, 1ª peso e 6ª xavelina
- KATIA GONZALEZ, 7ª peso e 13ª marcha
- ROCIO NOVAS, 9ª peso
- CRISTINA TABOADA, 4ª xavelina
RANKING BENXAMIN XOGADE
A categoría benxamín disputará o sábado 21 en Pontevedra o Campionato Provincial Escolar que tamén inclue o Campionato de Probas Combinadas Alevín. No primeiro deles poderán participar os atletas coas 16 mellores marcas dos inscritos, sendo soamente válidas as marcas realizadas nas fases previas. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. O relevo COMPUTA como participación. Na categoría alevín a participación é aberta. O número máximo de participantes por entidade e categoría será de 6.
INSCRITOS
RANKING BENXAMIN MULLERES
RANKING BENXAMIN HOMES
HORARIO E REGULAMENTO

RANKING ALEVIN XOGADE.
A Delegación de Vigo da FGA acheganos o RANKING ALEVIN das diferentes fases prevías do XOGADE. As 16 mellores marcas por proba poderan disputar o Campionato Provincial que se vai celebrar en Vigo o sábado 14 de maio. Xa esta publicado o LISTADO ADMITIDOS (actualizado).
RANKING ALEVIN HOMES
RANKING ALEVIN MULLERES
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL
Pontevedra, 07 de maio de 2016
Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados, despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.

O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.

Os artifices foron:
INFANTIL MULLERES.-
- Ainoa Santos 2ª disco , 1ª peso, 2ª martelo e 1ª relevos.
- Ana Piñeiro 1ª marcha e 3ª xavelina
- Anais Santamaría 8ª 500 m.l. e 12ª altura
- Sara Mallo 2ª 1000 m.l. , 5ª lonxitude e 5ª triple salto.
- Colomba Carballal 5ª 80 m.v. , 4ª altura, 4ª 150 m.l. e 1ª relevos.
- Alba Pardavila 7ª 80 m.v. , 6ª triple salto e 7ª lonxitude
- Sabela López 3ª pértega e 8ª lonxitude e 1ª relevos.
- María Rial 1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l., 3ª triplo e 1ª relevos.

INFANTIL HOMES.-
- Eduardo Parcero 1º marcha, 9º 150 m.l., 7º xavelina e 4º relevos
- Pedro Verdeal 3º 220 m.v., 5º 80 m.v., 8º lonxitude e 3º relevos
- Aarón Otero 2º 500 m.l. , 2º martelo, 3º peso e 4º relevos
- Iván Iglesias 5º 500 m.l. , 11º 150 m.l. e 4º relevos
- Lope Quinteiro 1º 1000 m.l. , 1º peso e 3º relevos
- Gabriel Dacosta 1º lonxitude, 2º triple, 5º altura e 3º relevos
- Adrián Pastoriza 2º 80 m.v., 2º altura, 2º lonxitude e 4º relevos
- Jacobo Díaz 1º altura , 1º pértega, 6º xavelina e 3º relevos
- Anxo Camaño 4º xavelina, 5º 150 m.l. e 4º relevos
- Daniel Iglesias 3º triplo, 7º altura e 5º 1000 m.l.
- Martiño Núñez 8º peso e 10º xavelina

RESULTADOS
RANKING INFANTIL XOGADE
O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.
RANKING HOMES
RANKING MULLERES
IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.
LISTADO DE INSCRITOS

XORNADA ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN EN PONTEVEDRA
As pistas do CGTD de Pontevedra serán testemuña da derradeira xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín. A Delegación da FGA de Pontevedra informa que disputaranse os saltos horizontais suspendidos pola choiva en Pontevedra o pasado sabado 16 de abril. O horario será o seguinte:
10:00 h lonxitude femenino
11:30 h lonxitude masculina
13:00 h triplo conxunta
Os atletas que lle afecta esta última nova son:
Jairo Parcero (lonxitude)- Adrian Pastoriza (lonxitude) – Pedro Verdeal (lonxitude) – Gabriel Dacosta (lonxitude- triple salto) – Daniel Iglesias (lonxitude -triple salto)- Ivan Iglesias (lonxitude)
Maria Rial (triple salto) – Alba Pardavila (lonxitude- triple salto)- Lucia Armesto (lonxitude)- Sara Mallo (lonxitude)- Ines Pardavila (lonxitude) – Sabela Lopez (lonxitude)
No tocante a xornada escolar prevista estes son os datos de interese:
LISTADO DE INSCRITOS
RESULTADOS
III XORNADA EN PISTA XOGADE BENXAMIN-ALEVIN.
O domingo 24 de abril, as pistas de Balaidos albergarán a III Xornada escolar en pista ao aire libre para benxamín e alevíns. Esta data fora cambiada e fai coincidir esta proba co Cross escolar do CEIP Castrillon, o cal vai mermar a participación de amarel@s.









Debe estar conectado para enviar un comentario.