I COPA GALICIA DE CLUBS

Coruña, 12 de xaneiro de 2013
O sábado 12 de xaneiro desprazámonos ata A Coruña para disputar a I Copa de Galicia de Club. Este é o primeiro ano que se fai un campionato galego por equipos en pista cuberta.
A competición era dura, pois algúns dos nosos adversarios eran clubs que compiten na liga de honor e na primeira división. Pese a todo os resultados para o noso equipo non foron malos: quedamos cuartos na modalidade feminina. Na modalidade masculina non presentamos equipo. As mozas do Ria Ferrol foron as que se proclamaron campionas, seguidas das do Celta e das do Lucus.
As probas transcorreron puntualmente, salvo na proba dos 800 m.l., que debido a que circularon dous horarios quen non se correspondían. Estaban a punto de dar a saída desta proba cando nos damos conta que a nosa atleta, Marina, non estaba na liña de saída. A sorte estivo da nosa parte cando lle fallou o disparo o xuíz e nos deu tempo para protestar por adiantar o horario (conforme o documento que nós tiñamos, que tamén era o que estaba exposto ó público). Avisada Marina, que estaba quentando fóra, incorporouse a proba sen, como ela mesma dixo, lle dera tempo a pórse nerviosa.
Os relevos non se tiveron en conta para as mulleres. Esta proba consiste en que a primeira das relevistas da catro voltas á pista, a segunda tres, a terceira dúas e a última unha. Pois ben, os xuíces debían estar un pouco despistados, porque a primeira atleta lle fixeron dar cinco voltas, dando este feito lugar a numeras protestas por parte do público. Os xuíces decidiron non ter en conta os relevos.

Sara Villar Millán: 5ª en 50 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4ª en 200 m.l.
Aida Amoedo Portabales: 4ª en 400 m.l.
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 6ª en 1.500 m.l.
Belén Lemat Cabral: 6ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 4ª en 50 m.v.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 4ª en pértega
María Jesús Novo Pardavila: 6ª en lonxitude
Noelia Graña Casas: 6ª en triplo
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso

Deja una respuesta