RANKING INFANTIL XOGADE

     O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.


RANKING HOMES

RANKING MULLERES


     IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.

LISTADO DE INSCRITOS


560bd40714-img_9331


XORNADA ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN EN PONTEVEDRA

     As pistas do CGTD de Pontevedra serán testemuña da derradeira xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín.  A Delegación da FGA de Pontevedra informa  que  disputaranse os saltos horizontais suspendidos pola choiva en Pontevedra o pasado sabado 16 de abril. O horario será o seguinte:


10:00 h lonxitude femenino
11:30 h lonxitude masculina
13:00 h triplo conxunta


Os atletas que lle afecta esta última nova son:

Jairo Parcero (lonxitude)-  Adrian Pastoriza (lonxitude) – Pedro Verdeal (lonxitude) – Gabriel Dacosta (lonxitude- triple salto) –  Daniel Iglesias (lonxitude -triple salto)-  Ivan Iglesias (lonxitude)  

Maria Rial (triple salto) – Alba Pardavila (lonxitude- triple salto)-  Lucia Armesto (lonxitude)-   Sara Mallo (lonxitude)-  Ines Pardavila (lonxitude) –  Sabela Lopez (lonxitude)  


     No tocante a xornada escolar prevista estes son os datos de interese:


LISTADO DE INSCRITOS


Horario1-page-002


RESULTADOS


13118004_836024419843038_1506786346_n


IV XORNADA XOGADE EN PISTA INFANTIL.

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos en Vigo acolleran dúas xornadas escolares de atletismo en pista ao aire libre. A primeira,  o sábado 23, corresponde a categoría infantil. Será a derradeira fase para esta categoría e tamén para clasificarse para o Campionato Provincial do vindeiro 07 de maio

     A xornada do sábado conta co seguinte:


LISTADO DE INSCRITOS


RESULTADOS


hv230416-page-001


ANULACION XORNADA XOGADE EN VIGO.

     A xornada prevista para este vindeiro sábado 9 de abril nas pistas de Balaidos queda ANULADA. Esta previsto que se celebre o domingo 24 de abril no mesmo lugar. As categorías implicadas eran Benxamín e Alevín.  As causas alegadas para o cambio son a conveniencia da data para varios Centros Escolares.


CALENDARIOxogade


II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN EN VIGO.

     As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE.  A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m.  NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.


LISTADO INSCRITOS


hv020416-page-001


I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002