CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS

San Miguel de Oia, 12/02/2017

 

     A localidade viguesa de San Miguel de Oia acolleu  o domingo 12 o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS. Moita participación nun Campionato no que se amosaron os ingredientes do Cross, choiva, lama, frio…



     As cadetes mulleres comezaron o Campionato acadando un 6º posto (71 ptos.), con Sabela López 24ª, Sandra Souto 27ª, Valería Rodriguez 30ª e Alba Pardavila 39ª. Os homes tamén foron sextos por equipos, sumando 44 ptos., aportados por Lope Quinteiro 6º, Aaron Domínguez 27º, Anxo Camaño 31º, Gabriel Dacosta 44º e Manuel Otero 54º. Rematou a participación dos equipos cadetes nesta competición do programa XOGADE, de maneira individual obtivo o pase Lope Quinteiro para o Campionato Galego.

     Na categoría infantil participabamos con sendos equipos tanto en mulleres coma en homes. O equipo feminino VILA A composto por Sara Mallo 6ª, Nuria Argibay 34ª e Abril Entenza 48ª, non puido sumar o non computar catro atletas. No equipo VILA B, sumaron un 8º posto (152 ptos.) con Anais Santamarina 35ª, Blanca Piñeiro 50ª, Carmen Castro 52ª, Ana Cerqueira 72ª i Erea Bastón 75ª. Do mesmo xeito rematan os equipos a participación no XOGADE, coa salvedade do pase individual de Sara Mallo. Compre reseñar que a partir desta categoría deixaron de premiar aos equipos, alegando problemas cos dorsaís.

     O equipo masculino VILA A, rematou (72 ptos.) acadados por Joel Curro 13º, Jacobo Díaz 15º, Ivan Iglesias 21º, Aaron Otero 39º, Adan Dacosta 50º e Daniel Quinteiro 54º. Os seus compañeiros do VILA B, acadaron o posto 13º, con Miguel Núñez 63º, Anton Núñez 68º, Javier Santos 76º, Rubén Medraño 77º, Mario Santos 78º e Jairo Parcero 79º.

     Na categoría alevín, o equipo femenino composto por Agata Rodríguez 2ª, Lucia Gil 12ª, Carmen Fraga 13ª, Sara Nerga 20ª, Cristina Taboada 22ª e Uxia Sánchez 25ª, acadaron 22 ptos, proclamándose CAMPIOAS PROVINCIAIS.   Os homes tamén acadaron a clasificación para o Cto. Galego, obtendo o Subcampionato Provincial, con 58 ptos, nun apretado empate cos primeiros. Raul Rial foi 4º, Yago Juncal 17º, Sergio Valladares 23º, Manuel Lemos 48º, Rubén Lemos 60º e Carlos Corredoira 93º.

     Pechaban o Provincial as carreiras da categoría benxamín. O equipo feminino conseguiu a victoria, sumando 27 ptos. Leire Fonseca foi 6ª, Leire Brun 7ª, Candela Castro 9ª, Alba Del Valle 17ª e Sabela Domínguez 37ª. Na proba masculina Hugo Domínguez rematou no posto 51º.


RESULTADOS


Deja una respuesta