Pontevedra, 07 de maio de 2016
Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados, despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.
O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.
Os artifices foron:
INFANTIL MULLERES.-
- Ainoa Santos 2ª disco , 1ª peso, 2ª martelo e 1ª relevos.
- Ana Piñeiro 1ª marcha e 3ª xavelina
- Anais Santamaría 8ª 500 m.l. e 12ª altura
- Sara Mallo 2ª 1000 m.l. , 5ª lonxitude e 5ª triple salto.
- Colomba Carballal 5ª 80 m.v. , 4ª altura, 4ª 150 m.l. e 1ª relevos.
- Alba Pardavila 7ª 80 m.v. , 6ª triple salto e 7ª lonxitude
- Sabela López 3ª pértega e 8ª lonxitude e 1ª relevos.
- María Rial 1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l., 3ª triplo e 1ª relevos.
INFANTIL HOMES.-
- Eduardo Parcero 1º marcha, 9º 150 m.l., 7º xavelina e 4º relevos
- Pedro Verdeal 3º 220 m.v., 5º 80 m.v., 8º lonxitude e 3º relevos
- Aarón Otero 2º 500 m.l. , 2º martelo, 3º peso e 4º relevos
- Iván Iglesias 5º 500 m.l. , 11º 150 m.l. e 4º relevos
- Lope Quinteiro 1º 1000 m.l. , 1º peso e 3º relevos
- Gabriel Dacosta 1º lonxitude, 2º triple, 5º altura e 3º relevos
- Adrián Pastoriza 2º 80 m.v., 2º altura, 2º lonxitude e 4º relevos
- Jacobo Díaz 1º altura , 1º pértega, 6º xavelina e 3º relevos
- Anxo Camaño 4º xavelina, 5º 150 m.l. e 4º relevos
- Daniel Iglesias 3º triplo, 7º altura e 5º 1000 m.l.
- Martiño Núñez 8º peso e 10º xavelina