XXVI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 21 de novembro de 2021

 

     Domingo de outono, que nalguns intres da maña se tornou en primaveiral. Voltaba o atletismo as pistas de Verin coa XXVI XORNADA DE ATLETISMO BASE. Era preciso que as categorías menores tiveran contacto, máis ala dos adestramentos, coa pista. As gradas tamén tiñan morriña de afección. Con este coctel de nostalxia desenvolveuse unha xornada especial, con moitas caras novas e sobre todo con  gañas de amosar a sua sana competividade.



    Na categoria MINIBENXAMIN feminina tiñan cabida mulleres nacidas no 2014-2015-2016 e anteriores. As probas que disputaron foron salto de lonxitude, 50 m.l., lanzamento de pelota e 300 m.l.     Despois da suma das tres mellores probas foi Campioa Deva Pallas, 2ª Sofía Corrales, 3ª Lucia Cancelas, 4ª Mar Fazanes e 5ª Emma Salgado.



  Na categoria MINIBENXAMIN masculina concentrouse a maior cantidade de participantes, que pese a sua curta idade deron exemplo de comportamento dentro e fora da pista. A clasificación estivo liderada por Adrián Calvar, 2º Leo Rosendo, 3º Alex Carballo, 4º Yoel Rodríguez e 5º Luca Cao.


    En BENXAMIN feminina resultou gañadora Lena Curras, 2ª Emma Collazo, 3ª Sabela Miranda, 4ª Alba Alvárez e 5ª Camila Enríquez. En homes proclamouse campión Samuel Corrales, 2º Angel Refojos, 3º Daniel Cordeiro, 4º Anxo Currás e 5º Brais Garcia.



      A categoria ALEVIN estivo composta por atletas nacidos nos anos 2010/11, foron os veterans da competición. No global das probas femininas rematou 1ª Antia Soto, 2ª Mara Rua, 3ª Ana Oliveira, 4ª Noah Pinto e 5ª Elsa Budiño. o campión masculino foi Miguel Fernández, 2º Saul Santos, 3º Breo Fernández, 4º Iker Rial e 5º Gabriel Fazanes.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

Pontevedra, 21 de novembro de 2021

     Moi boa maña de domingo se atoparon @s marchadores para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA. Polas pistas do CGTD de Pontevedra foron marchando , a primeira hora, @s máis pequen@s, a categoria SUB 10, na que Alan Malvido rematou 9º na carreira de 1000 m. Seguidamente tivemos ampla representación nas probas SUB 14, sobre un percorrido de 2000m. Diego Garcia foi 5º na carreira masculina. Na proba feminina Sabela Castelo impuso o seu trepidante ritmo e rematou 1ª, cun tempo de 9.:33.48 que supon un novo RECORD GALEGO e pasa a liderar o ranking nacional. As suas compañeiras Antia Baqueiro e Estela Raña remataron 7ª e 11ª respectivamente.



 Na categoria SUB 16 as irmans Iris e Nerea Malvido participaron nos 3000 m. acadando os postos 5º e 8º.



 

MILLA SOLIDARIA ANEDIA

Pontevedra, 13 de novembro de 2021

    Por fín, se puido acudir coma público nas probas disputadas nas pistas de atletismo. O sábado 13 de novembro tiñamos dous frentes abertos, as Series Municipais en Balaidos e a Milla Solidaria Anedia. Nesta última proba desplazouse un grupo destacado de mediofondistas das categorias SUB 10, SUB 12 ,SUB 14 e SUB 16. Tamén participou na categoria absoluta Daniel Calvar correndo un 500 m.l. en 1:10 rematando no 3º posto.



     A categoria SUB 10 brilou con luz propia e encheu o podio de amarelo. Nas mulleres Lena Curras foi 1ª, Emma Collazo 2ª e Alba Alvárez rematou  11ª. Coas marcas que as levaron ao podio pasan a liderar o ranking galego de 500 m.l. Tamen fixo a mellor marca da tempada nesa distancia Angel Refojosquen estivo acompañado no podio por Samuel Corrales, 2º. Brais Garcia foi 8º e Xabier Ferral 9º.



     Os homes foron os que tiveron presenza na carreira de 500 m.l. da categoría SUB 12, onde Miguel Fernández foi 3º, Marcos Rial 5º e Gabriel Fazanes 7º. Na categoría SUB 14 a distancia aumentaba ata os 1000 m.l. As mulleres estiveron lideradas por Sabela Castelo 1ª, Leire Fernández 7ª, Estela Raña 8ª e Ana Cordeiro 9ª. Os homes acapararon o podio coa victoria de Hugo Domínguez, seguido por Hugo Collazo e Diego Garcia 7º.



    Pechouse a participación amarela cun 2º posto de Nerea Malvido e un 3º de Raul Rial nos 1000 m.l. da categoria SUB 16. Xa pode estar contento Calvar.


CAMPIONATO DE ESPAÑA CLUBES SUB 16

Camargo, 23 de outubro de 2021

 

     As vixentes Campioas Galegas  disputaron en Camargo (Cantabria) a final B1 do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE CLUBES. A cita contaba cun total de sete equipos, ademáis do anfitrión, Camargo Ria del Carmen, os galegos Atletica Silva e Agrupación Viguesa de Atletismo, o búrgales Image FDR, o navarro Grupompleo Pamplona At. e o vasco Bidezabal Durango At.  Os horarios das probas, previstos para o sábado 23 de outubro, nos facian viaxar na tarde do venres 22 hacia Cantabria. Ao chegar, coa noite xa encima, pouco tempo para cear e tratar de dar un paseo, acortado pola choiva. Na reunión técnica desa noite trataronse os cambios en certas probas para sortear as lesions, e de paso, fortalecer o equipo.



     Chegado o sábado 23 de outubro, despois dun sustancioso almorzo, o equipo máis adestradores foron paseando dende o Hotel ata as Pistas da Maruca. Un explendido día solleiro nos recibiu nas instalacións do Club cantabro.  A actividade, unha vez nas pistas, foi «in crescendo» ata estar metid@s de cheo na competición. 

     Marta Rua daba comezo a participación amarela no lanzamento de martelo, aportou un 5º posto cun mellor lanzamento de 20,84. No salto de pértega estaba Ariadna Becerra que rematou 4º con 1,80 m. Antia Giráldez saltou 1,15 m. no concurso de altura e obtivo o 7º posto. Alternaban os concursos coas carreiras, neste caso salientar o 5º posto acadado por Naia Casas, nos 300 m.l. e Noa Piñeiro, nos 300 m.v. Marta Camaño foi 3ª na proba raiña da velocidade, os 100 m.l.



     No foso dos saltos asistimos a mellora de Carmen Fraga na lonxitude, cunha marca de 4,63 m. que lle suspuso o 2º posto. Na proba de triple salto, Lucia Gil, multiplicou a sua marca ata 9,97 m. acadando o 3º posto. Na carreira de 600 m.l. Uxia Sánchez entrou 2ª na meta. As carreiras de fondo aportaron sendos 4º postos, protagonizados por Cristina Taboada, nos 1000 m.l. e Nerea Malvido, nos 3000 m.l. Nos 1500 obstáculos Sara Nerga finalizou 5ª.



     Os concursos de lanzamentos consolidaron a posición do equipo, sendo Gema Dacosta 1ª en disco, Maialen Fernández 1ª en xavelina e Claudia Carcer 2ª en peso. A marcha atlética estivo representada por Iris Malvido, quen obtivo o 3º posto na proba. Boa parte da competición o equipo asentouse na cuarta plaza, coa esperanza de mellorar algún lugar nos achegamos as probas dos relevos. Coma un raio foi o relevo de 4X100 (MARTA C.-LUCIA G. -GEMA D.- CARMEN F.) que acadou o 2º lugar. A derradeira proba foi o relevo 4X300 (UXIA S- MAIALEN F.- MARTA R.- AGATA R.), acadando o 6º lugar, tras a caída do testigo. Finalmente un merecido e loitado cuarto posto no que hai que destacar esa enorme labor de equipo.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

Cuenca, 9 outubro de 2021.

 

     Gema Dacosta participou co combinado galego no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS. Realizou un fantastico concurso de lanzamento de peso, acadando o 2º posto, lanzando a bola ata os 12,28 m. e sumando 16 puntos para o equipo. Finalmente a selección galega feminina acadou un magnifico 5º posto entre todos os equipos SUB 16 de España.



GEMA DACOSTA VIAXA COA SELECCION

    A atleta Gema Dacosta viaxará coa selección galega ata Cuenca para participar no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas  No concurso de lanzamento de peso estaremos atentos a sua aportación ao equipo, que de seguro será moi positiva. Moita sorte para ela, e por suposto para o combinado galego.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 18 de xullo de 2021

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE no domingo que a neboa sumiu a Ria de Vigo. Alí tiñamos esa enerxia de futuro da que tanto nos gusta presumir. Este futuro presentouse con nomes e apelidos, prometendo grandes tardes de gloria.



     Diego Martínez acadaou a medalla de BRONCE no concurso de altura, abraiados nos deixou cun salto de 1,78, mellorando máis de 10 cms a sua anterior marca. Marta Camaño e Lucia Gil tiveron cabida entre as semifinalistas dos 100 m.l., duas atletas do ano 2007 que se codearon coas mellores velocistas galegas, remataron finalmente sextas na sua quenda sen progreso a final.



     Helena Bello, a máis xoven do grupo, e posiblemente do Campionato rematou 6ª na pértega,

     Ariadna Gil foi BRONCE no triplo, e mellorando a sua marca. A progresión nestas últimas competicións vai de mellora por proba. A constancia parece que tivo premio

    Lope Quinteiro 8º nos 800 m.l., liderou a final B.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lleida, 17 de xullo de 2021

     Reuniase en Lleida a xeración de cadetes que acadaron o pase para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Entre tod@s brilou a cor amarela de Gema Dacosta, combativa coma sempre e resolutiva coma nunca, pechou un concurso de lanzamento de peso de BRONCE. Acadou esta premiación nunha competición de menos a máis, rematando cun lanzamento de 13,10 metros. Esta supón a sua mellor marca, cunha mellora de preto de 90 cms. Ademáis arrebatoulle o record do Club a Raquel Villa, que xa posuia outra marcaza (13,04). Parabens polo traballo ben feito, que de cando en vez, trae recompensa.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Monzón, 04 de xullo de 2021

     A localidade oscense de Monzón acolleu durante a primeira fin de semana de xullo o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Temperaturas de máis de trinta grados e ambiente seco foi o contexto da competición. As instalacións que daban cabida as probas tiñan un tartan renovado e xa albergaron o  Campionato europeo de probas combinadas do ano 2017. Tamén se agradecía as zonas de sombra para o quecemento e  resguardarse do sol. En xeral, unhas instalacións acordes a entidade da competición e @s atletas participantes. Ariadna Gil competía as 18:15 horas do domingo 04 de xullo, tivo que aguantar temperaturas de 34 grados, pero realizou o mellor concurso de triple da sua carreira. Acadou un salto de 11,84 m. que lle supuso rematar no sétimo posto da final. Parabens polos logros presentes e sorte nos futuros.