Este ano o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 14 celebrouse en La Nucia (Alicante), as magnificas instalaciones que alí se ubican albergaron @s atletas máis versátiles da categoría INFANTIL. Entre elas unha amarela, Noa Pedrido, que disputaba o Triatlon D, conformado por 80 m., lanzamento de peso e disco. Solventou as tres probas cun crono de 11.86 s. nos 80 m.l., lanzando o peso ata os 8.08 m. e o disco ata os 23.29 m. A puntuación acadada, 1202 puntos, situona finalmente na posición 12ª. Noraboa pola excelente competición e agardamos disfrutaras da experiencia.