PRESENTACION TEMPADA 2023

Cangas, 11 de febreiro de 2023

     Foi todo un reto topar unha data para facer a PRESENTACION DA TEMPADA 2023.  Voltabamos, por sorte, as vellas costumes de invitar e facer as presentacións no Salon de Plenos do Concello de Cangas. O segundo sábado do mes de febreiro era o día previsto, finalmente foi así. A partir das 17 horas o amarelo foi predominando polos arredores do Concello, había gañas de retomar os protocolos pre-pandemia, ademáis de facer un día fabuloso para xuntarse.



    Sobre as 17:30 deu comezo un acto que contou coa presenza do Deputado Provincial de Deportes, Delegado de Deportes da Xunta, Concelleiro de Deportes do Concello e representantes políticos dos diferentes partidos no Concello de Cangas. Pola parte atlética contamos coa compañía de Raquel Villa, atleta amarela polos catro costados. Non podiamos ter elexido mellor a unha deportista que narrase en primeira persoa o que representa a familia do Vila de Cangas.



     Chegado o momento sacamos as tradicionais fotos, primeiro de toda a famlia no exterior do Concello e seguidamente as instantáneas dos equipos por categorias, xa no Salón de Plenos e cos aplausos arroupando. Todas e cada unha das presentacions teñen algo que as fai especiais, esta será recordada pola volta a socializar, polos bos momentos que se poden ter ao redor dunha comida.

      Os pinchos deron remate ao acto, había que coller forzas para o domingo, o parque de Castrelos agardaba aos atletas no Campionato Provincial Xogade de Cross.



Deja una respuesta