CAMPIONATO DE ESPAÑA CLUBES SUB 16

Camargo, 23 de outubro de 2021

 

     As vixentes Campioas Galegas  disputaron en Camargo (Cantabria) a final B1 do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE CLUBES. A cita contaba cun total de sete equipos, ademáis do anfitrión, Camargo Ria del Carmen, os galegos Atletica Silva e Agrupación Viguesa de Atletismo, o búrgales Image FDR, o navarro Grupompleo Pamplona At. e o vasco Bidezabal Durango At.  Os horarios das probas, previstos para o sábado 23 de outubro, nos facian viaxar na tarde do venres 22 hacia Cantabria. Ao chegar, coa noite xa encima, pouco tempo para cear e tratar de dar un paseo, acortado pola choiva. Na reunión técnica desa noite trataronse os cambios en certas probas para sortear as lesions, e de paso, fortalecer o equipo.



     Chegado o sábado 23 de outubro, despois dun sustancioso almorzo, o equipo máis adestradores foron paseando dende o Hotel ata as Pistas da Maruca. Un explendido día solleiro nos recibiu nas instalacións do Club cantabro.  A actividade, unha vez nas pistas, foi «in crescendo» ata estar metid@s de cheo na competición. 

     Marta Rua daba comezo a participación amarela no lanzamento de martelo, aportou un 5º posto cun mellor lanzamento de 20,84. No salto de pértega estaba Ariadna Becerra que rematou 4º con 1,80 m. Antia Giráldez saltou 1,15 m. no concurso de altura e obtivo o 7º posto. Alternaban os concursos coas carreiras, neste caso salientar o 5º posto acadado por Naia Casas, nos 300 m.l. e Noa Piñeiro, nos 300 m.v. Marta Camaño foi 3ª na proba raiña da velocidade, os 100 m.l.



     No foso dos saltos asistimos a mellora de Carmen Fraga na lonxitude, cunha marca de 4,63 m. que lle suspuso o 2º posto. Na proba de triple salto, Lucia Gil, multiplicou a sua marca ata 9,97 m. acadando o 3º posto. Na carreira de 600 m.l. Uxia Sánchez entrou 2ª na meta. As carreiras de fondo aportaron sendos 4º postos, protagonizados por Cristina Taboada, nos 1000 m.l. e Nerea Malvido, nos 3000 m.l. Nos 1500 obstáculos Sara Nerga finalizou 5ª.



     Os concursos de lanzamentos consolidaron a posición do equipo, sendo Gema Dacosta 1ª en disco, Maialen Fernández 1ª en xavelina e Claudia Carcer 2ª en peso. A marcha atlética estivo representada por Iris Malvido, quen obtivo o 3º posto na proba. Boa parte da competición o equipo asentouse na cuarta plaza, coa esperanza de mellorar algún lugar nos achegamos as probas dos relevos. Coma un raio foi o relevo de 4X100 (MARTA C.-LUCIA G. -GEMA D.- CARMEN F.) que acadou o 2º lugar. A derradeira proba foi o relevo 4X300 (UXIA S- MAIALEN F.- MARTA R.- AGATA R.), acadando o 6º lugar, tras a caída do testigo. Finalmente un merecido e loitado cuarto posto no que hai que destacar esa enorme labor de equipo.



 

Deja una respuesta