Este vindeiro sábado 11 de abril retomase o programa Xogade de Pista ao aire libre. Será nas pistas de Balaidos en Vigo onde se desputara a 3ª xornada para a categoría infantil.
INSCRITOS HOMES INSCRITAS MULLERES
"Enerxia de Futuro"
Este vindeiro sábado 11 de abril retomase o programa Xogade de Pista ao aire libre. Será nas pistas de Balaidos en Vigo onde se desputara a 3ª xornada para a categoría infantil.
Renteria, 22 de marzo de 2015.
Día moi desapracible que tiveron os atletas do Vila de Cangas que viaxaron a localidade guipuzcoana de Renteria. No TROFEO MEMORIAL MIKEL ODRIOZOLA, participaron o alevin Denis Fernández que acadou o 1° posto nun percorrido de 2 kms. e as infantís Ana Piñeiro e Valeria Fernández que remataron 4ª e 6ª no circuito de 3kms.
Xa no CRITERIUM DE MARCHA RFEA estivo Esmeralda Corredoira participando nos 10 kms. Rematou 5ª cun tempo de 57.07.
Vilagarcia 21 de marzo de 2015.
A maña do sábado recibiunos en Vilagarcia de Arousa cun vento do norte moi forte. Ata que quentou un pouco o sol, alí movianse todos, na pista e nas gradas. Para esta segunda xornada participaron un total de 40 nenos/as do noso Club. Tras o remate desta proba atopamonos no ecuador do programa xogade de pista ao aire libre. Achegase un periodo de vacacións escolares e xa no mes de abril retomaremos as derradeiras fases. As vindeiras son o 11 de abril (infantil) en Balaidos-Vigo e o 18 de abril (benxamín-alevín) en Fontecarmoa-Vilagarcia.

Sabadell, 22 de marzo de 2015
Moi boa actuación no concurso de triple salto para Saray Amoedo. No derradeiro salto consolidou unha participación notable. Estamos falando dun mellor salto de 11.42, a medalla de bronce estivo nos 11.43. Saray Amoedo foi cuarta no Campionato de España e quedou a 4 cms. do record galego que posue Ana Peleteiro con 11.46. Partía para a competición cunha marca de 10.97 e volta coa mellora de medio metro. Enorme Campionato e moitos parabens de todos os que te seguimos.
Este vindeiro domingo 22 de marzo de 2015 celebrarase en Renteria o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KM. MARCHA ABSOLUTO E PROMESA. Paralelo o citado Campionato vaise disputar un Criterium de Marcha Atlética. Nesta proba imos ter representación de catro atletas do Vila de Cangas. Na categoría Alevín másculino Denis Fernández competira nos 2 kilómetros. En Infantil feminimo Ana Piñeiro e Valería Fernández faran o percorrido de 3 kilómetros. Esmeralda Corredoira completará o circuito de 10 kilómetros reservado para a categoría Junior. Moita sorte para todos eles e seguro que van amosar as suas dotes entre o mellorciño da Marcha Atlética nacional.
A vixente Campiona Galega de triple salto en Pista Cuberta, Saray Amoedo, participará esta fin de semana no CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA. A final do triplo feminino esta prevista para o domingo 22 as 12:30 horas. Confiamos na solvencia de Saray Amoedo, quen xa participou o ano pasado no Campionato Nacional. Sorte na viaxe e disfruta da competición.
Este vindeiro sábado 21 de marzo en Vilagarcia disputarase a II Fase de atletismo en pista ao aire libre do programa Xogade. Achegamos o horario da citada proba máis un enlace no que podedes consultar as probas as que foron inscritos @s nen@s.
Vigo 14 de marzo de 2015.
Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.
Nos 80 m.l. Daniel Iglesias foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias acadou o posto 12º na mesma proba con 1:48.19. Martiño Nuñez aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza e Gabriel Dacosta participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.
O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez saltou 3.63 e Daniel Iglesias 2.67.
Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza e Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.
Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.
Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.
Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.
Debe estar conectado para enviar un comentario.