CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Antequera, 4 de febreiro de 2023

 

     Por terras malagueñas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA. Competiu Ariadna Gil no concurso de triple salto, disputou unha final na que foi de menos a máis coa magoa dun último salto nulo. Finalmente foi 9ª cun segundo salto de 11,74, quedou as portas da mellora pero nos quedamos coas boas sensacións na competición que fan previsible unha tempada exitosa.



CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 22 de marzo de 2015

 

Moi boa actuación no concurso de triple salto para Saray Amoedo. No derradeiro salto consolidou unha participación notable. Estamos falando dun mellor salto de 11.42, a medalla de bronce estivo nos 11.43. Saray Amoedo foi cuarta no Campionato de España e quedou a 4 cms. do record galego que posue Ana Peleteiro con 11.46. Partía para a competición cunha marca de 10.97 e volta coa mellora de medio metro. Enorme Campionato e moitos parabens de todos os que te seguimos.

IMG-20150322-WA0001