I XORNADA XOGADE INFANTIL VIGO

     Este sábado 26 comeza nas Pistas de Balaidos a I XORNADA DO XOGADE EN PISTA para a categoría INFANTIL, sairá o autobús do transporte escolar as 08:45 horas da Estación de Cangas. No caso facer a viaxe por conta propia será preciso chegar cunha hora de antelación as probas. Respecto do uso das máscaras para as probas desta fin de semana, tanto en Vigo o sábado coma en Pontevedra o domingo. @s atletas, no momento de retirar a máscara para iniciar as probas de carreiras, non a tirarán ao lixo, de xeito que ao rematar a carreira poida reutilizar as súas máscaras. Podedes consultar o HORARIO das probas no enlace dos RESULTADOS EN DIRECTO.


INFANTIL FEMININO

  • ANA CORDEIRO, 80 m.l., 500 m.l. e relevo 4X80 m.
  • ZOE FERNANDEZ, 80 m.l., 150 m.l. e lonxitude
  • ERICA NOVAS, 80 m.l. lonxitude e relevo 4X80 m.
  • ALEJANDRA RIOS, 80 m.l., 150 m.l. e disco
  • ANTIA SOTO, triple salto, 80 m.l. e relevo 4X80 m.
  • SORAYA GONZALEZ, 80 m.l., 150 m.l. e disco
  • AISHA ALVAREZ, 80 m.l., 150 m.l. e peso
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina, lonxitude e 80 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO, 2000 m. marcha, altura e relevo 4X80 m.
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo

INFANTIL MASCULINO

  • HUGO COLLAZO, xavelina, 2000 m.l. e relevo 4X80 m.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 2000 m.l., 80 m.l. e relevo 4X80 m.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l., lonxitude e relevo 4X80 m.
  • SAUL SANTOS, 1000 m.l., altura e lonxitude
  • IKER RIAL, 80 m.l., lonxitude e peso
  • BREO FERNANDEZ, 80 m.l., lonxitude e peso
  • DARIO PEREZ, 150 m.l., 500 m.l. e lonxitude
  • UNAI FERRAL, triple salto, 80 m.l. e relevo 4X80 m.

RESULTADOS EN DIRECTO



 

PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2022

Cangas, 20 de marzo de 2022

 

     Tras dous anos de pandemia plantexámonos a volta da PRESENTACION DOS EQUIPOS para a presente tempada. Foi nun formato máis familiar e coa seguridade que nos dan os espazos abertos. O Estadio Municipal de Cangas acolleu nas suas bancadas a familia amarela, tivemos un día primaveiral para plasmar en fotografías os nosos equipos para a tempada 2022. Pouco a pouco agardamos que o formato sexa máis parecido ao que xa tiñamos desenvolto. Non houbo invitados nin Autoridades políticas, ainda está no tellado  dalgunha Institución a pelota do arranxo das Pistas.  Iso tamén nos gustaría remarcalo, as Pistas de Verín non poder cair no olvido mentras @s nos@s representantes se poñen dacordo. A día de hoxe non se poden celebrar competicions oficiais por falla de homologación, se non se actua de maneira urxente non serviran nin para adestrar.

     Para remate do acto entregouse aos asistentes a Revista numero 26 do Club co resumo da tempada 2021, agadecer aos negocios colaboradores a súa inestimable aportación para facela posible.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS SUB 16 E SUB 18

Pontevedra, 13 de marzo de 2022

 

        O domíngo celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS PARA MENORES. Tivemos representación de dous atletas en duas categorías SUB 16 e Sub 18. Competidores versátiles que amosaron que no lanzamento de disco están entre os mellores de Galicia.



     Gema Dacosta proclamouse Campioa Galega de lanzamento de disco na categoria SUB 16. Achegou o artefacto ata os 33,04 metros.



     Diego Martínez quedou Subcampión Galego no concurso de lanzamento de disco da categoría Sub 18, mandou o disco de 1,5 kg ata os 31,31 metros.


CAMPIONATO GALEGO SUB 10, SUB 12 E SUB 14

Ourense, 12 de marzo de 2022

     A tempada indoor chegaba o seu momento culminante para as categorias menores coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 10, SUB 12 E SUB 14 en Expourense. As probas para benxamins e alevins ocuparon a xornada de mañá mentras que a de tarde reservouse para a categoría infantil. Cerca de trinta amarel@s acadaron marca para competir nun máximo de duas probas. Destacar o Bronce acadado por Samuel Corrales no concurso de lonxitude da categoria Sub 12, tamén foi Bronce Lena Currás no mesmo concurso feminino que completou co Subcampionato Galego dos 1000 m.l. Emma Collazo obtivo tamén un Bronce na carreira dos 500 m.l. Parabens para debutantes e non debutantes que afrontaron con valentía os nervios propios destas grandes citas.



SUB 10

  • BRAIS GARCIA, 19º  50 m.l. e  20º 500 m.l.
  • ADRIAN CALVAR,  13º salto de lonxitude
  • ALAN MALVIDO, 9º  lanzamento de peso
  • NORA PARCERO, 6ª 50 m.l. e 6ª  1000 m.l.
  • SOFIA CORRALES, 10ª  1000 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ,  6ª salto de lonxitude

SUB 12

  • SAMUEL CORRALES, 13º  500 m.l. e 3º salto de lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 19º 500 m.l. 
  • ANGEL REFOJOS, 4º 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 23º 1000 m.l.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 10º  lanzamento de peso
  • AMARO BASTON, 6º lanzamento de peso
  • EMMA COLLAZO, 10ª 60 m.l. e 3ª  500 m.l.
  • ANA OLIVEIRA, 16 ª 60 m.l. e 19ª  500 m.l.
  • LENA CURRAS, 2ª 1000 m.l. e 3ª salto de lonxitude
  • NAHIA PINTOS, 15ª 1000 m.l. e 7ª salto de lonxitude
  • SABELA MIRANDA, 5ª lanzamento de peso

     Pola tarde, con un pouco máis de calma, competían @s «maiores». Acadaron premiación Hugo Collazo, cun Bronce na proba de 2000 m.l. e Noa Quinteiro con outro terceiro posto no concurso de lanzamento de peso.



SUB 14

  • HUGO COLLAZO, 3º 2000 m.l. e 10º salto de lonxitude
  • MARCOS RIAL,12º  1000 m.l.
  • UNAI FERRAL, 9º triple salto
  • ANA CORDEIRO, 5ª  60 m.l. e 5ª 500 m.l.
  • ANTIA SOTO,10ª 60 m.v. e 8ª triple salto
  • ESTELA RAÑA,13ª  triple salto e 17ª 1000 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ,12ª  1000 m.l.
  • ERICA NOVAS, 13ª 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, 3ª lanzamento de peso

 

PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2022

     O vindeiro domingo 20 de marzo no Estadio Municipal de Atletismo está prevista a PRESENTACION DOS EQUIPOS para a tempada 2022.  Convidamos a tod@s @s atletas e soci@s para plasmar a nosa aposta polo futuro e dar un merecido empurrón a familia amarela. Coma tantos outros sectores trataremos de achegarnos a normalidade, sen deixar de lado a debida cautela, polo que este ano faremos unha presentación máis «familiar» co seguinte programa:

11:00 horas nas pistas de Atletismo de Cangas

– 11:15 Inicio de sesión de fotos por equipos e categoría.

–  Acudide coa equipación oficial do Club, por favor.

     Remataremos coa entrega da revista número 26 correspondente a tempada 2021, vemonos nas pistas…ata pronto.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 05 de marzo de 2022

     Expourense foi de novo testemuña da evolución da categoría cadete a nivel autonómico. A Pista Cuberta deu cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 16, e nós fomos participes cunha expedición de amarel@s.  Helena Bello participou no salto de pértega, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO e fixo a sua mellor marca con 2,80 m. , iso chamase unha xornada redonda, no mesmo concurso Iris Malvido rematou 7ª. Marta Camaño tamén superou a sua marca persoal nos 60 m.l., con 8,29 s. colouse na final. Acadou o 7º posto na clasificación da carreira.



      Lucia Gil concursou de maña na lonxitude e quedou a un centimetro do podio, foi 4ª con 4,61 m. Pola tarde desquitouse no Triplo e proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA, con 9,61 m. Diego Garcia correu os 3000 m.l. e rematou en 15ª posisción, nos 300 m.l. acadou o posto 20º. Nerea Malvido participou nos 3000 m.l. e cruzou a meta no posto 17º. Hugo  Domínguez foi 18º na proba dos 1000 m.l.



     Gema Dacosta venceu no concurso de lanzamento de peso e acadou a final dos 60 m.v., na que rematou 5ª. Iris Malvido foi 8ª nos 600 m.l. e a sua compañeira Naia Casas rematou 19ª.



CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE

Lourenza, 20 de febreiro de 2022

     Este pasado domingo 20 de febreiro a cita era en Lourenza (Lugo). O CAMPIONATO GALEGO DE CROSS do programa XOGADE desprazabase ata a Mariña Lucense, e nos tamén. Tres equipos e individualmente varios atletas acadaron o pase. Decidiuse marchar o día anterior, visitar a comarca da Mariña Oriental, e facer algo máis de equipo fora da carreira. E parece que deu resultado, vaia se deu.



      Na categoría alevin feminina Lena Currás entrou segunda na meta, o mesmo posto que acadaron coma equipo. Botando un ollo os puntos das subcampioas podémonos facer idea que as Campioas coparon os primeiros postos. Foi un podio «premium».

SUB 12 FEMININO.- SUBCAMPIOAS GALEGAS (24 PUNTOS)

  • LENA CURRAS, 2ª
  • EMMA COLLAZO, 9ª
  • ANA OLIVEIRA, 10ª
  • NAHIA PINTOS, 13ª
  • ALBA ALVAREZ 32ª
  • AITANA BROULLON, 50ª


   Os alevins masculinos proclamáronse CAMPIONS GALEGOS, parabens equipo e adestradores. Grande ese equipo que de seguro nos a de dar moitas tardes de gloria.

SUB 12 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • ANGEL REFOJOS, 6º
  • SAMUEL CORRALES, 18º
  • DANIEL CORDEIRO, 21º
  • GABRIEL FAZANES, 22º
  • XABIER FERRAL, 58º
  • ANXO CURRAS, 61º


   Na categoria infantil acadaron o primeiro posto e subiron o  caixon máis alto do podio. Parece que a cor amarela brillou con solvencia na Mariña.

SUB 14 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • HUGO COLLAZO, 6º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 11º
  • MARCOS RIAL, 14º
  • UNAI FERRAL, 49º
  • SAUL SANTOS, 68º
  • DARIO PEREZ, 70º


  A categoría cadete non contou con equipo pero si coa participación notable de dous integrantes.

SUB 16 MASCULINO

  • RAUL RIAL, 21º
  • HUGO DOMINGUEZ,  25º

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 19 de febreiro de 2022

     A pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23. O sabado 19, en xornada de tarde competía Ariadna Gil no concurso de triplo. Vaia ambiente que presentaban as bancadas, metían respeto e nervios. Cando saliu ao foso notabase na nosa triplista certo «respeto» polo público e polas rivais. O primeiro obxectivo era pasar a mellora, e acadouse discretamente. Quedaban na final as oito mellores, ese parece que foi o bálsamo que templou os nervios, Ariadna sacou un salto de 11,90 m. que a posicionaba no cuarto posto, e supoñia a sua mellor marca. Non foi definitivo o posto, na ultima rolda foi superada por duas finalistas, sendo relegada ao 6º posto. Xa pode estar contenta, tanto atleta coma adestrador, non é doado mellorar nunha cita con tanta presión.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de febreiro de 2022

     Estamos de cheo na tempada de pista cuberta e notase nun calendario ateigado de importantes citas. Este sábado tiña lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Os xuvenís non puideron contar coa presenza do seu adestrador Ramilo que se topaba en Salamanca no Nacional Sub 23, asumindo a tarefa Martín Souto, dun xeito que lle agradecemos públicamente. Carmen Fraga acadou o 6º posto na lonxitude e non progresou a final dos 60 m.l. despois de disputar a semifinal. Ibrahim Aga tampouco pasou da semifinal no 60 m.l. pero si mellorou a sua marca persoal. Na proba de 60 m.v. participaron Agata Rodríguez e Noa Piñeiroacadando a primeira posto na final cun tempo de 9,72 s. que supoñia MMP e a segunda non logrou pasar da semifinal. Na final Agata rematou 4ª e volveu mellorar a marca ata os 9,66s., ademáis participou na semifinal de 200 m.l. sen acadar o pase. Uxia Sánchez rematou 5ª nos 400 m.l.. Na proba de 800 m.l. participaron Carlos López 13º, Carlos Corredoria 15º e Cristina Cortegoso 12ª. Yago Juncal obtivo posto 11º no concurso de triplo. Diego Martínez quedou 6º no concurso de peso e foi CAMPION GALEGO no salto de altura.



PLAN DE VIAXE AO CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

     De cara ao CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE, que se vai disputar o vindeiro domingo 20 de febreiro, imos dispoñer dun autobus con saída as 11 horas do sábado 19. Coma xa se ten falado, dormiremos na localidade mariñana de Foz. O día da proba desprazaremonos no Bus ata o cirtuito na localidade de Lourenza. Recordamos que @s atlet@s deben levar documentación (DNI Ou Licenza), algo de comer para a viaxe e roupa para mudar, sen esquecer algo de abrigo que estamos en febreiro. De seguido detallamos @s atlet@s convocad@s:


SUB 12 FEMININO

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NAHIA PINTOS
  • ANA OLIVEIRA
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON

SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS
  • SAMUEL CORRALES
  • DANIEL CORDEIRO
  • GABRIEL FAZANES
  • XABIER FERRAL
  • ANXO CURRAS

SUB 14 FEMININO

  • ANTIA BAQUEIRO

SUB 14 MASCULINO

  • HUGO COLLAZO
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • UNAI FERRAL
  • SAUL SANTOS
  • DARIO PEREZ

SUB 16 MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ
  • RAUL RIAL

REGULAMENTO